Etiquetas

31 marzo 2010

CLARA SILVA


Clara Silva é filla de familia de artistas. Nos anos cincuenta, sendo estudante de Filoloxía inglesa, trasládase a Oxford para practicar o idioma. Alí realizaría a súa tesina e residiría dous anos. Casou e residiu co seu home en Inglaterra. Actualmente vive en Ourense onde rexenta unha academia de inglés.
Vid: "Historia en cuatro tiempos", La Región.
Foto: La Región

MATILDE LLÒRIA

Matilde González Palau, máis coñecida como Matilde Llòria, naceu en Almansa en 1912 e faleceu en Valencia en 2002. É filla adoptiva da cidade de Ourense. Escritora en lingua catalá, galega e castelá. Residiu en Ourense dende 1942. En 1954 foi homenaxeada pola Asociación Cultural galega "Ponga, Artes y Letras", cuxo discurso foi lido por Don Ramón Otero Pedrayo e ao acto asistiron todas as personalidades ourensás. Gaña o concurso literario convocado polo Centro Galego de Bos Aires con motivo do 50 Aniversario da morte de Curros Enríquez pola obra "Centileo". Estaba casada co médico Don Federico Lloria que exerce como médico en A Merca e logo en Ourense e foi nomeado médico do Instituto de Previsión de Ourense ata 1969. Parece ser que pertenceu á cúpula do partido Comunista á súa chegada a Ourense. A súa dona, Matilde, doou a biblioteca do seu home á Deputación Provincial. Obras en galego: "Caixiña da música" e "Dou fe" os dous libros de poesía. Nunha entrevista feita por Segundo Alvarado dicía o seguinte: "Matilde G.de Lloria, con su esposo, el que fue médico en Orense durante muchos años, don Federico Lloria Llovera, tan cariñosa y respetuosamente recordado, estaban en Orense desde el pasado viernes, día 2.Visitaron a numerosos amigos.Han estado en otros lugares de Galicia.Ahora, tras la jubilación del doctor Lloria, aprovechan los veranos para acercarse a la que fue su Galicia durante un cuarto de siglo. ¿Tanto?Tanto.Recuerda que llegamos a esta provincia, como desterrados, allá en el 42, y tras estar en La Merca y en El Cumial, nos vinimos a vivir a la ciudad, primero en un piso de Curros Enríquez, luego, ya definitivamente, al chalet de la calle Bedoya, aquel que tú dijiste en un artículo del periódico "este será, para la historia de Orense el chalet de los Lloria", como gratísimo recuerdo a nuestra estancia aquí. Efectivamente, tanto el doctor Lloria Llovera, a cuyos enfermos del Seguro de Enfermedad recibía casi totalmente en su propio domicilio para poder atenderlo mejor, como su esposa Matilde, fueron unos valencianos que acabaron afincándose por espíritu y devoción a esta tierra gallega, hasta el extremo de que Matilde Lloria aprendió la lengua gallega y en ella escribió bellos poemas. ¿Cómo encuentras Orense en este nuevo retorno?La ciudad la encuentro muy cambiada en su aspecto urbano, pero conserva su peculiar interés dentro de su modestia y muy particularmente en lo que queda más alejado y en lo más próximo a mi corazón.Por donde quiera que vaya, se me cruza un aire antiguo que la ciudad conserva, y que es realmente maravilloso.Por eso esta mañana estuve en la bella y recoleta plaza de La Magdalena. Allí se me vino a la memoria un poema que había escrito para la calle del Olvido, poema que había premiado el Ayuntamiento y que guardo con especial cariño:"Allí donde el silenciose hizo oscuro peldañoy cantay reza al airesu dormido sosiego..."No recuerdo más.Era así el comienzo de una "balada para la calle del Olvido". Para los que no conocen a Matilde Lloria -y hay que hacer referencia siempre a su esposo el doctor Lloria - podrán creer que su paso por esta ciudad, todos los veranos, como unas vacaciones o una excursión, es algo así como lo que vulgarmente se dice "recordar tiempos".Los que conocemos a estos valencianos, hijos adoptivos los dos de esta ciudad, podemos atestiguar que llegan aquí, siempre que el tiempo lo permite, como un rito, una peregrinación.Matilde para renovar su ya inagotable "saudade", Federico para retornar a los años difíciles, que fueron sus años fraternos y amicales de este Orense que no olvidan.(Segundo Alvarado, 1983)" Vid: Historia en cuatro tiempos, La Región.

27 marzo 2010

PILAR CID CASTRO

Pilar Cid Castro naceu en Acevedo del Río, Ourense, e foi mestra da escola de Santa Eufemia. Aos vintetrés anos matricúlase na Facultade de Farmacia no primeiro terzo de século XX. Vid: AHUS., Expedientes personales, cartapacio nº. 251 e AIOP., Expedientes académicos, caixa 350/3.

23 marzo 2010

OBDULIA PRIETO NESPEREIRA


Obdulia Prieto naceu en Ourense e era irmá do artista Julio Prieto Nespereira. Sendo moi nena e con tan só oito meses de preparación examinouse no Conservatorio Nacional de todas as materias de solfexo e as dúas primeiras de piano, obtendo a máxima cualificación. Rematou a carreira de Profesora Elemental, Superior e Armonía. Foi a primeira alumna muller no Real Conservatorio sufragando a Deputación Provincial os gastos desta virtuosa pianista e compositora. A prensa da época, La Región, dicía textualmente:
"No es la primera vez que escribimos en estas columnas el nombre de Obdulia Prieto Nespereira seguidos de unos cuantos adjetivos justos y merecidos. Pero siempre fue la pianista que interpretando las portentosas creaciones de Listz, o las románticas y evocadoras páginas de Chopin, las romanzas de Mendelssohn, todo gracia, sentimiento, o las sonatas eternamente bellas de Beethoven, nos asombraba con su técnica sólida, su esquisita sensibilidad con su admirada y honda comprensión interpretativa..."
Vid: La Región, 27 de febrero, 1927. Foto, idem.

20 marzo 2010

PURIFICACIÓN PARDO CASTRO DE RIESTRA


Dona Purificación Pardo Castro de Riestra naceu en Ourense en 1905. Casou con Don Ignacio Riestra Calderón, nacido en Pontevedra en 1903, da cuarta xeración dos Marqueses de Riestra. Dona Purificación foi Madriña da Bandeira del Somatén. A institución armada Somatén foi creada en época de Primo de Rivera e tiña como finalidade dar apoio ao réxime. Pois ben, normalmente nomeábase unha Madriña de honra e esta recaeu en Dona Purificación Pardo Castro de Riestra. Cando casou co marqués trasladáronse a Madrid a residir e morreu aos 91 anos, en 1995.
Foto: La Región, 4 de xuño de 1929.

19 marzo 2010

PEREGRINA POUSA

Peregrina Pousa naceu en Regodeigón, Ribadavia, no ano 1877. No curso 1912 e 1913, cando tiña 37 anos, realiza estudos de matrona na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela e obtivo a máxima cualificación. Estes estudos comprendían dous cursos.
Era unha opción bastante atractiva para aquelas mulleres que quixeran desempeñar unha profesión de certo rango xa que non implicaba ningún tipo de cuestionamento nin traba, pois considerábase moi adecuada para a muller (precisamente porque as propias parturientas así o preferían). Quizais o difícil foi determinar como organizar estes estudos. A tal fin ditouse a Real cédula o 10 de decembro de 1828, e de forma máis exhaustiva, a do 21 de novembro de 1861 onde se regulou o ensino de practicantes e matronas. Para realizar esta especialidade requiríanse unha serie de condicións: ter cumpridos 20 anos, ser casada ou viúva, ter cursado a primeira ensinanza elemental completa e ter aprobado as disciplinas seguintes: obstetricia, fenómenos do parto e sobreparto naturais e os laboriosos, regras para asistir ás parturientes e paridas e aos nenos, primeiros e urxentes auxilios e maneira de administrar auga. Os estudos e prácticas efectuaríanse a porta pechada e en horas distintas dos practicantes. Dita sección autorizouse en Madrid, Barcelona, Granada, Santiago, Sevilla, Valencia e Valladolid. O RD de 10 de agosto de 1904 no seu artigo 13 di que para facer a inscrición no primeiro curso de matronas esixíanse estes requisitos: primeiro, ser maior de idade; segundo, certificado de aprobación nunha Escola Normal de mestras, da ensinanza primaria superior; terceiro, autorización do home se fora casada. Vid: AHUS., Expedientes personales, cartapacio nº. 1.119 ORTIZ GÓMEZ, Teresa, “De matrona a matrona: Francisca Iracheta y la divulgación de la ciencia obstétrica en España en 1870”, en Arenal, nº 1, vol. 6, pp. 183-195. Cid Galante, Rosa Mª, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese inédita da Universidade de Vigo.

14 marzo 2010

FRANCISCA RAMONA CANCIO PALLÍN

Mestra en propiedade da escola pública de nenas do concello de Parada do Sil e empadroada nesa mesma vila. Foi unha das candidatas a cubrir o posto de directora da Escola Normal de Mestras no ano 1880, cando esta institución estaba en proceso de creación en Ourense. As candidadas debían presentar, segundo o Reitor da Univesidade de Santiago, na secretaría da Xunta de Instrución Pública de Ourense e no remate dos dous meses contados dende a inserción da convocatoria na Gaceta de Madrid, o Título de mestra de primeira ensinanza superior, partida de bautismo xustificando que a interesada tiña cumpridos os vinteún anos, certificación de boa conduta moral e relixiosa expedida polo alcalde e polo párroco, fe de casadas se o fosen, relación, por orden de numeración, dos labores que debe presentar sen rematar e sen lavar nin pasar o ferro, para continualas en presencia do Tribunal e, finalmente, presentar unha lámina de debuxo lineal en papel “marquilla” tamén a medio facer para ser concluída ante o Tribunal. Pois ben, Francisca alega un certificado de boa moralidade e relixiosidade firmados polo alcalde e sacerdote da zona, o título de mestra superior, tamén acredita que desempeñou por dous anos unha escola privada de nenas coa satisfacción das autoridades e proxenitores. En xaneiro de 1879 tomou parte nos exercicios de oposición para prover a escola completa de nenas de Sarria na provincia de Lugo. Por todo o presentado o tribunal considerou, por unanimidade, os seus exercicios e colocouna en segundo lugar da terna, mais posteriormente o posto foille adxudicado a outra muller. Vid: AHUS, Expediente de creación de la Escuela Normal de Orense, Sección histórica, cartapacio 446.

13 marzo 2010

MARÍA DE LA CONSOLACIÓN

María de la Consolación era mestra de primaria en Ourense en 1922 e tivo o valor de enfrontarse ás autoridades do momento enviando unha misiva ao Gobernador Civil da provincia, Sr. López Boullosa, dando queixa do que ela consideraba un abuso de control sobre as mestras da provincia enviando á Garda Civil a que preguntaran sobre o comportamento das docentes. 

Carta dunha mestra ourensá de 1922 contra o Gobernador Provincial

07 marzo 2010

PACITA SUEIRO

Paz Sueiro, coñecida popularmente como Pacita Sueiro foi a directora do Colexio situado na rúa La Libertad de Ourense. Exerceu como docente dende os dezaseis anos continuando co labor do seu pai, Manuel Sueiro, fundador do Colexio Sueiro de Ourense.

06 marzo 2010

MARÍA CID LÓPEZ

María Cid López nace en Ourense no ano 1900 e filla dun comerciante. No ano 1912 ingresa no Instituto Provincial onde permanece durante catro cursos por oficial e posteriormente solicita certificado á Escola Normal de Ourense. As cualificacións obtidas foron estupendas ata conseguir catorce Matrículas de Honra. (Información da Tese de Doutoramento inédita de Rosa María Cid Galante).
Fotografía: Vida Gallega, nº 77, 1916.

LIA DEL RÍO ANTA

Naceu en Ourense no ano 1893. Era filla dun avogado. Ingresa no Instituto no ano 1905 e obtén o título.
En 1935 traballaba na Delegación ourensá do Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, Vigo, A Nosa Terra, 2007, p. 500. Benso Calvo, C. e Cid Galante, R.Mª, "A incorporación das mulleres ao ensino secundario en Ourense", Sarmiento, 2007.

PILAR FERNÁNDEZ GARCÍA

Natural de Ourense e filla dun comerciante ourensán. Nace no ano 1914 e ingresa no Instituto aos trece anos, no ano 1927. Unha vez que se titula solicita traslado á Universidade de Santiago de Compostela. (Información da Tese de Doutoramento inédita de Rosa María Cid Galante. Expedientes Académicos do Instituto Otero Pedrayo)

CARMEN IGLESIAS ALAEZ

Alumna do Instituto Provincial de Ourense no ano 1926. Naceu en 1915 en Ourense. Estudará no Instituto de forma libre e oficial e obtén o título. Posteriormente trasládase á Escola Normal de Ourense. (Información da Tese de Doutoramento inédita de Rosa María Cid Galante. Expedientes Académicos do Instituto Otero Pedrayo)

CONCEPCIÓN VÁZQUEZ FEIJOO

Esta muller foi unha das pioneiras en realizar estudos de Bacharelato no Instituto Provincial de Ourense. Naceu en Celanova no ano 1907 e ingresa no Instituto no ano 1920. Acada o Título de Bacharelato cunhas cualificacións espectaculares conseguindo dezaseis premios. (Información obtida da Tese de doutoramento inédita de Rosa María Cid Galante, autora deste blog, e extraída dos Expedientes Académicos do Arquivo do Instituto Otero Pedrayo)