Etiquetas

18 abril 2011

CELSA FERRÍN MOREIRAS

Irmá de Antonia Ferrín Moreiras e de María Ferrín Moreiras. Naceu o 13 de outubro de 1908 en Ourense e o seu pai, Antonio Ferrín Moreiras, era mestre e rexentaba unha academia chamada La Academia na cidade ourensá co seu irmán, Ángel Ferrín Moreiras. 

Figura no rexistro de matrícula do Instituto Provincial de Ourense no ano 1919. Fixo o exame de ingreso o 19 de setembro de 1919 e realiza dous cursos matriculándose en Lingua Castelá, Xeografía Xeral e de Europa, Caligrafía, Latín 1 e Xeografía de España.  A familia trasladouse a Santiago onde o seu pai fundou unha academia na rúa Villar e Celsa continunou os estudos de bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela ata titular. 

(Fonte: El Compostelano, 6 de xuño de 1922, p. 2)

En 1924 matriculouse na carreira de Filosofía licenciándose en 1929. Na carreira coincidiu con Pura Lorenzana e ambas as dúas estaban vinculadas ao Seminario de Estudos Galegos. O Rectorado de Santiago remitiulle á Escola Normal de Mestras de Ourense a certificación de Celsa Ferrín:

(Fonte: La Región, 27 de setembro de 1931, p. 8)

Estas mulleres formaban parte dunha familia que non tivo reparo en enviar ás súas fillas a realizar estudos superiores nunha época na que as espectativas non seguían esta traxectoria senón a da da vida doméstica.
Celsa sería nomeada en novembro de 1931 profesora de Segunda Ensianza en Cee (Corcubión)

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria" en Revista Minius, nº XI, 2003. Cid Galante, Rosa e Benso Calvo, Carmen, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)Historia de la educación: Revista interuniversitaria, ISSN 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470. Vida gallega ,1931 novembro 20, p. 50.