Etiquetas

19 junio 2011

CONCEPCIÓN CAMBA SALGADO

Naceu en Ourense o 6 de abril de 1909. No ano 1921 matricúlase no Instituto Provincial de Ourense onde realiza cinco cursos, acadando o título de bacherelato no ano 1926 cunha cualificación notable. Posteriormente inscríbese na facultade de Filosofía, cando tiña 17 anos, e realiza un curso. Logo non consta que expedira ningún certificado, polo que todo fai pensar que abandonou os estudos.
Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso Calvo, Carmen, "Los expedientes de las estudiantes de Bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)" en Revista de Educación, 26, 2007, pp. 437-470.

15 junio 2011

MARÍA DEL VALLE LOZANO

Natural de Ourense. Faleceu a causa de destrozo cerebral por fusilamento o 29 de outubro de 1937. O lugar de aparición do cadáver foi Lomba de Lamas (Xinzo de Limia).
Vid: Nomes e voces

SALUD TORRES DÍAZ

Natural de Ourense. Traballadora na casa paseada o 29 de outubro de 1937.

Morte rexistrada a causa de destrozo cerebral por fusilamento. O lugar de aparición do cadáver foi Lomba de Lamas (Xinzo de Limia).
Vid: Nomes e Voces

13 junio 2011

A MODA E O MATRIMONIO

Vid: La Zarpa, 11-6-1926

ROSA JARES HERRERO

Naceu en Mourisco (Paderne de Allariz). No ano 1928 matricúlase na carreira de Farmacia pero nos Rexistros de Matrícula so consta que realizou un curso por libre. Grazas á información facilitada poa súa neta, Marta Martínez, que se puxo en contacto con este blog, sabemos que Rosa Jares rematou a carreira de Farmacia en tempos da República (conservando a familia o seu título) e que exerceu en Viana do Bolo ata os anos 1975-76.
Vid: Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (I e II), en Revista Minius.

10 junio 2011

ELENA MARTÍNEZ SUÁREZ

Era mestra en Allariz e en 1958 tivo unha homenaxe na vila xa que recibíu o Lazo da Orden de Alfonso X o Sabio. Este galardón outórgaselle a aquelas persoas xurídicas do territorio español que destacan no campo de cultura, educación, ciencia e docencia.
Vid: La Región

05 junio 2011

XOGADORAS DE TENIS OURENSÁS

Fonte: La Región, 11-06-1925

04 junio 2011

MERCEDES FEIJÓO SOTOMAYOR

Naceu en Ourense no ano 1895 e era filla de propietarios (Urbano Feijóo Sotomayor? que foi deputado pola provincia de Ourense e tamén  empresario en Cuba) e era irmá de Carlota Feijóo Sotomayor. Como a súa irmá ingresou nos estudos de Maxisterio no ano 1908 realizando os cursos por libre nos que obtivo unha media de ben.