Etiquetas

08 abril 2009

SARA CASASNOVAS

Sara Casasnovas naceu en Ourense en 1984. Comezou a súa carreira participando en distintas series e curtametraxes de ámbito autonómico en Galicia, para máis tarde dar o salto a nivel nacional, onde destaca a súa participación na serie O Comisario no papel de Natalia. Actualmente traballa como actriz protagonista en Amar en tempos revoltos de TVE, interpretando o personaxe de Alicia. Formouse como actriz na Escola de Arte Dramático Casa Hamlet da Coruña e en Cuarta Parede de Madrid. Recibiu cursos de cabaret, voz, expresión corporal ou danza clásica entre outros. Os últimos papeis que fixo foron Sara en 7 episodios de sériea SMS e Alicia en Amar en tempos revoltos. Tamén protagonizou no Teatro do Noroeste en Santiago de Compostela a obra de teatro Romeo e Xulieta