Etiquetas

08 septiembre 2009

MARÍA BOUZAS PÉREZ


María naceu en Allariz o 28 de maio de 1908 e estudou a carreira de Maxisterio e exerceu de mestra en varias escolas da provincia. Casou en 1926  co médico pediatra Antonio Fernández Carnicero afiliado ao Partido Comunista e que tiña a súa Clinica na Ponte fronte á Estación de Ferrocarril.

María afiliouse ao Partido Comunista e foi unha das dirixentes de ATEO (Asociación de Traballadores de Ensino de Ourense) e por tal motivo sufriu a represión da Comisión Depuradora que determinou o seu cese en agosto de 1936 xunto cos seus compañeiros do sindicato, edito asinado polo comandante militar Luís Soto.

Chegou exiliada a Veracruz (México) a bordo do vapor Orinoco o 16 de febreiro de 1939. Viaxou cos seus dous fillos Antonio e Roberto para reencontrarse co seu marido que xa estaba instalado en México desde 1937 pois escapara da persecución dos falanxistas e despois de haber estado nun campo de concentración en Francia. Durante o seu exilio María foi mestra en México e, xunto co seu home, continuou o seu activismo político. O 13 de decembro de 1971 consta que María Bouzas viaxou no voo 464  da compañía aérea de Cuba procedente da Habana a México. Tras a morte de Franco, María máis a súa familia retornaron a España.


(Fonte: La Zarpa, 7 de abril de 1936, p. 5)


(Fonte: El Pueblo Gallego, 8 de agosto de 1935, p. 15)




( Fonte: Esta documentación ten como referencia a Caixa 2510, fondo: Dirección Federal de Seguridad (D.F.S.); serie: informes diarios; expediente: único; años: 10/12/1971 al 14/12/1971. Perteneciente a informes diarios según la identificación del Archivo General de la Nación (A.G.N.)

Vid: Méndez lois, Mª José (Coord.), Mulleres na Educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p. 64; Diario de un médico de guardia, e hemeroteca. Portal de Archivos Españoles do Ministerio de Cultura e Deporte.
Foto: Movimientos Migratorios Iberoamericanos. (2024). Pares.mcu.es. https://pares.mcu.es/MovimientosMigratorios/viewer2Controller.form?nid=24391&accion=4&pila=true