Etiquetas

20 marzo 2010

PURIFICACIÓN PARDO CASTRO DE RIESTRA

Dona Purificación Pardo Castro de Riestra naceu en Ourense o 7 de setembro de 1905 e era filla dos Marqueses de Leis, Isauro Pardo e María de la O Castro y Garcés de Macilla que aínda que non eran oriúndos de Ourense si tiñan numerosas propiedades entre as que se contaba a casa blasonada da Barrera.

O marquesado herdouno o fillo do matrimonio, José Ramón, pero tras un accidente de aviación en 1958 o título pasou á súa irmá Purificación.

Purificación estudou no Instituto de Ourense. Fixo o exame de ingreso o 27 de setembro de 1915 e matriculouse por oficial en tres cursos nos que obtivo nove sobresalientes con premio. O 9 de xaneiro de 1919 solicitou un certificado para o Instituto Cardenal Cisneros, colexio que se instalou nunha das casas dos Marqueses de Leis na Barrera.

Purificación tiña unha irmá, Rosa, que naceu en 1908 e fixo o ingreso no Instituto o 10 de xuño de 1918. Tan só estivo un ano pois, igual que a súa irmá, trasladaríase ao Colexio Cardenal Cisneros.

Na fotografía vemos a Purificación cando tiña trece anos e xa cursara o primeiro ano no Instituto destacando as súas cualificacións.

(Fonte: Foto Pacheco. Purificación Pardo aos 13 anos. Vida Gallega, 30 de outubro de 1916)


Casou en agosto de 1927 na Capela de Carmen de Salcedo con Don Ignacio Riestra Calderón, nacido en Pontevedra en 1903, da cuarta xeración dos Marqueses de Riestra. En 1935 naceu a súa filla Rosa. 

Dona Purificación foi Madriña da Bandeira del Somatén. A institución armada Somatén foi creada en época de Primo de Rivera e tiña como finalidade dar apoio ao réxime. Pois ben, normalmente nomeábase unha Madriña de honra e esta recaeu en Dona Purificación Pardo Castro de Riestra. 

Cando casou co marqués trasladáronse a Madrid a residir e morreu aos 91 anos, en 1995.

Foto: La Región, 4 de xuño de 1929.
Vid: Cid Galante, Rosa María. Consultados o expedientes académicos de Purificación e Rosa Pardo para a Tese de Doutoramente.