Etiquetas

08 septiembre 2009

NIEVES ÁLVAREZ GONZÁLEZ

Naceu en Maceda (Ourense) o 7 de agosto de 1905 e cursou estudos de bacharelato no Instituto Provincial, actual Otero Pedrayo, ingresando no ano 1917 á idade de 12 anos. No Instituto realizaría tres cursos por oficial ata o ano 1920 obtendo unhas notables cualificacións. O 29 de setembro de 1920 solicitou unha certificación para trasladarse á Escola Normal de Mestras de Ourense. 

Afiliouse ao Partido Comunista en 1931. Durante a guerra civil traballou en Barcelona nunha gardería. Posteriormente, trasladouse á Unión Soviética e seguiu co labor docente en Pirobors Karga, na fábrica "Lijachova" en Kokand, Crimen e Dnepropetrevsk. En 1985 retornou a España.

Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)" en Revista Interuniversitaria Historia de la Educación, 26,2007, pp. 437-470; Costa Rico, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia, Xerais, 2004, p. 1050;  Méndez Lois, M. José, Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p.42; Libro de Rexistro do Centro Español de Moscova (1986) en Publicado en "Repertorio biobibliográfico do exilio galego. Unha primeira achega". I Congreso Internacional. O exilio Galego, 24 29 de setembro de 2001, 32.