Etiquetas

15 marzo 2009

CARMEN LEGIDO PASCUAL

Carmen Legido Pascual estudou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela e tamén aparece inscrita na facultade de Ciencias en 1917. Nacida o 19 de decembro de 1898 en Villarcayo, Burgos, e era filla de Don Ligorio, encargado de telégrafos que veu trasladado a Ourense e doña Hermina Pascual natural de Zamora. Carmen cursou estudos no Instituto Provincial ata conseguir, coa nota media de aprobado, o título de bacharelato. 

Ingresa na facultade de Farmacia aos 19 anos e obtén, despois de cursar os cinco anos por oficial, a titulación cunha cualificación notable. Acada o título de Farmacia en 1923 e recibirá os eloxios na prensa pois obtivo dous premios no último curso. 

Nuesttro colega El Noroeste, diario de la Coruña, publica en su número de ayer un admirable trabajo literario, dedicado á tributar merecido homenaje a la bella señorita orensana María del Carmen Legido Pascual, que en el presente curso se ha licenciado en la Facultad de Farmacia de Santiago.

El trabajo de que se trata, es una ponderada defensa de la mujer que, afanosa de saber, estudia, y una recompensa moral a la virtud constante y estoica de dicha señorita, muy conocida aquí, en Compostela, por su ameno trato y simpatía personal, y á quien rendimos todo respeto y la más sincera felicitación.[1]

Lamentablemente falecerá moi nova, aquí en Ourense, o 2 de setembro de 1926.

[1] El Compostelano, 17 de agosto 1923, p. 2.
Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156
Foto: Vida Gallega, xaneiro, nº 100, 1918.
Vida Gallega, nº 229, xullo 1923.