Etiquetas

28 diciembre 2012

ISABEL NOGUEROL FIDALGO

Era directora dun grupo Escolar fixo Maxisterio e Filosofía e Letras. En 1933-1936 estivo na Residencia de Señoritas de Madrid.
Vid: Vázquez Ramil, R., Mujeres, educación en la España contemporánea. La ILE y la Residencia de Señoritas de Madrid, Akal, Universitaria, Madrid, 2012.

20 diciembre 2012

BENILDE NOGUEIRA RODRÍGUEZ

Naceu en Langullo, Manzaneda, en 1920. Foi o primeiro amor do fuxido "Mario Langullo". Por el sufriu desde os dezasete anos a humillación, represión e persecucións. Estivo no cárcere e logo marchou coa súa filla a Madrid. Alí casou cun toledano pero enviudou un ano despois de casar. Mario de Langullo perdera o contacto con Benilde a súa filla pero cando, en 1968, deixou de andar fuxido e marchou a Francia, contactou coa filla e durante tres anos mantiveron correspondencia. O encontro familiar produciuse en Francia en 1971. Cando regresou a España en 1978 viviu dous anos con Benilde Nogueira e retomou o contacto coa filla. Mais houbo desencontros e finalmente volveu a Galicia e casou con Gloria Nogueira.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 303.

AMALIA LÓPEZ OJEA

De Soucelín, Santigoso, en Valdeorras. Colaborou coa resistencia antifranquista e foi detida e posta en liberdade en abril de 1939. En outubro dese mesmo ano foi fusilada, ao igual que o seu home. Ela tivo seis fillos, catro homes e dúas mulleres. Os fillos botáronse ao monte coa guerrilla e foron fusilados. As fillas colaboraron coa guerrilla e sobreviviron, son Antonia e Consuelo Rodríguez López.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 249.

GLORIA NOGUEIRA

Naceu no concello de Larouco. Foi compañeira de Mario Rodríguez Losada, "Mario de Langullo" "Pinche", ao que prestou axuda na primeira etapa dos trinta e dous anos que andou fuxido polos montes. Foi a súa moza durante once anos e por iso sufriu as consecuencias: na súa casa houbo rexistros, vixianza continua, interrogatorios. Estivo coa nai no cárcere de Quiroga. O apoio a Mario, e as relacións persoais, cesaron cando este abandonou a actividade guerrilleira e desapareceu dalquel lugar. Gloria casou con Antonlín Negreira e ao enviuvar casou con Mario de Langullo que volvera de Francia. Viviron unha tempada en Ponferrada e logo voltaron a Pobra de Trives.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, pp. 302-303.

ÁNGELES OCAÑA ALBERO

Naceu no Barco de Valdeorras no ano 1933. Estudou Maxisterio en Madrid e asistiu a clases de pintura e debuxo. En 1953 trasladouse a vivir á Coruña. Ao tempo que exercía a docencia, asistiu ás clases de debuxo na Escola de Artes Aplicadas e oficios Artísticos. perfeccionou os seus coñecementos cos pintores Pucho Ortiz e Xosé Luis Rodríguez e participou en cursos de gravado, litografía e serigrafía. Realizou varios murais para institucións públicas e para particulares. Desde 1980 acudiu a exposicións colectivas e fixo tamén algunhas individuais, dentro e fóra de Galicia.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 309.

PERENA

Era de Portomourisco, Petín. Dedicábase á oleiría. Foi das derradeiras oleiras deste lugar, un lugar onde era habitual que as mulleres se dedicasen a este oficio

19 diciembre 2012

FRANCISCA QUIRÓS

Estaba casada con Abdón Blanco García que era alcade do Frente Popular do Barco de Valdeorras. Este foi executado en novembro de 1936. O colexio de Axentes Comerciais, onde traballara Abdón, solicitou unha investigación sobre ela, pretendían apropiarse dunha parte das propiedades gañanciais do matrimonio. Pero tamén exerceron unha forte presión sobre ela incurrindo no acoso. Francisca estaba a sufrir as consecuencia de ter casado con Abdón.
Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 364.

LUCÍA DE MATO

Lucía era de Santa María de Villanueva. Era unha curandeira do século XVII. En 1602, a raíz da morte dun enfermo, concorreron varios delatores diante do inquisidor Gamarra para acusala de bruxería e feiticería. Para os fins curativos empregaba cera bendita e ponlas de oliveira que botaba na auga e, ao tempo, pronunciaba oracións incomprensíbles.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 269.

JESUSA "A XEIRAS"

Oleira de Portomourisco. Foi das derradeiras, xunto con Inocencia.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 222.

GUNTINA JIMÉNEZ

Aristócrata galega do século X. Era a muller do dux Suario Gundemáriz e en ausencia deste, Guntina, exerceu a potestade administrativa na comarca de Celanova.
Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 223.

INOCENCIA

Oleira do século XIX de Portomourisco, Petín, Ourense. Foi das derradeiras oleiras deste lugar, coñecido como "lugar das oleiras" porque se dedicaban moitas mulleres a este oficio. Traballaban en tornos baixos e cocían nun dos catro fornos que había. A comezos do século XX desapareceu a actividade.
Vid: Marco, A., Dicionario das mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 218.

PAULINA RODRÍGUEZ

Era de Vilamartín de Valdeorras. Era irmá de Eladio Rodríguez, tenente do Batallón Galicia e capitán da 11º División que foi fusilado en 1941. Paulina foi membro das Milicias Galegas.
Vid: Marco, A, Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 382.

SOCORRO REAL DELGADO

Era natural de Soutadoiro, O Barco de Valdeorras. Foi xulgada nun Consello de Guerra e condenada a seis anos e un día por auxiliar aos guerrilleiros.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, pp. 366-367.

DIVINA VALLE FERNÁNDEZ

Era de Casaio. Na súa casa acolleu a fuxidos. Foi condenada a quince anos de prisión xa que na súa casa, os guerrilleiros deron morte a un Garda Civil. Estivo no cárcere de Celanova e saíu en liberdade. Volveu a Ricosende e integrouse na rede de enlaces da guerrilla e foi compañeira do "Inca", Domingo Rodríguez, que era comunista e andaba no monte. Divina marchou a Francia en 1948.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 438.

CECILIA VALLE VALLE

Era de Casaio. Foi xulgada nun consello de Guerra en 1941 e condenada a seis anos e un día por auxiliar aos guerrilleiros.
Vid: Marco, A, Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 438.

ANA MARÍA MOSCOSO DE PRADO

Era natural de Ourense, contemporánea do Pai Feixóo a quen escribiu un romance e que o Pai Feixóo contestou en carta moi eloxiosa. Os dous textos foron publicados por Marcelo Macías co título "Romance laudatorio dirixido por Dª Ana María Moscoso de Prado al P. Feijóo y carta de este a la autora" Esta carta pode consultarse no Boletín da Comisión de Monumentos históricos y Artísticos de Ourense, nº 203, 1932.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 290.

17 diciembre 2012

CARMEN PARDO LOSADA

Era de Ourense. Estivo na Residencia de Señoritas de Madrid de 1925 a 1928.  Foi profesora de e directora da Escola Normal de Lugo.
Vid: Vázquez Ramil, R., Mujeres y educación en la España Contemporánea. La Institución Libre de Enseñanza y la Residencia de Señoritas de Madrid, Akal, Universitaria, Madrid, 2012.

RAMONA PÉREZ QUEVEDO

Doña Ramona tiña, en 1850,  unha academia de ensinanza de Debuxo, Economía doméstica e Francés no primeiro andar do número 6 da Praza Maior.
Vid: Somoza Medina, X., Historia de Ourense, Concello de Ourense, Ourense, 2010, p. 117.

ANA MARTÍNEZ

Naceu en Ribadavia no ano 1651. Dedicábase a tratar de curar a enfermidade do enganido e, por tal motivo, foi acusada por prácticas supersticiosas polo Santo Oficio, aínda que foi absolta sen sentenza.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 261-262.

EMILIA MESA

Ourense pode presumir de contar cunha grande atleta veterana, Emilia Mesa, muller de currículo asombroso. Participa en competicións rexionais, nacionais e internacionais e é raro que non acade un trunfo, un record ou unha mención. Espectacular a súa traxectoria que aínda continúa:
TRAXECTORIA DEPORTIVA EN ATLETISMO (Categoría Absoluta)
Tempadas 69/70, 70/71: Membro do Equipo CP Eresma, participa en diversas competicións provinciais e consiguo as marcas provinciais de Segovia en 100ml, 200ml, lonxitude e lanzamento de Xavelina.
É elixida mellor deportista feminina polo Consello Provincial de Deportes de Segovia en 1970.
Entre as tempadas 1971 e 1975 é atleta en activo do Club Vallehermoso de Madrid. Destacan as seguintes actuacións:
1971: Campioa de España en substitucións 4x100ml e 4x400ml.
1972: Campioa provincial de Madrid en Pista Cuberta en 60ml.
1973: Campioa de España de clubs, substitucións 4x100ml. Medalla de bronce no campionato Nacional Absoluto en 200ml.
1974: Campioa de España de Clubs. Subcampioa de España en 200ml, categoría absoluta.
1975: Campioa de España absoluta de pista cuberta en salto de lonxitude. Campioa provincial de Madrid en 200ml. Subcampioa de España en 200ml.
Foi Internacional Absoluta coa Selección Española de atletismo nos seguintes encontros oficiais:
Bélxica- España (Bruxelas, 1974)
Italia- España (Probas combinadas, Pescia, 1974)
España- Dinamarca- Portugal (Madrid, 1974)
Dinamarca- España (Probas Combinadas, Copenhague, 1975)
Dinamarca- España (Copenhague, 1975)
Copa de Europa de Probas Combinadas (Barcelona, 1975)
-1980: Como Membro do Club Athlos de Ourense proclámase campioa absoluta de Galicia en 100 mv e salto de longitude. Obtén o trofeo á mellor marca do campionato en concursos.
-1981: Campioa absoluta de Galicia en salto de longitude. 2ª clasificada en lanzamento de peso.
-1984: Campioa de Galicia en lanzamento de peso.
Tivo o record absoluto de Galicia de 100mv e os records de ourense de 100ml; 100mv; salto de lonxitude; salto de altura; lanzamento de peso e pentatlón.
- 2002: Subcampioa Galega en lanzamento de peso (Ferrol)
Encontro Galego- Portugués de Lanzamentos, na Coruña.
3ª Clasificada en lanzamento de peso no Campionato Galego de Pista Cuberta (A Coruña)
- 2003: 3ª Clasificada en lanzamento de peso no Campionato Galego Absoluto (Vigo)
MELLORES MARCAS PERSOAIS ABSOLUTAS:
100 ml: 12.3 sg
100 mv: 16.1 sg.
200 ml: 24.6 sg
400 ml: 59.9 sg
Salto de lonxitude: 5.67m
Salto de Altura: 1.51 m
Lanzamento de peso: 11.82 m
Pentatlon: 3.405 ptos.

TRAXECTORIA DEPORTIVA EN ATLETISMO (Categoría Veteranos)
COMPETICIÓNS INTERNACIONAIS
2ª Clasificada en lanzamento de xavelina, 2ª en salto de lonxitude e 3ª en peso (W55) no campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Nyiregyhaza- Hungría, 2010)
2ª Clasificada en salto de lonxitude, 4ª en xavelina e 9ª peso (W55) no Campionato do mundo ao aire libre de Atletismo Veterano (Lahti- Finlandia, 2009)
1ª Clasificada en lanzamento de Xavelina, 2ª en lonxitude e 4ª en peso (W55) no Campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Ljubljana ? Eslovenia, 2008)
9ª Clasificada en salto de lonxitude e 10ª en peso no Campionato Mundial ao aire libre (W50) (Riccione, Italia 2007)
3ª Clasificada en salto de lonxitude e 5ª en peso no Campionato Europeo ao aire libre (Poznan- Polonia, 2006)
5ª Clasificada en lanzamento de peso e semifinalista en 100ml (W50) no Campionato do Mundo de Atletismo Veterano ao aire libre (San Sebastián, 2005)
4ª Clasificada en lanzamento de peso e 7ª clasificada en 100ml (W50) no campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Aharus- Dinamarca, 2004)
1ª Clasificada en lanzamento de peso e 4ª en salto de lonxitude (W50) no Campionato de Europa de Pista Cuberta de Atletismo Veterano (San Sebastián, 2003)
4ª Clasificada en lanzamento de peso (W45) no campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Postdam- Alemaña, 2002)
COMPETICIÓNS NACIONAIS (Club Pavillón Ourense. A Partir do 2004, Clube Academia Postal Atletismo Ourense)
Ao aire libre:
Campioa España Aire Libre Barcelona 1999 W45 Peso / Lonxitude
Campioa España Aire Libre Talavera 2000 W45 Peso/ Lonxitude
Campioa España Aire Libre Salamanca 2001 W45 Peso / Lonxitude / 100ml / Disco
Campioa España Aire Libre Ourense 2002 W45 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa España Aire LibreTarragona 2003 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa España Aire Libre Sevilla 2004 W50 Peso/ Lonxitude / Xavelina/ 100ml / Disco
Campioa España Aire Libre Torremolinos 2005 W50 Peso / 100ml / Lonxitude / Disco
Campioa España Aire Libre Aguias 2006 W50 Peso / Lonxitude / Disco
Campioa España Aire Libre Aguias 2007 W50 Peso / Lonxitude /Xavelina
Campioa España Aire Libre Gandía 2008 W55 Peso / Lonxitude / Xavelina /100 ml
Campioa España Pentalon de Lanzamentos Córdoba 2008 W55
Campioa de España Aire Libre Vitoria 2009 W55 Lonxitude/ Xavelina /Peso /100ml
Campioa España Pentalon de Lanzamentos Huesca 2009 W55
Campioa de España Aire Libre Arona 2010 W55 Lonxitude/ Xavelina /Peso
Campioa de España Aire Libre Aguias 2011 W55 Lonxitude/ Xavelina / Peso

En Pista Cuberta:
Campioa España Pista Cuberta San Sebastián 2002 W45 Peso
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2003 W50 Peso / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Zaragoza 2004 W50 Peso / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2005 W50 Peso / Lonxitude / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2006 W50 Peso/ Lonxitude / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2007 W50 Peso/ Lonxitude / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2008 W55 Peso/ Lonxitude / 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2009 W55 Lonxitude/ 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2010 W55 Lonxitude/ 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Antequera 2011 W55 Lonxitude/ Peso / 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2012 W55 Lonxitude/ 60ml /Peso

COMPETICIÓNS GALEGAS
Ao aire libre:
Campioa A Coruña 1998 W45 Peso / Lonxitude
Campioa A Coruña 1999 W45 Peso / Lonxitude / 100ml
Campioa Pontevedra 2001 W45 Peso / Disco
Campioa Lugo 2002 W45 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa A Coruña 2003 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa Lugo 2004 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa Pontevedra 2005 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa Ourense 2006 W50 Peso / Lonxitude / Xavelina
Campioa Santiago 2007 W50 Peso / Lonxitude / Xavelina
Campioa Ou Barco 2008 W55 Peso / 100 ml / Xavelina
Campioa Ou Barco 2009 W55 100 ml / Xavelina
Campioa Ourense 2010 W55 Peso / Lonxitude / Xavelina
Campioa Pontevedra 2011 W55 Peso / Xavelina

En Pista Cuberta:
Campioa A Coruña 2001 W45 Peso / 50ml
Campioa A Coruña 2002 W45 Peso
Campioa Lugo 2003 W50 Peso / 60ml
Campioa Lugo 2004 W50 Peso / Lonxitude / 60ml
Campioa Narón 2005 W50 Peso / Lonxitude
Campioa Santiago 2006 W50 Peso / Lonxitude / 60ml
Campioa Coruña 2007 W50 Peso
Campioa Coruña 2008 W55 Peso / Lonxitude / 50ml
Campioa Coruña 2009 W55 Peso / Lonxitude
Campioa Coruña 2010 W55 Peso / lonxitude/ 50ml
Campioa Coruña 2011 W55 Peso / lonxitude

Vid: EMILIA MESA

CARMEN GONZÁLEZ LEDO

Naceu en Allariz no ano 1910. Aos seis anos foi á Coruña. Foi poetisa da primeira xeración de posguerra. Traballou no Ministerio de Facenda con destino en Ourense onde exerceu ata a súa xubilación. Escribiu o poemario "Recendos" que foi publicado en 1979.
Vid: Marco, A., Diccionario de mulleres galegas, Santiago, A Nosa Terra, 2007, p. 202.

14 diciembre 2012

MATILDE LEGÍSIMA

Naceu en Piñor de Cea en 1902. Era a irmá de Carmen Legísima e como ela tamén se dedicou á pintura. Foi pintora autodidacta e presentouse a algunhas exposicións colectivas: Madrid en 1943 e 1962; Ourense en 1960; A Coruña en 1960 e Vigo en 1980.
As temáticas pictóricas eran bodegóns, flores e retratos infantís, destacando: Niño de las cerezas, Retrato de niña, Flor de cerezo, Bodegón con flores, Mimosas, Rosas y dalias.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, Santiago, A Nosa Terra, 2007, p. 235.

11 diciembre 2012

JOSEFINA GONZÁLEZ CUDEIRO

Naceu en Ourense no ano 1918 no ambiente dunha familia Republicana. Era irmá de Luísa e Maruja. Asistiu á Escola Laica Neutral de Ourense. Cando a Guerra Civil comezou para ela e para a súa familia a persecución, rexistros e cárcere. Na súa casa de Ourense acollía a resistentes do réxime. En 1937 a cas foi asaltada polos militares e Josefina e os eus irmáns foron encarecerados e o seu pai foi fusilado. En 1937 e 1938 estivo no cárcere de Bande. Foi militante do Partido Comunista manténdose fiel aos seus idearios. En 1944 trasládase a Madrid e alí coñece ao que serí o seu compañeiro: Antón Seoane Ramos. Volveron a Galicia en 1945 para organizar a política e a guerrilla. Pero foi encarecerada en 1948 condeada a 25 anos dos que estivo once anos no cárcere de A Coruña, Segovia, Alcalá Henares. En 1961 marchou a Caracas e alí instalouse cos seus irmáns montando un negocio de costura. Pero regresou a Coruña en 1966 onde continou cosendo ata que se xubilou.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 200.

MARUJA RODRÍGUEZ CUDEIRO

Era irmá de Josefina e de Luísa. Estivo vencellada como as irmás ao Partido Comunista. Fixo traballos de propaganda na posguerra: recollían Mundo Obrero e copias de octavillas que entregaban a outras persoas. Foi delatada e estivo no cárcere da A Coruña quince meses. Posteriormente marchou a Caracas.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, pp.200-201.

LUÍSA GONZÁLEZ CUDEIRO

Naceu en Ourense no ano 1924 e era irmá de Josefina González Cudeiro e Maruja. Estivo no Partido Comunista e fixo traballos de propaganda como a  súa irmá. Con ela iría a Caracas onde montaría un taller de costura e regresaría con Josefina A Coruña onde continuaron as dúas co negocio ata a xubilación.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, Santiago, 2007, p. 200.

07 diciembre 2012

JOSEFINA SALGADO PÉREZ

Naceu en Ourense en 1945. Iniciouse no mundo do atletismo no Club Halcones de Ourense. Trasladouse a Madrid e competiu co Club Vallehermoso ata 1974, ano da súa retirada. Logrou moitos éxitos: foi doce veces Campioa de España, tamén estableceu dezaseis records e foi dezaseis veces internacional. Campioa de España en 200 m. en 1970, 1971 e 1974; Campioa de España en 400 m. en 1960, 1967, 1968, 1970,  1971 e 1973(anos nos que vateu o record de España). Campioa de España en 800 m. en 1967 e 1973. Campioa de España no salto de lonxitude en 1974. Campioa de España 4 por 100 en 1973 e de 4 por 400 en 1972 e 1973. Foi record de España de 800 m. e record de 4 por 400 metros.
En pista cuberta foi campioa de España en 400 m. en 1968; Campioa de España de 800 m en 1973.
Nos Campionatos galegos foi campioa Galega de 800 m e Lonxitude en Vigo en 1965.
Foi internacional dezaseis veces participando no Campionato de Europa de Atletismo Pista Cuberta celebrados en Madrid en 1968 na proba de 400 metros e foi a primeira vez que houbo representación feminina española nun campionato europeo. Participou en Helsinki no ano 1971 no Campionato de Europa de Atletismo Ar Libre na proba de 400 m e foi a primeira vez que houbo participación feminina española. Estivo nos Xogos do Mediterrénao, Esmirna en Turquía en 1971 e obtivo a medalla de bronce na proba de 400 m. Foi a primeira española que conseguiu unha medalla de atletismo nestes xogos.
Hoxe en día lémbrase a esta extraordinaria atleta porque as pistas de Atletismo do Complexo deportivo de Monterrei levan o seu nome: Pistas Josefina Salgado.

06 diciembre 2012

AURORA SALGADO PÉREZ

Atleta nacida en Ourense. Pertencía ao Clube Halcones OJE.  En 1968 proclamouse campiona de Galicia en Santiago na especialidade de Campo a Través e tamén Campioa de Galicia de Atletismo en pista nas probas de 600 e 800 metros. Campionato celebrado no Estado de Balaídos de Vigo en 1969.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres de Galicia, A Nosa Terra, 2007, p. 401-402.

DOLORES GARCÍA RODRÍGUEZ

Naceu en Ourense e dedicouse á pintura participando na Exposición de Arte Rexional celebrada en Santiago de Compostela en 1923 coa obra "Camiño da Leira".
Vid: Marco, A, Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007,  p. 186.

TERESA FERNÁNDEZ GAGO

Era de Soutadoiro no Barco de Valdeorras. Foi condeada nun Consello de Guerra a seis anos e un día por ter axudado é dar acubillo aos guerrilleiros.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, p. 165.

04 diciembre 2012

NIEVES FARIZA

Mestra e líder social. Natural de Cambados, sobriña do deputado galeguista na República Antón Alonso Ríos, exerceu o maxisterio en Xaceváns en Celanova. Aquí foi recriminada por non impartir clases de relixión, unha medida aprobada polo Ministerio en tempos da República. Cando se produciu o levantamento militar e por temor a represalias dos falanxistas, fuxiu co seu fillo nun camión de seguidores da insurrección. Finalizada a guerra, morreu o seu home, que traballaba nas obras do ferrocarril na zona montañosa do sur de Ourense. Como non estaba asegurado, non podía cobrar a pensión. Diante desta inxustiza, enfrontouse coa empresa construtora e conseguiu tramitar pensións para oito mulleres. Asociada ao avogado Colemán puxo en marcha o Consultario Social "Adiante", para defender os dereitos das mulleres que ficaban viúvas por mor das obras da vía. Adquiriu grande protagonismo e foi alcumada "Desenterramortos" porque animada a exhumar cadáveres para practicar autopsias e demostrar, así, a causa da morte daqueles homes. Na súa loita por mellorar as condicións de vida daqueles traballadores tamén consegiu que a empresa construtora aboasen 30 céntimos por quilómetro dende a casa ao lugar do traballo, polo que foi coñecida como "a dos quilómetros". Foi denunciada por exercer como avogada laboralista sen ter título.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p. 154.

CONCEPCIÓN "A CACHEIRA"

Oleira de Ramirás de comezo de século.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p. 112

CONCEPCIÓN CID LIMIA

Naceu en Ourense en 1946. A comezos de 1952 marchou a Arxentina coa nai e os seus irmáns para reunirse co pai. Cando era unha adolescente comezou a concienciarse politicamente e nos anos máis tarde afiliouse ao Partido Comunista e entrou en contacto cos galegos e galegas do exilio e participou nas actividades culturais organizadas pola Federación de Sociedades Galegas: asistiu ás clases de galego impartidas por Blanco Amor, formou parte dun grupo de teatro, pertenceu á Coral do Centro de Betanzos. Fixo Maxisterio e a carreira de Xornalismo deportivo. En 1965 participou nuns campamentos guerrilleiros dirixidos por Che Guevara. En 1966 ela e a súa familia viaxan a Galicia. En 1969 casou e trasladouse co seu home a Xenebra onde permaneceu dous anos e fixo traducións para a OIT e colaborou co colectivo emigrante dende unha agrupación comunista. De 1971 a 1974 viviu en Ourense dedicado ao traballo organizativo a nivel provincial dentro do seu Partido. Unha nova etapa na súa vida levouna a Bucarest en 1974 onde se fixo cargo dunha emisión radial en galego "De Ribadeo a Tui" en Radio Pirenaica. Coa chegada da democracia, a radio Pirenaica xa non tiña razón de ser e o derradeiro programa foi en xullo de 1977. Unha breve estadía en Madrid, deu paso a unha residencia en Vigo onde traballou varios anos en CCOO e logo trasladouse definitivamente a Ourense.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p. 108-109

ALICIA CID

Naceu en Ourense no ano 1934. Era escritoria e autora do libro En esta oscura marcha, poemario intimista, enraizados na dor. En 1977 escribiu Nada y corazón. Publicou no libro Antología general de Adonais, tamén en Extramundi.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p. 107-108.

BLASINDA "A DA FONTE"

Oleira de comezos de século da zona de Ramirás.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.60.

GLORIA BLANCO BLANCO

Naceu en Freixido, preto de A Rúa. Actuou como enlace da guerrilla e, coa súa nai, Gloria Blanco Diéguez, estivo encarcerada por dar protección aos fuxidos. En 1952 marchou coa nai e un irmá a Barcelona onde se reuniron con Odilo Fernández Rodríguez "O Blas", que era o seu compañeiro sentimental e con Roberto López "Pajarito". Con eles atravesaron os Pirineos durante cinco días e chegaron a territorio francés. Tras pasar por Beziers e Herault viviron en París.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.57-58.

BIBIANA "DO BOLO"

Oleira de comezos do século XX de Santomé, Cartelle. Parece ser que camiñaba polas aldeas da comarca para trasladar os produtos que ela construía e que trocaba por alimentos.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.57.

ÁNXELA "A DE RAMÓN"

Oleira da zona de Ramirás. Unha das primeiras mulleres que se dedicaron a este oficio.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.31.

ANTONIA "DA COSTA"

Unha das moitas mulleres dedicadas ao oficio de Oleiras a comezos do século XX en Ramirás (Ourense).
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.31

ÁFRICA ÁLVAREZ VALLE

Era natural de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense). Foi xulgada nun Consello de Guerra no 1941 e condenada a doce anos e un día por auxilio á rebelión militar. Na súa casa acolleu guerrilleiros.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.27.

SABINA ALBIZU DE VALCÁRCEL

Foi dirixente da Acción Feminina de Ourense que se organizou no ano 1932. Era un grupo de dereitas que chegou a contar con dezanove delegacións en toda a provincia. Estaba integradana "CEDA" en 1933.

Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.16.

01 diciembre 2012

AMÉRICA SOTO RODRÍGUEZ

América Soto é unha prestixiosa deseñadora de traxes pero tamén investigadora do seu oficio. Está especializada no deseño de traxes de cabalgata de reis, festas medievais, etc. Pero a súa creatividade chega máis alá. Ela foi a que deseñou o traxe de Calpurnia Habana Aeboso, un vestido en crú moi caído e con moito aire. Tamén deseñou á boneca Carmiña, unha boneca tenra e galega co seu traxe tradicional coa basquiña e dengue que está repartida por todo mundo pois os nosos emigrantes queren manter a lembranza da terra.
O prestixio de América na costura non o pon ningúen en dúbida.
Vid: La Voz de Galicia