Etiquetas

02 marzo 2009

OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ

Olimpia Valencia naceu en Baltar en 1896. Foi a primeira galega que acada unha titulación universitaria pois en 1924 remata os estudos de Mediciña, é, polo tanto, a primeira licenciada galega en medicina. Os estudos de bacharelato realízaos no Instituto de Pontevedra e ingresa en Medicina en 1919, con 21 anos, licenciándose con brillantes cualificacións. Para completar a súa formación solicita o Certificado a Madrid onde se especializa en xinecoloxía. De novo regresa a Galicia, concretamente a Vigo, onde fundará a Academia Médico Cirúrxica e exercerá a súa profesión ata xubilarse.
A súa proeza non pasaría desapercibida ante a sociedade ourensá da época, e mesmo a prensa se fai eco do evento:
"La bella señorita orensana, hoy residente en Vigo, Olimpia Valencia López, primera mujer gallega que con la nota suprema acaba de obtener la licenciatura en la Facultad de Medicina, en la Universidad Compostelana, después de ter cursado toda la carrera con la extraordinaria brillantez" (La Región, 30 de junio de 1925).
Olimpia Valencia foi unha adiantada á súa época. Vivíu o espírito de rebeldía contra a Ditadura de Primo de Rivera. Ao implantarse a Segunda República, Olimpia Valencia é unha muller comprometida politicamente e asina en 1931 un chamamento de apoio aos candidatos de provinciade Pontevedra e en 1936 mostra o seu apoio asinando outro manifesto a favor do Estatuto Galego. Despois do golpe militar franquista, Olimpia foi detida en 1937 permanecendo catro días no cuartel da Garda Civil para saír de novo en liberdade. Ao comezar a traballar as súas pacientes teñen medo de asistir á súa consulta por estar Olimpia catalogada como "Roja", a pesar diso Olimpia segue adiante. Nos anos 40 consegue ingresar na Seguridade Social e 40 anos despois xubílase máis o traballo coas mulleres continúa ate os 82 anos. Morre en Vigo en xullo de 1987.
Para saber máis: Vid: Mulheres Nacionalistas Galegas, Recuperando a Nossa Historia, Vigo, Concellería de Cultura, Educación da Muller, 1998 e 1999.
Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria"(I, II), Minius, nº XI e XII, 2003, 2004.
Foto: extraída da publicación Recuperando a Nossa Historia.
Delfina Mediero e Olimpia Valencia. As dúas foron alumnas da Academia Mediero e no Instituto obtiveron brillantes resultados acadando o Título de Bacharelato. Foto: Vida Gallega, nº 136, novembro de 1919.

1 comentario:

  1. Olimpia Valencia López : (Baltar, Ourense 1898 - Vigo 1987). Oriunda de terras arraianas ainda que o seu périplo vital e profesional vaise ligar a Vigo. Entre 1919 y 1925 completa la carrrera de Medicina en la Facultad de la Universidad de Santiago Foi unha dás primeiras médicos que estudan a carreira de Medicina en Santiago (1919-1925) e que exerce en Galicia. Durante a súa estancia en Madrid para realizar o doutoramento (con el Dr. Recaséns) vive na Residencia de Estudantes, relacionándose coa "Institución Libre de Enseñanza". Dedicarase á Xinecoloxía establecendo consulta en Vigo en 1928 na céntrica Rúa do Príncipe onde exercerá ata a súa xubilación. Sufriu encarceramentos breves en 1937 e na posguerra debido á súa simpatía de esquerdas e participación en diversos actos a favor de candidatos do Partido Galeguista entre 1931-1936. Foi confundadora da Academia Médico-Cirúrxica de Vigo e da Alianza Francesa desta cidade.
    Filla única dunha familia acomodada, a súa vida representa á vez un caso singular, mais tamén significativo, da incorporación da muller ao eido académico e profesional no primeiro terzo do século XX en España, avance dramaticamente interrompido pola sublevación militar de 1936..
    A guerra e o franquismo fixeron que esta muller vivise retirada e centrada na vida familiar e no traballo. Na década de 1940 conseguiu entrar na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960. No seu haber hai que salientar tamén que foi membro fundador da Academia Médico-Quirúrgica de Vigo e da Alianza Francesa desta cidade. Olimpia Valencia seguiu a traballar con máis de oitenta anos na súa consulta particular, na liña dunha vida austera dedicada á profesión e ao estudo. Foi recoñecida sempre pola súa elegancia persoal, discreción e calidade humana. Morreu no verán do ano 1987. O Concello de Vigo deu o seu nome a unha rúa en 1998, y en 2003, el Concello (Alcalde Lois Castrillo, del BNG) rindió nuevo homenaje con la colocación de una placa conmemorativa en el edificio que albergó su primera consulta.

    ResponderEliminar