Etiquetas

17 octubre 2010

CONSUELO CASTELAO BERNÁRDEZ

Naceu na cidade de Ourense o 30 de novembro 1904 e era filla de Felipe Castelao que era zapateiro e de Manuela Bernárdez Quintairos. Os seus irmáns eran Vicente, Felipe, Julio (director da Escola de Formación Profesional), Francisco, Manuel, Inocencio e Antonio.
 
Fixo os estudos no Instituto de Ourense e no ano 1924 acadou o título de Bacharelato e solicitou o certificado de tralado para a Universidade de Santiago.

No ano 1926 comezou os estudos na Facultade de Ciencias en Compostela e alí permaneceu catro anos, logo dos cales pediu un Certificado de Estudos para Madrid e estivo na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu.
 
O seu expediente académico univesitario foi brillante obtendo premio en Química Analítica.
No ano 1933 preséntase aos cursos para acceder ao Maxisterio aprobando os tres exercicios. Pasou a exercer na escola de Calvelle e, en 1934 déronlle a escola de  nenas número 1 da cidade e logo á de Rivera. En 1935  asinaría unha carta que se enviou ao decano de Pontevedra na que se pronunciaron unha serie de profesores, entre eles Angeles Leirós, contra o intrusismo da profesión nos colexios privados. Por necesidade de servizo no Instituto de Ourense, autorizouse a Consuelo que se agregara ao mesmo en 1937 por tal motivo solicitou a excedencia na escola de Rivera.

Autorización:

Por la misma Autoridad, y en atención a las necesidades del servicio, se autoriza a Doña Consuelo Castelao Bernárdez para que siga agregada al Instituto hasta que las circunstancias permitan el traslado de la misma a la escuela que regentaba[1]

En 1965 vai fundar unha academia en Ourense para preparar as materias do preuniversitario e tamén de maxisterio. O centro estaba situado na rúa Xeneral Franco, nº 163.

(Fonte. Galiciana. La Región, 10 de outubro de 1965, p. 18)

Máis tarde fundou a Academia Cervantes na rúa da Habana, número 18,  no que se impartían clases particulares de bacharelato cun máximo de dez alumnos.

(Fonte. Galiciana. La Región, 23 de outubro de 1966, p. 23)

Nos anos 1970 seguía impartindo clases particulares de Matemáticas, Física e Química na actual rúa do Progreso pero en 1971 pasou a impartilas na rúa Xoan XXIII, número 14.

[1] “Autorización”, La Región, 30 de xaneiro de 1937, p. 2.

Vid: Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12VÁZQUEZ RAMIL, Raquel Vázquez (2012). Mujeres y educación en la España contemporánea: la Institución Libre de Enseñanza y la Residencia de Señoritas de Madrid, Akal, Madrid, 2012 El Compostelano, 11 de novembro de 1924 novembro 11, p. 2; El Pueblo gallego, 2 de outubro de 1929 , p. 2; El Compostelano, 2 de outubro de 1930, p. 2; El Pueblo gallego, 13 de outubro de  1933, p. 9; El Pueblo gallego, 27 de decembro de 1933, p. 10; Galicia, 20 de maio de 1934, p. 6; El Pueblo gallego, 11 de maio de 1938, p. 2.