Etiquetas

19 diciembre 2012

DIVINA VALLE FERNÁNDEZ

Ilsmo, Señor:
Adjunto tengo el honor de remitir a V.S.I. testimonio de la sentencia recaida en Consejo de Guerra Ordinario de esta Plaza de la Causa nº 71 de 1939, instruida contra los penados MATEO VALLE LEÓN Y DIVINA VALLE FERNÁNDEZ. Todo ello en cumplimiento a lo que a este Juzgado ordena el Excmo. Sr. Capitán General de esta Región Militar en su respetable Decreto, obrante al folio 127 de la Causa de su razón. Ruego a V.S.I. se digne ordenar se acuse recibo para constancia en autos.
Orense, 18 de noviembre de 1942. 
El Teniente Juez-Instructor.

Este oficio é o que abre o expediente de Responsabilidade Política a Divina Valle que naceu en 1915 en Casaio e tiña 27 anos cando foi condenada por rebelión militar. Era filla de Mateo Valle e de Isabel Fernández e estaba solteira. 

Don Pedro Andreu Meseguer, Sarxento do Reximento de Infantería número 55 e secretario do Xulgado Militar Especial de Comutación de Penas de Ourense e do que é Xuíz Instrutor o Tenente Antonio Ropalda Justo, certifica que na cidade de Ourense a vinte de febreiro de 1940 reuniuse o Consello de Guerra Ordinario polo delito de rebelión militar contra Divina Valle e Mateo Valle. Despois de escoitar a defensa e aos procesado, conclúen que algúns dos elementos revolucionarios que o día 18 de xullo de 1936 se opuxeron ao alzamento contra o Goberno da Fronte Popular e permanecen escapados polos montes baixando ao poboado en diferentes ocasións atopando a complicidade dos veciños e famililares e cometen actos de saqueo, roubos e atentados e que:

...el día veintiuno de Enero de mil novecientos treinta y nueve, una partida de rebeldes se hallaba oculta en la casa propiedad de Mateo Valle León sin conocimiento de éste pero sabiéndolo su hija la procesada Divina Valle Fernández, la cual cuando fué requerida por el Guardia Civil, Felisindo Ameijeiras Pérez, para que abriese la puerta de dicha casa, no adviritó al mismo la presencia de los huidos a quienes al ver entrar al Guardia mencionado hicieron contra él una descarga que le ocasionó la muerte.

Por tal motivo, acúsase a Mateo Valle e a Divina Valle de delito de auxilio a la á rebelión por entender que sabían ou tiñan coñecemento da presenza dos rebeldes polo que será sancionado por non cumprir o artigo 240 do Código de Xustiza Militar.

A Divina van a condeala a quince anos de reclusión  temporal e accesorias como autora de auxilio á rebelión mentres que Mateo Valle queda absolto pois dise que non era coñecedor dos feitos. Divina estará presa no cárcere de Celanova.

E dado que era unha muller que carecía de bens, como así o aseguraron o Alcalde, o cura e o Xefe local da F.E.T. declarouse sobreseído o expediente de responsabiliades políticas en xullo de 1943.

Ao saír volveu a Ricosende e integrouse na rede de enlaces da guerrilla.

 En 1948 marchou a Francia.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte. Lembranzas e pantasmas dun neno da posguerra. Galaxia, Vigo, 2015 e AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7209/27.