Etiquetas

30 enero 2011

ROCÍO AREÁN ÁLVAREZ

Rocío Areán naceu o 18 de agosto de 1908 e Ourense. Era filla dun procurador. Estudou no Instituto Provincial de Ourense e en 1926 matricúlase na Facultade de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Alí realizará os cinco cursos por oficial para licenciarse, con sobresaliente, en 1931. Posteriormente consta como profesora interina de Letras no Instituto Provincial de Ourense. Vid: Cid Galante, R., Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, R. e Benso Calvo, C., "Los expedientes de las estudiantes de Bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)" en Revista Historia de la Educación, 2007, nº 26. Bande Rodríguez, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense. 1846-2005, Galaxia, Vigo, p. 347.
Foto: Ourensenotempo

OBDULIA DÍAZ a "AVOA OBDULIA"


Obdulia Díaz está presente estes días na prensa e a razón é ben meritoria pois esta ourensá tivo ao seu coidado, durante a postguerra, a uns douscentos nenos fillos de prostitutas. Ela vivía na zona vella de Ourense, no barrio chino, e acollía aos nenos na súa casa traballando arreo para sacalos adiante. Coa aportación que lle podían facer as nais máis a colaboración doutras persoas como o doutor Gallego, o Padre Silva, a dona da librería Padre Feijóo, o da farmacia Bayón e María del Río que dirixía o Patronato do Enfermo Pobre; e ela lavando sabas puido sacar adiante a estes nenos que a denominan "avoa Obdulia". Contou coa colaboración da súa filla Lola Nóvoa. Agora teñen unha merecida escultura de Manuel Penín na cidade que as lembra as dúas.
A fotografía foi cedida polo meu xeneroso amigo Rafa Salgado que xestiona o blog marabilloso de http://www.ourensenotempo.blogspot.com/
Vid: El País "Ourense descubre a una heroína", 29 de xaneiro, 2011. La Región "Una escultura recuerda la solidaridad de dos orensanas", 29 de xaneiro, 2011.

21 enero 2011

MÓNICA FUENTEFRÍA


Mónica Fuentefría é unha violinista ourensá e venezolana. Ela veu á Ourense aos 11 anos e xa comezou no conservatorio. Logo trasladouse a Madrid licenciándose en Torono, Canadá. Colaborou con diferentes artisas e actualmente está no grupo de folk Finis Terrae en Madrid.

MARÍA ANCOECHEA CIBEIRA

Outra das nosas mulleres pioneiras na universidade foi María Ancoechea. Naceu en Trives e no 1933 ingresou na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela e estudou por oficial licenciándose en 1941. Vid: Cid Galante, Rosa Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria"(1900-1930), Revista Minius, nº XI, 2003.

16 enero 2011

EMILIA ÁLVAREZ Y ÁLVAREZ

Naceu no pobo de Trado o 10 de marzo de 1910, filla de médico. Ingresou no Instituto Provincial no ano 1922 e realizou tres cursos por libre para, posteriormente, trasladarse a Santiago. No 1927 matricúlase na Facultade de Farmacia e culminará os estudos con notas descables. Licénciase no 1933. Vid: Cid Galante, Rosa María, Op.cit.

10 enero 2011

REMEDIOS ÁLVAREZ ÁLVAREZ

Naceu en Trado o 28 de maio de 1907. Tamén, como a súa irmá Isolina, cursa estudos no Instituto Provincial de Ourense para trasladarse ao Instituto de Santiago. Logo, en 1926, ingresa na Facultade de Filosofía e Letras onde se licencia con excelentes cualificacións. Vid: publicacións de Cid Galante.

ISOLINA ÁLVAREZ ÁLVAREZ

Naceu o 8 de setembro de 1909 en Trado, o seu pai era médico. En 1921 matricúlase por libre no Instituto provincial de Ourense onde estuda tres anos para, posteriormente, trasladarse a un Instituto de Santiago. No ano 1926, con 18 anos, ingresou na Facultade de Filosofía e Letras onde estudou por vía oficial os cinco cursos. Licenciouse no ano 31 con excelentes cualificacións. Vid: publicacións de Cid Galante, Rosa María.

07 enero 2011

OLALLA E REBECA PIÑEIRO

De novo conto coa colaboración de seguidores do blog. Neste caso foi Isabel Cebreiro a que, a través dun correo, me puxo ao tanto destas dúas ourensás que non poden faltar no blog. Así que llo agradezo moito.
Olalla e Rebeca Piñeiro naceron en Ourense. Son fillas de Tito Piñeiro, gran aficionado ao Hockey sobre herba e un dos primeiros ourensás que se aficionou a este deporte tan minoritario. As súas fillas decidiron seguir os seus pasos e ambas as dúas formaron parte do equipo xuvenil en 1995 que foi subcampión en España. Xurdiu o Equipo Feminino Ourensán de Hockey que ascendeu en Bilbao á División de Honra. Xogaron na Selección Española. Na actualidade Olalla forma parte da selección española de hockey e Rebeca é profesora nun Instituto de Madrid e tamén fixo a súa tese de doutoramento sobre este deporte.
Vid: A información e a fotografía foron extraídas de La Voz de Galicia