Etiquetas

28 mayo 2009

LEDICIA SOLA

Actriz nacida en Ourense. Estudou Arte Dramático en Madrid e agora dedícase ao Cine, Teatro e televisión. Destacou o seu papel na película "El patio de mi cárcel". Foi Laura Gutiérrez no serial “C.L.A. No somos ángeles” de Antena 3. Participou en series como “Abogados” en Tele 5 no papel de Maica (2001), e “Ana y los siete” de TVE, como Marta (2003). Saiu en telefilmes como “El príncipe enamorado” e “Cala Real”, en series da FORTA como “En buena compañía” e en curtametraxes como “Las tetas más bonitas del mundo”. Tamén traballou en teatro, publicidade e como presentadora na gala do VI Festival de Cine Independente de Ourense.Formación específica: Titulada en Interpretación Textual outorgada pola Escola Superior de Arte Dramático de Madrid (2000). Cursos: Voz (dirixido por Marta Pinillos en 2006), Interpretación audiovisual (New York Film Academy 2007, Mariano Barroso 2006, Roberto Santiago 2003, Eva Lesmes 2001), audition technique (Norma Atallah, Arts Educational School, Londres 2006), técnica Alexander (Perpe Carja 2001), introdución ao verso (Juan M. Navas 2001), expresión do flamenco (Carmen Romero 2000), dobraxe (Carlos Tostado Toledo 1999, Mª Jesús Hoyos 1998), Produción do musical americano e método de interpretación estadounidense (Keith Nagy, Karen Gigly 1998), seminario internacional do teatro (Julián Knab 1996). Coñecementos de danza, flamenco, canto, equitación e esgrima.

17 mayo 2009

DOMNA MAYORE FERNANDI

Tenente da fortaleza de Aguiar dende 1267 a 1272. Non acudían á guerra pero ostentaba un mando militar. Vid: Nash, Mary y Tavera, Susana, Las mujeres y las guerra, Icaria.

DOMNA ELVIRA PÉREZ

Tenente de fortaleza de Aguiar entre 1258 e 1263. Os tenentes de fortalezas eran nomeados polo rei. Xa nesta época comezaban a destacar mulleres ocupabado este cargo. Estas mulleres non acudían á guerra pero exercían un mando militar. Vid: Nash, Mary y Susana Tavera (eds), Las mujeres y las guerras, Icaria.

CARMEN PÉREZ GÓMEZ-NEU

Nace en Ribadavia en 1919. Alí pasa a súa infancia e comeza a destacar e a ser admirada polos seus profesores dada a calidade dos debuxos que realiza. Trasládase a vivir a Vigo onde estuda Comercio no colexio Cluny, alternando clases de debuxo e pintura. En 1936 pasa unha tempada en Santiago de compostela onde estuda co profesor Mariano Perico Vázquez. Finalizada a guerra civil, vai a Madrid e dedícase exclusivamente á pintura; copia no Museo do Prado, dá clases con Enrique Cubells e con Eduardo Chicharro. En 1941 fai a súa primeira presentación en público na Exposición Nacional de Belas Artes. Neste mesmo ano presenta tamén, por primeira vez, en Galicia, dous cadros na Exposición Rexional de Belas Artes en Compostela. En 1943 contrae matrimonio con Joaquín Robla Díez, que foi alcalde de Ribadavia desde 1957 até 1964. Tamén neste ano fai a súa primeira exposición individual na sala Aeollán de Madrid. En 1949 empeza a interesarse polo mundo celta, e cun grupo de amigos de Ribadavia, visita castros, lugares arqueolóxicos; experiencia que máis tarde se verá plasmada en cadros sobre este tema. En 1953, expón en Madrid na Sala do Circulo Cultural Medina. En 1956 realiza as pinturas murais da Capela do Colexio Menor Calvo Sotelo de Ourense. En 1959, expón no Liceo Recreo Ourensán. En 1960-62, fai unha exposición rexional de arte no Museo Municipal de Vigo e unha exposición de "Arte Actual en Ourense", celebrada en Madrid. Desde o ano 1963 reside en Madrid onde ten o seu estudo, na Praza España, alternando a súa estancia na capital con tempadas na súa casa natal de Ribadavia.

10 mayo 2009

ROSA PONS

Naceu en Barcelona no ano 1902 pero exerceu a docencia en Ourense, Parada do Sil, onde faleceu no ano 1982. Exerceu a docencia desde 1925 até 1967. Realizou os seus estudos de maxisterio en Cataluña e desde 1925 trasladouse a Parada do Sil, onde contraeu matrimonio co secretario do concello, Camilo Yáñez, con quen tivo dous fillos, Rosa, en 1928, e Camilo, en 1930. Xunto co cura da localidade, José Manuel Soto, fundou o Teleclub Ouro do Sil, organizando actividades teatrais, xornadas de alfabetización e excursións educativas. Ademais, foi unha das primeiras profesoras que retomou as festas populares como os magostos e o Día da Árbore. A mediados dos 60 regresou a Barcelona, onde se xubilou en 1967. Un ano máis tarde volveu a Parada do Sil para colaborar estreitamente co Concello, promovendo a escola para maiores, sendo alcalde Francisco Magide, pai do actual rexedor co mesmo nome. Morreu en 1982 e os seus restos continúan no cemiterio de Parada do Sil.
O profesor da Facultade de Ciencias da Educación, Xosé Manuel Cid Fernández, que publicará proximamente un libro sobre esta docente, aclarou que unha das tácticas educativas máis novas que a profesora implantou na provincia, ademais das misións pedagóxicas na Ribeira Sacra, foi o sistema de correspondencia escolar entre nenas de Barcelona e Parada do Sil, para favorecer a aprendizaxe práctica da escritura.

07 mayo 2009

PILAR OTILIA LÓPEZ

María Pilar Otilia López García foi a primeira muller que asumiu unha alcaldía na provincia de Ourense. Accedeu ao cargo no ano 1975, catro antes das primeiras eleccións democráticas, e continúa actualmente como alcaldesa. Pilar Otilia López compaxinou o seu traballo municipal co de mestra aínda que agora xa está xubilada. Politicamente, repetiu maiorías absolutas unha e outra vez.