Etiquetas

26 febrero 2012

BASILISA ABELLA ALONSO

Naceu en 1911 e estudou no Instituto Provincial de Ourense pero non era natural de Ourense. Ingresou nos estudos de bacharelato no ano 1922, cando tiña 11 anos. Estudou os seis cursos por libre e, cunha media de aprobado, acadou o título de bacharelato e logo trasladouse á Escola Normal de Ourense.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese publicada en formato CD por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

10 febrero 2012

AMALIA ROSINA SÁNCHEZ GÓMEZ

De novo conto coa colaboración de Ana Malingre. Esta vez proporcióname información da súa tataravoa,  Dona Rosina Sánchez Gómez, que era a muller de Lamas Carvajal e a que ao longo da súa vida axudou ao seu home a escribir xa que el era cego. Non en van, a prensa do momento, La Región do 16 de novembro de 1940 escribiu os seguintes eloxios sobre "La mujer del poeta":
Grazas, Ana.

Completando a información podemos dicir dela que naceu en A Garda pero a súa infancia pasouna en Ourense. Estudou no colexio da rúa de Lepanto que rexentaba Antonio Agregán. Alí coñecería a Valentín Lamas Carvajal. Pasou un tempo en Segovia pero regresou de novo á Galicia e, en 1874, casa con Valentín Lamas Carvajal. Segundo Blanco Amor, Rosina era "muller asisada i-enérxica". Valentín Lamas escribiríalle os seguintes versos:


"A ti que eres la cariñosa compañera de mis infortunios;
a ti que has unido tu suerte a la mía, te dedico mis versos;
vago remedo de mis quejas íntimas;
lejano simulacro de las batallas que se libran en mi interior;
imperfecta fotografía de la desconsoladora soledad en que vivo en el mundo"

Tivo moitos fillos con Valentín Lamas. Dous deles fóra do matrimonio (tívoos entre 1872 e 1873). Desta numerosa descendencia sobrevivirían seis.

Vid: VV.AA, Gran Enciclopedia Gallega. Entrada Lamas Carvajal, V., Tomo 18, Gijón, 1974, pp. 187-200.