Etiquetas

26 febrero 2012

BASILISA ABELLA ALONSO

Naceu en 1911 e estudou no Instituto Provincial de Ourense pero non era natural de Ourense ela naceu en San Juan de la Mata. Ingresou nos estudos de bacharelato no ano 1922, cando tiña 11 anos. Estudou os seis cursos por libre e, cunha media de aprobado, acadou o título de bacharelato que se lle expediu o 26 de marzo de 1930 e logo trasladouse á Escola Normal de Ourense e despois á Normal de Lugo onde se lle expediu o título de Maxisterio en 1932. No ano 1934 estaba nas listas de mestras interinas.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese publicada en formato CD por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; El Ideal gallego, 26 de marzo de 1930; El Ideal gallego, 15 de xullo de 1932.