Etiquetas

27 diciembre 2013

ALDONZA ALFONSO

Situámonos no século XIV e atopamos a Dona Aldonza Alfonso que, en certa medida, viuse inmiscuída na historia de Aldonza de Mendoza, duquesa de Arjona e señora de Cogolludo e filla de Diego Hurtado de Mendoza e irmanastra do Marqués de Santillana. O caso é que Aldonza de Mendoza estaba casada con don Don Fardique, conde de Trastámara pero este non tratou ben á súa muller e foille infidel. Entre as mulleres que formaron parte da vida de Don Fardique estaba Aldonza Alfonso que era natural de Ourense e foi a súa amante tendo tres fillos con Don Fardique.
Vid: A orixe dos Mendoza

26 diciembre 2013

CARMEN MARTÍNEZ BLANCO

As mulleres tiveron un papel fundamental na resistencia franquista. Houbo lugares en Galicia nos que chegaron a organizarse extensas redes de mulleres para garantir a seguridade dos homes fuxidos. Carmen Martínez foi unha desas mulleres que en Porqueira, lugar onde a presenza dos fuxidos que se refuxiaban en Portugal era ocasional para realizar labores agrícolas protexeu ao seu home polo que foi detida:
"(...) hallándose la fuerza instructora prestando servicios en las inmediaciones de la línea fronteriza con Portugal, adviritó la presencia de un home y dos mujeres, que se hallaban cargando un carro, huyendo el hombre al advertir la presencia de la fuertza, y siendo detenida una de las mujeres, que resultó llamarse Carmen Martínez Blanco, esposa del desertor perteneciente al reemplazo de 1933 Albino Dobaño Dafonte, presumiéndose que el hombre que estaba con ella sea su esposo, ya que se tiene noticias de que, desde Portugal solía pasar a España trabajando en las labores del campo"
Vid: Prada, Rodríguez, J., "As mulleres e a resistencia antifranquista (1936-1945)" en Juana, Jesús de y Prada Rodríguez, Julio, As mulleres en Galicia no século XX, Vigo, Ir Indo, pp. 179.

25 diciembre 2013

LUCÍA NESPEREIRA

Naceu en Pereiro de Aguiar no ano 1986. Comezou no mundo do atletismo da man de Germán González no equipo de Ben-Cho-Shey. Pero, na actualidade, está mergullada no mundo do fútbol sala onde está acadando méritos notorios tales como pertencer á Selección Feminina de Fútbol sala.

10 diciembre 2013

MARGARITA TABOADA

Cando unha persoa se pon a investigar atopa, entre outras cousas, a compañeiros, amigos e coñecidos que se entusiasman coma unha para indagar sobre algunha das nosas mulleres ourensás. E estamos nese caso. Cando eu atopei o nome de Margarita Taboada entre os rueiros de O Carballiño quixen saber de quen se trataba pois dedicarlle unha rúa a unha persoa é algo moi significativo. Na pescuda de información tiven unha grata compañía e colaboración por parte dos meus compañeiros de traballo na Laboral Asunción Pérez que contactou con Begoña que traballa no Concello de O Carballiño e  de José Pérez que me puxo en contacto con José Benito, párroco de O Carballiño. Pois ben, todos eles recompuxeron un pouco os trazos vitais de Margarita Taboada.
Margarita Taboada era natural de Lalín pero vivíu en O Carballiño. Esta tiña en propiedade un piso no que viviría Don Evaristo Bahamonde o encargado de obras do templo da Veracruz. Pois ben, Margarita Taboada acabou cedendo a casa parroquial e os terreos para a construción da igrexa. Ante tanta xenerosidade o Concello quixo honrala dedicándolle unha rúa, por iso no Carballiño hai unha rúa chamada Margarita Taboada.

09 diciembre 2013

DONOURO

Situémonos no Ourense do século XV, e máis concretamente entre os anos 1457-59. Donouro era unha muller xudea casada con David un prateiro que residiu na nosa cidade durante vintecinco anos, entre 1434 e 1459. O papel xogado pola súa dona foi interesante pois, como outras tantas mulleres, ao enviuvar tivo que estar ao fronte do negocio e da xestión dos bens económicos.  Donouro tivo que facer fronte a varios asuntos xudiciais, entre eles, a reclamación dun empezo que o seu home fixera con Lorenzo de Seoane. Concretamente Lorenzo de Seoane reclamaba que lle fose devolvta a peza de prata que empeñara a David. Como este falecera, as autoridades ourensás solicitaron que Donouro presentase nun prazo de tres días, a documentación que tiña o seu home pero esta non puido presentar ningunha documentación polo que condearon a Donouro a que nos seguinte nove días dese a Lorenzo Seoane unha cantidade de prata. Poucos días depois, Donouro enfrontouse a outra demanda da que saíu absolta. Todo isto pon de manifesto que as mulleres teñen que facer fronte aos negocios familiares adquirindo, deste xeito, notoriedade pública.
Vid: Antonio de Rubio, Mª Gloria, "La historia de las mujeres desde el IEGPS: proyectos y resultados. El caso de las mujeres judías" en García Fernández, M.; Gernadas Martínez, S.; Ballesteros Ferández, A. (eds) As mulleres na historia de Galicia, Santiago, Andavira, 2012, pp. 109-110.

17 noviembre 2013

LUCILA VALENTE

Reseñamos neste blog de mulleres a Lucila Valente.  Lucila foi a nai dun dos escritores máis renombrados de Ourense, José Angel Valente que naceu en 1929. Tivo cinco fillos e di José Angel que sempre lembra á súa nai embarazada. Ela casou moi noviña de tal xeito que para  José Angel ela parecía unha irmá. Debeu ser unha muller moi interesante pois , como mesmamente indica o escritor, foi educado en feminino.
José Angel Valente no libro "A modo de esperanza" alude ao oco e ausencia que lle supuxo a morte da súa nai. A ela dedícalle o seguinte poema.
Estuvo en pie, vivió
fue risa, lágrimas,
alegría, dolor,
pero amaba la vida.
Caminó entre nosotros.
La mañana era cosa
de sus manos alegres,
zurcidoras, abiertas.
Solía alimentarnos
de pétalos o besos
sin cesar desprendidos.
Dejó su nombre puro
solo frente a la noche:
Lucila o siempremadre.
Ahora yace aquí,
donde la lluvia canta
al pie de un montealegre.
Bajo la tierra el agua
acaricia sus huesos.
Ella amaba la vida.

14 noviembre 2013

YOLANDA MARTÍNEZ

Yolanda Martínez naceu en Ourense no ano 1968 e dedícase á pintura de estilo expresionista e de cores vivos impactando os seus retratos. Debuxa co pincel aplicando pinceladas intensas, grosas e pastosas. Esta pintora está afincada en O Saviñao.

12 noviembre 2013

EVA CASADO

Eva naceu en Allariz. Realizou estudos superiores de fotografía e considera a fotografía como un medio para transmitir os seus recordos, as súas imaxes e, en definitiva, algo que pode transformar a súa vida. Ten influencia de importantes fotógrafos. Actualmente dedícase á fotografía profesional e está afincada en Madrid.
Vid: Eva Casado

11 noviembre 2013

FITA JOSEFINA GALÁN

Meu amigo Rafael Salgado, que está facendo un labor estupendo co blog Ourense no Tempo, envioume esta fotografía da muller de Don Ramón Otero Pedrayo, Dona Fita. Ela tamén tivo un papel interesante na historia de Ourense pois xunto con outras donas de ilustres ourensás defenderon o galeguismo e o papel da muller na sociedade.

09 noviembre 2013

BEATRIZ DE CASTRO

Aínda que as orixes de dona Beatriz de Castro non son ben coñecidas, sabemos que foi irmá de dona Isabel de Castro –muller de Xoán Freire de Lanzós– e que casou co cabaleiro e rexedor ourensán García Díaz de Cadórniga, o que a sitúa entre a baixa nobreza galega. 
Con anterioridade á súa viuvez, é dicir, antes de 1440, apenas temos datos sobre ela máis alá da súa plena coparticipación en actuacións xurídicas de carácter patrimonial, tanto soa como en compañía do seu marido. Porén, tras a morte de García Díaz, dona Beatriz ocupou un destacado papel nas loitas urbanas do momento, poñendo de manifesto a súa capacidade de intervención nos asuntos públicos ao igual que o seu fillo, Pedro Díaz de Cadórniga, quen mantivo unha actitude rebelde e de excesos na cidade, enfrontándose especialmente ao bando do arcediago de Castela e do bispo.
En 1441, o Concello de Ourense recriminoulle a dona Beatriz o seu comportamento en varias ocasións. Así, o 4 de xaneiro instouna a que desocupase a barca do Terrón, cuxos dereitos debía compartir co bispo, e só uns días despois, o 13 de xaneiro, acusouna de estar concentrando na cidade moytas gentes estrangeyras de que (…) vyña grande mal, perda e dapno. Ademais, en 1442 dona Beatriz de Castro tivo que declarar ante o Concello por unha agresión que sufrira un home do arcediago de Castela, aínda que nese caso eludiu calquera implicación no asunto e limitouse a pedir que actuasen contra os culpables. 
Nese contexto de tensións urbanas, dona Beatriz tamén se converteu en vítima das actuacións dos contrarios. Ou, polo menos, así o manifestou ante o Concello cando, rexeitando a acusación de concentrar escudeiros e estranxeiros na cidade, denunciou que ela e os seus estaban sufrindo diversos agravios por parte da xente do bando episcopal, concretamente de Gómez de Chantada e Vasco Ratón. 
As actuacións públicas de dona Beatriz estiveron moi ligadas ao seu papel como mediadora. En 1440, por exemplo, figurou como intermediaria entre o seu fillo e as autoridades ourensás, sendo a ela á que se lle comunicou a ruptura dunha tregua. Daquela, comprometeuse a actuar para solucionar o caso, castigando e apartando de si ao responsable da agresión ao xuíz de Cudeiro, feito que provocara o conflito. Un ano máis tarde aparece, xunto co fillo, na prórroga dunha tregua entre os bandos da cidade outorgada polo meiriño episcopal; recoñéceselle así un papel fundamental no xogo político urbano. Ademais, en 1446 decidiu outorgar unha carta de seguro en prol dos mercadores composteláns que temían ir á feira de San Martiño e por viño a Ourense con medo de represarias que lles fose feytas por lo dito meu fillo ou por los seus. Por iso decidiu actuar por min e por todos los meus e por todos los escudeiros e omes do dito Pero Dias, meu fillo, ordenando a estes que goarden este seguro, o cal mandou que fose pregoado por toda a cidade. Sen dúbida, as súas actuacións como mediadora só se poden explicar considerando que esta muller da oligarquía urbana gozaba dun amplo recoñecemento social por parte dos homes e mulleres ourensáns. 
Tras a morte do fillo e despois de anos de silencio, en 1478 dona Beatriz outorgou testamento e nel dispuxo ser enterrada en San Francisco de Ourense, eno moymento onde jaz meu marido, vestida co hábito franciscano. Viúva e sen fillos, nomeou herdeiro de todos os seus bens –mobles et rayzes, coutos, vasalos, senorios, juriçion, vasalajen et presentaçoos a mi perteesçentes en este Reyno de Galizia– ao seu sobriño, Alonso de Lanzós, famoso caudillo irmandiño. Os bens de dona Beatriz acabaron finalmente nas mans das fillas e herdeiras de Alonso de Lanzós pero, para que iso chegase a suceder, a nai delas, dona María de Montaos, tivo que loitar por unha parte desa herdanza, non dubidando en reclamala ante os Reis Católicos. 
Sen dúbida, dona Beatriz de Castro foi unha muller que exerceu o poder e a autoridade na cidade de Ourense durante a década dos corenta do século XV. Ademais, como moitas outras mulleres da aristocracia, tivo en plena propiedade diversos bens mobles e inmobles, rendas derivadas do sistema foral, así como beneficios eclesiásticos que se encargou de xestionar soa ou en compañía dos homes da familia. Proba desa plena propiedade e da súa capacidade para xestionar e transmitir eses bens son os diversos documentos que revelan o importante papel social e económico desta muller, que, en definitiva, teceu ao seu redor unha ampla rede de relacións persoais e «clientelares» capaz de lexitimar e sustentar a súa destacada posición social na cidade de Ourense.
Autor/a da biobibliografía: Miguel García-Fernández, Vid: Cultura Galega

MÓNICA HENTSCHELL

Artista ourensá especializada no traballo da cerámica.

08 noviembre 2013

JOSEFINA R. RIBAS

Artista ourensá especializada no traballo do barro que tamén realizou interesantes exposicións da súa obtra en Ourense.

07 noviembre 2013

MARÍA ISABEL FERNÁNDEZ LASTRES

Se a tradición do encaixe de carmariñas tivo éxito en Ourense onde moitas persoas se dedican a esta actividade, un nome a destacar é do de Isabel Fernández . Podemos considerala unha artista artesá que tivo ocasión de expor a súa obra no Liceo ourensá.

06 noviembre 2013

LOURDES RODICIO

Artista ourensá que está especializada no traballo de esmaltes en frío.

05 noviembre 2013

MARÍA FERNÁNDEZ GRACIA

María Fernández é unha artista ourensá especializada no traballo de estaño repuxado. Expuso en diferentes lugares de Galicia e Ourense.

04 noviembre 2013

ABADESAS DE TRIVES

O mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives aparece ben documentado como centro dirixido exclusivamente por mulleres a partir de 1175. Dende aquela e até comezos do século XVI, sucedéronse no cargo diversas abadesas –a maioría elixidas entre as relixiosas do propio cenobio e algunhas tras desempeñar o cargo de prioresas– que levaron a cabo un conxunto de actuacións que lle permitiron á comunidade afianzarse sobre a súa contorna, trazando unha ampla e complexa rede de relacións socioeconómicas e de poder.
Máis alá da vida no claustro e das prácticas relixiosas ás que as obrigaba a elección ou a imposición por parte das súas familias do ingreso no mosteiro, as abadesas tiveron unha ampla proxección pública ao converterse nas reitoras do conxunto de monxas –entre 18 e 6 segundo as épocas– que residían nas dependencias monásticas. Consecuentemente, eran as encargadas de velar polo benestar espiritual e material daquelas. Iso esixíalles, en primeiro lugar, actuar conforme á súa condición relixiosa para servir de modelo de perfección ao conxunto da comunidade e dos fieis. De feito, parece que as abadesas de Trives mantiveron unha disciplina rigorosa, non recibindo acusacións de libertinaxe similares ás dirixidas, no contexto da reforma dos mosteiros femininos galegos de finais da Idade Media, contra dona Constanza Vázquez de Somoza, abadesa de San Xillao de Lobios, da que se dicía que era manceba pública de clérigos e leigos, que tiña fillos e que consentía comportamentos similares ás monxas do mosteiro. 
Ademais de ser un referente espiritual –o que derivou na concesión de diversas doazóns e mandas testamentarias de particulares a favor do mosteiro–, as abadesas de Trives convertéronse en señoras de terras e vasalos, en definitiva, en auténticas señoras feudais. Gran parte da documentación conservada sobre elas é de carácter económico e responde á realización de aforamentos, compravendas ou permutas, é dicir, actos xurídicos que revelan o interese e capacidade de actuación destas mulleres en prol da obtención dunha serie de propiedades coas que conformar e asentar o dominio monástico, así como a vontade de procurar as rendas necesarias para o sustento material da comunidade. Especial dinamismo mostra nese sentido o século XIII, cando os foros, que constitúen a metade da documentación conservada para ese período, permiten ver a cesión do dominio útil das propiedades monásticas a diversos particulares –fosen homes, mulleres ou parellas– a cambio dunha serie de rendas –segundo o momento e os casos podían ser en especie ou en diñeiro– que se vían acompañadas moitas veces polo recoñecemento do vínculo de vasalaxe e a obriga de coidar ou incluso reparar os bens aforados. Habitualmente eran contratos de longa duración, por varias voces ou amigos, que afectaban a viñas, montes e sobre todo a casais, que podían aforarse completos ou só partes deles debido á reiterada fragmentación que experimentaba a propiedade ante as divisións hereditarias. As abadesas, e noutros casos as prioresas ou outras monxas, podían actuar per se ou a través de procuradores ou procuradoras e as súas xestións, tanto no relativo ás propiedades persoais como ás comunitarias, parece que non foron desacertadas. De feito, mentres a crise baixomedieval se viu incrementada en moitos mosteiros femininos polos abusos dos encomendeiros e as malas actuacións das súas superioras, as abadesas de Sobrado do século XV, ademais de lonxevas, souberon loitar contra as dificultades a través de diferentes medidas que lles permitiron manter unha economía monástica suficientemente saneada. 

A procedencia aristocrática dalgunhas abadesas de Trives contribúe a explicar en parte a súa capacidade de influencia sobre os diferentes axentes sociais cos que o mosteiro estableceu relacións. Precisamente, diversas abadesas actuaron acompañadas polos seus familiares en actos xurídicos relacionados co mosteiro, sobre todo nos primeiros tempos e até ben avanzado o século XIII. Foi o caso de María Sánchez, quen en 1189 declaraba actuar nun foro cum omnibus parentibus meis; o de dona Teresa Fernández, emparentada con don Rodrigo Fernández, tenente de Trives e Caldelas, que en 1233 actuou cum toto convento et cum clericis et cum militibus; ou tamén o de dona Marina Rodríguez, quen outorgou un foro en 1264 en sembra con meu sobrino Fernan Martinez, cavaleyro. Outra abadesa de procedencia aristocrática foi dona María Vázquez, filla de Xoán Afonso de Sanabria e de dona Beatriz de Sober. Antes de ser abadesa de Trives fora freira no mosteiro lucense de Santa María a Nova, ao que doou en 1389 os bens que tiña na terra de Lemos por herdanza da súa nai e dos seus irmáns. Grazas á súa xestión e ás doazóns de diversos membros da nobreza, pasou ao mosteiro de Sobrado o couto de Paredes, o que amosa a importancia das relacións establecidas entre a aristocracia e os mosteiros rexidos por mulleres. Esta mesma abadesa aforoulle a Álvaro Fernández, clérigo, sobriño seu e criado do mosteiro, diversos bens, ao igual que a súa predecesora lle doara, en 1382, un conxunto de propiedades á súa sobriña Inés López, filla de Lopo Rodríguez de Lor.
O mantemento das relacións familiares ao longo da vida das relixiosas constátase de forma especial nos testamentos conservados, caso do da abadesa dona Urraca Pérez, quen, en 1280, pediu a Gonçalvo Yanes de Rovreda, meu parente et meu amigo, que amparase e defendese o mosteiro. Esta mesma abadesa legoulle á súa compañeira touquinegra María Iohanis a súa colcha cardea (…), mias contas e a mi maiastade que trouxera de San Xoán da Cova, o que confirma non só a mobilidade das relixiosas dunha institución a outra, senón tamén a creación de fortes lazos de amizade entre as freiras. Ademais, dona Urraca tamén deixou uns bens para Maria Perez, mia hermaa touquinegra de San Fiz. Daquela, comprobamos que o ingreso en relixión supuña a reordenación das relacións sociais das mulleres chamadas a converterse nun futuro en abadesas, mais, dende logo, non implicaba de ningún xeito o seu illamento do mundo. 

De todos os modos, as relacións sociais das abadesas non se limitaron nin aos seus familiares nin ao conxunto de relixiosas da comunidade. Na documentación de Sobrado de Trives é habitual a asociación das monxas cun amplo número de clérigos que, ben actuando en nome do mosteiro ou ben confirmando os documentos das freiras, tiveron un papel esencial na proxección exterior do poder das abadesas. Noutros casos os documentos aparecen outorgados por estas non só co acordo do resto das relixiosas senón tamén de omnis clericis meis, o que revela un papel esencial destes homes na vida monástica. Supeditados ás abadesas, os clérigos responsabilizáronse da cura de almas das igrexas pertencentes ao mosteiro, ademais de actuar ás veces como notarios ou procuradores, contribuíndo á xestión do patrimonio monástico. Ao mesmo tempo, semella que algunhas abadesas tiveron capeláns e mordomos propios, do mesmo xeito que baixo a súa dependencia traballaban diversos servidores do mosteiro, tanto homes coma mulleres. Eran os mançebos e mançebas, os omes da abadesa ou os encargados de traballos especializados.
A proxección social das abadesas de Sobrado sobre a contorna viuse fortalecida de forma especial grazas á concesión do couto xurisdicional en 1228 por parte do rei Afonso IX, confirmado posteriormente por Sancho IV e Xoán I. O favor rexio permitiulles obter o poder político sobre un espazo perfectamente delimitado, no que pasaron a exercer competencias señoriais. Nese labor e no desexo de facer valer os seus dereitos, destacou a abadesa dona Sancha Rodríguez, ao non dubidar en preitear ante a xustiza e ante o rei contra os veciños de Pareisás e tamén contra o concello da Pobra de Trives, cando trataron de cuestionar os seus dereitos e privilexios, ademais de invadir o couto monástico a finais do século XIII. Así mesmo, nos tempos desta abadesa realizouse unha expresiva carta de vasalaxe, concretamente en 1287, pola que omes e mulleres, todos foreiros de Sobrado, prometemos e outorgamos de ser boos vasalos e leaes e obidientes ao moesteyro(…) e abadessa a cambio de recibir o amparo e a defensa de dona Sancha e do resto das relixiosas. 

O conxunto de relacións económicas, sociais, relixiosas e políticas que trazaron as abadesas de Trives explica o funcionamento do mosteiro ao longo da Idade Media e tamén un dos últimos episodios vividos no cenobio antes de perder a súa independencia. No contexto da reforma monástica promovida polos Reis Católicos, houbo unha ampla oposición das relixiosas a aceptar a orde de que todas as monxas bieitas de Galicia se reunisen no mosteiro compostelán de San Paio de Antealtares. Entre elas destacou a abadesa de Sobrado de Trives, quen se encastelou no mosteiro en 1499, impedindo a visita do reformador frei Rodrigo de Valencia a causa de mucha gente armada que en dicho monasterio estaba a favor de la abadesa. Dona Inés García de Lousada, documentada como abadesa até 1504 aproximadamente, era apoiada polos seus. Sen dúbida, as relacións tecidas ao longo dos séculos polas súas predecesoras son as que permiten comprender o ascendente que tiñan as abadesas de Trives sobre as xentes da contorna, así como o apoio recibido na súa resistencia á reforma. Nese sentido, dona Inés de Quiroga, a última abadesa de Sobrado, continuou coa rebeldía da súa homónima e decidiu preitear ante Roma, conseguiu manterse á cabeza do mosteiro até que, en 1528, chegou a un acordo polo que renunciou ao seu cargo a cambio de quedar en Trives en descargo de su conciencia cunha renda vitalicia de 15 000 marabedís anuais, como se establecera nun acordo inicial en 1514.
En síntese, as abadesas do mosteiro feminino de San Salvador de Sobrado de Trives, entre as que atopamos a María Sánchez, María Martínez, Teresa Fernández, Marina Rodríguez, Urraca Pérez, Sancha Rodríguez, Maior Arias, Maior Pérez, Elvira Fernández, Aldonza Pérez, Constanza Pérez, María Vázquez de Sanabria, María Sánchez, Inés García de Lousada e Inés de Quiroga, foron mulleres que exerceron o poder público, económico, social e espiritual ao longo da Idade Media. Grazas ás amplas redes que foron tecendo ao seu redor dende o punto de vista individual e institucional, lograron unha ampla proxección sobre as xentes e os espazos da contorna, o que lles permitiu afianzar progresivamente o seu poder, autoridade e influencia sobre a sociedade medieval. 

Autor/a da biobibliografía: Miguel García-Fernández
Vid: Cultura galega

CACHA RODICIO

Ourense segue a ser unha das cidades culturais por excelencia, non en van chamóuselle a Atenas galega. Na cidade prolifera a arte e os artistas. Hoxe dedicámoslle un anaco a artesá Cacha Rodicio que está especializada no traballo de estaño repuxado e que realizou interesantes exposicións en Ourense.

03 noviembre 2013

SULA REPANI

Sula Repani naceu en Atenas, en 1959, de pais procedentes da illa de Lesvos  pero leva moitos anos en Ourense, por tal motivo, podemos considerala dentro do elenco das nosas mulleres ourensás. Estudou na Escola Superior de Belas Artes de Atenas, realizando nos dous últimos anos na mesma Escola un ciclo de pintura bizantina e ao fresco. En 1986 veu a España como bolseira do Estado grego para facer estudos de posgrao. Desde esa data vive en Galicia, afincándose en Ourense. A súa obra atópase en coleccións privadas de Grecia, España, Bélxica, Gran Bretaña e outros países europeos, Nova Zelanda e Estados Unidos. A súa obra tamén se atopa en espazos e edificios públicos de Galicia e Madrid.
Vid: La pasión griega

25 octubre 2013

PILAR SIDAROL

Un traballo moi interesante elaborado pola Biblioteca Nacional de España céntrase nas Impresoras españolas dos séculos XVI ao XIX. Quérese poñer en valor o papel da muller no mundo do libro. A maioría delas eran viúvas ou fillos de impresores e que herdaron o negocio familiar. Por este motivo, e por non figurar máis que nos pés de imprenta e pola escasa consideración social, apenas son recoñecidas.
O traballo ben merece unha visualización pois resaltan que o rol da muller nas imprentas foi máis activo do que puidera parecer non só imprimindo libros senón difundido ideas.

O caso que nos ocupa agora é do de Pilar Sidarol. Pilar era ourensá e estaba casada con Pedro Lozano. Pedro Lozano era rexente da imprenta ourensá que era propiedade de Don Francisco Luís Compañel que era de Santiago e que, tras falecer, quedou como encargada do seu negocio a súa dona e os seus fillos que viñeron para Ourense onde permaneceron tan só un ano.  Pero Pedro Lozano  faise co negocio da viúva de Compañel adquirindo tamén a imprenta que tiñan en Santiago. Da súa imprenta sairá o Boletín Eclesiástico, o periódico a Lira del Miño, o Boletín Oficial de Bens Nacionais, etc. Tras a morte do impresor queda a súa viúva ao cargo da imprenta durante os anos 1863 a 1885 e no 1900 pasará a chamarse Fillos de Lozano.

Aínda que non consignemos máis da vida de Pilar Sidarol, bo é lembrar o seu nome  e o papel que desempeñou na difusión das publicacións periódicas da nosa cidade.
Vid: Memoria acerca de la imprenta y el periodismo en la provincia de Orense. Boletín nº 207-208 - (Carré Aldao, Eugenio.)
Vid: Biblioteca Nacional: http://www.bne.es/es/Micrositios/Guias/MujeresImpresoras/Introduccion/


16 octubre 2013

OLIMPIA VALENCIA (Entrevista na Revista Estampa)



Incorporo este día un documento que me enviou o meu amigo Javier Torres, grande estudioso e entusiasta investigador, que atopou na Hemeroteca Dixital Hispánica. Trátase dunha entrevista realizada a Dona Olimpia Valencia publicada na Revista Estampa con data de 1930.  Nela Olimpia fai alusión á necesidade de que a muller se forme e acceda a uns estudos e defende ás mulleres para que tenten igualar aos homes.



MENÇIA

Ben é sabido da comunidade xudea que había no século XV en Ourense e que se situarían de forma dispersa polas rúas «Plaza del Campo»,  «Rúa da Barreira», «Rúa da Carnicería», «Rúa da
Corredoira», «Rúa da Pixoteria»,  «Rúa da Praça»,  «Rúa do Canpo e Tendas»,
«Rúa dos Arcedianos», «Rúa dos Çapateiros» e a «Rúa Nova», -que foi a que contou cun maior número de xudeos e na que se localizaba a sinagoga e na que, posteriormente, tras unha normativa que obrigaba á separación da comunidade xudea se converteu na zona exclusiva dos xudeos.
Pois ben, no seu da familia do Mestre Abraao vivía Mençia que se converteu ao cristianismo o 9 de marzo de 1483. Dita conversión fixo que as autoridades ofrecesen a exención de todos os tributos e o disfrute de todos os privilexios e liberdades que posuían os rexedores da cidade a quen casase con ela.
Vid: Antonio Rubio, Mª Gloria de, "La historia de las mujeres desde el IEGPS: proyectos y resultados. El caso de las mujeres judías" en VVAA, As mulleres na historia de Galicia, Santiago, Aldavira, 2012, pp. 107-108.
Antonio Rubio, Mª Gloria de. "Distribución urbana de la minoría judía en Galicia: La judería" en http://estudiosgallegos.revistas.csic.es.



11 octubre 2013

SARA CAO VARELA

Sara Cao naceu en Ourense no ano 1919. Titulouse na carreira de Maxisterio e exerceu como mestra en varios colexios de Galicia como Lovios, Carqueixa en Sober e  nos colexios do Sagrado Corazón e San Antonio en Monforte, terra onde se afincou e onde lle dedicaron unha rúa. Destaca Sara Cao no terreo da poesía, escribindo en galego e en castelán. Caracterízase a súa poesía pola sinxeleza e a espontaneidade.
Vid e foto: La Voz de Galicia

08 octubre 2013

MARÍA EUGENIA GARRIDO FERNÁNDEZ

Naceu en Ourense no ano 1910 sendo os seus pais comerciantes da cidade. Tras realizar os estudos de secundaria matricúlase  en 1927 na carreira de Ciencias en Santiago de Compostela. Aínda que tan só consta que realizou un curso podemos destacar a súa iniciativa.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento.

30 septiembre 2013

MATILDE PEPÍN FERNÁNDEZ

Naceu en Ourense pero reside en Valencia de onde é filla adoptiva. É escritora, filósofa e historiadora. Dedícase á investigación histórica centrada na arte e no Camiño de Santiago. Ten publicacións interesantes sobre Valencia, concretamente:
Santuarios Valencianos
Pequena historia de Burjasot
Relatos cortos de Vieiragrino
La ermita de sant Roc de la Donació
Ermitas de la comunidad Valenciana
Valencia Mágica
Castellón Mágico.

En galego ten:
Contos da miña aldea

Vid: Libros de Matilde Pepín

23 septiembre 2013

LEONOR LÓPEZ PARDO

Dona Leonor foi nomeada por RO do 20 marzo de 1915 profesora de Xeografía na Normal de Ourense e o 29 de abril dese mesmo ano converteríase en Directora da mesma. Foi, polo tanto, unha das docentes que estreou a Normal de mulleres cando esta se situou na rúa do Progreso nº 23.

21 septiembre 2013

MARTA VALENCIA

Naceu en Ourense no ano 1898. Aos once anos ingresou no Instituto Provincial de Ourense onde realizaou catro cursos e posteriormente solicita certificado á Escola Normal na que se titula no ano 1917 e premiada coa matrícula de honra. No ano 1933 formará parte da plantilla de profesoras da Normal de Ourense onde imparte a materia de Lengua y Literatura.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970). A súa orixe e os seus emprazamentos. Universidade de Vigo. Servizo de publicacións. 2013.

05 agosto 2013

TAMARA FEIJÓO CID

Naceu en Ourense no ano 1982. No ano 2006 licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Posteriormente realizou os estudos de doutoramento e no 2009 obtén o diploma de Estudos Avanzados. Realizou  exposicións individuais e numerosas colectivas. A súa pintura presenta un estilo surrealista con elevado grao de expresionismo pois obsérvanse imaxes de caras humanas en simbiose con animais mariños e terrestres. Ten un grandedominio do debuxo, de aí o grande realismo das imaxes, e da cor, cunha pincelada delicada e precisa.
EXPOSICIONES INDIVIDUALES
2008 Trofeos, Sala Alterarte, Campus Universitario de Ourense.
2009 Tengo un plan secreto para conquistar el mundo, Galería Casaborne, Antequera, Málaga.
2010 Doppelgänger, Galería Estampa, Madrid.
2013 Naturalezas invasoras MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa), A Coruña.
Y a lo lejos, páramos de asceta, Galería Estampa, Madrid.
EXPOSICIONES COLECTIVAS
2004 Sin Tiempo, Sala de Exposiciones de la Facultad de Bellas Artes, Pontevedra.
2005 Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.Preguntameloami, Sala de Exposiciones de la Escuela Superior de Restauración, Pontevedra.
2006 V Certamen de Artes Plásticas Diputación de Ourense, Diputación de Ourense, Ourense. Certamen Novos Valores 2006, Museo de Pontevedra, Pontevedra.
2007 Certamen “Novos Valores”2007, Museo de Pontevedra, Pontevedra.
2008 Uno más uno multitud, Doméstico 08. El papel del artista, Madrid. GzCrea 2008 Artes Plásticas, Casa da Parra, Santiago de Compostela. I Certamen de Dibujo Contemporáneo Pilar y Andrés Centenera Jaraba, El animal que llevo dentro, Fundación Fernando Mª Centenera Jaraba, Alovera, Guadalajara. VII Certamen de Artes Plásticas Diputación de Ourense, Diputación de Ourense, Ourense. Certamen Novos Valores 2008, Museo de Pontevedra, Pontevedra. Obsevatorio Alterarte 07/08, Centro Cultural Diputación de Ourense, Ourense.Oito_artistas.gal, (exposición itinerante: -Sala de Exposiciones Ateneo Cultural “El Albéitar” de la Universidad de León, León. Centro de Arte Joven de la Comunidad de Madrid, Madrid. Maus Hábitos, Porto, Portugal)
2009 Sexto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2009, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela. (exposición itinerante: Arpía!!, Asociación Cultural Mediodía Chica, Madrid. Cociñarte 2009, Casa da Xuventude, Ourense.) Oito_artistas.gal, (exposición itinerante: Sala X, Facultad de Bellas Artes, Pontevedra. Centre Cultural La Mercé, Girona.)
2010 21 Premio Internacional de Grabado Máximo Ramos, Centro Torrente Ballester, Ferrol. Vemos o que somos / somos o que vemos, Pazo da Cultura, Pontevedra. ARTESANTANDER 2010, stand Galería Marisa Marimón, Santander. Afinidades Selectivas III, Casa Galega da Cultura, Vigo. ARTMADRID 10, stand galería Marisa Marimón, Madrid. Artificialia, Galería Marisa Marimón, Ourense.
2011 INJUVE Artes Visuales 2011, Antigua Fábrica de Tabacos, Madrid. X Certamen de Artes Plásticas Diputación de Ourense, Diputación de Ourense, Ourense. Propuestas para una colección II, Galería Marisa Marimón, Ourense. La tropa de misteriosas manos flotantes, Centro Torrente Ballester, Ferrol. Soy tan loser que ni los feos me quieren, Sala X, Facultad de BB.AA., Pontevedra. Otros Libros, Galería Estampa, Madrid. ARTMADRID 2011, stand Galería Estampa, Madrid. Que baje Dios y lo vea, Asociación Cultural Amalgama, Vigo.
2012 Itinerancias Creación Injuve 2011, Centro Cultural España-Córdoba, Córdoba, Argentina.
12 Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, A Coruña.
Soporte: Papel, Galería Marisa Marimón, Ourense.
Itinerancias Creación Injuve 2011, 
- Centro Cultural de España en Montevideo, Uruguay.
- Centro Cultural Parque de España, Rosario, Argentina.
JustMad3, stand galería Marisa Marimón, Hotel Silken Puerta de América, Madrid.
2013 Os anos circulares. Últimas tendencias da figuración en Galicia. 1994_2013, Centro Cultural Novacaixagalicia, A Coruña | Centro Cultural Novacaixagalicia, Ourense | Centro Torrente Ballester, Ferrol.
El boceto del mundo, MARCO, Vigo, Pontevedra.
BECAS Y PREMIOS
2006 Accésit V Certamen de Artes Plásticas Diputación de Ourense.
2008 Beca Certamen “Novos Valores”2008.
2009 Accésit Sexto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2009. Premio adquisición en el Certamen de Artes Plásticas “Isaac Díaz Pardo”.
2011 Beca de Creación Artística en el Extranjero Gas Natural FENOSA. Segundo premio X Certamen de Artes Plásticas Diputación de Ourense.
2012 Premio Julián Trincado en la 12 Mostra Internacional de Arte Gas Natural Fenosa.

02 agosto 2013

MARÍA TERESA DELGADO PIÑAR

Teresa Delgado Piñar (apodada cariñosamente "A Ferro") licenciouse en Filosofía e Letras e foi profesora de Latín dende os anos 40 no Insituto Otero Pedrayo. Quixen mencionala aquí pois tiven a horna de tela como profesora. Era esixente, era recta, pero era inmpecablemente respectuosa e boa profesora. Eu, con sinceridade o digo, chegueina a aprezar moito. Supoño que tivo moito que ver no eido cultural de entón pois participou co seu home, Xesús Ferro Couselo, en diferentes eventos e tivo relación coas donas doutros distinguidos ourensás como Evelina Hervella, dona de Francisco Fernández del Riego e con personaxes do eido cultural como Olga Gallego, Xaquín Lorenzo, etc.
Foto: Ourensenotempo

31 julio 2013

TERESA EIRIZ VÁZQUEZ

Os amigos do blog de mulleres ourensás envíanme suntuosa información. Esta entrada é un exemplo do que estou a dicir sendo neste caso Javier Torres quen ma ofrece. Dime que Mº Teresa Eiriz Vázquez  naceu no Barrio do Areal, Ourense,  en 1911. Estudou A.T.S en Santiago obtendo dito título. Nos anos 30 tiña carnet de primeira e chegou a conducir camións ata 1950 sendo, posiblemente, a primeira muller ourensá con estes requisitos.
Foi traballadora incansable e xamais cobrou por poñer inxeccións a quen o necesitaba e sempre axudou aos desfavorecidos.


Foi empresaria, condutora, repartidora, e ata tiña coñecementos de mecánica. Estamos pois ante unha pioneira.
Foto enviada por Javier Torres.

30 julio 2013

LAURA CAMPO

Laura Campo naceu en ourense no ano 1979 e é doutora en física aplicada pola Universidade de Vigo. Realizou unha estancia en Lovaina e tamén en Oporto e Oxford. Estuda, dende o ano 2010, a influenza das capacidades viscoelásticas do sangue en formación e ruptura dos aneurismas cerebrais.
De novo estamos a unha moza ourensá moi nova que se adentra no mundo do saber científico. Son mulleres que moven o mundo que coas súas investigacións, perfeccionan a nosa forma de vida ou tratan de mellorala.
Foto: Faro de Vigo

09 junio 2013

SILVIA PÉREZ CRUZ

Neste blog non deixamos de mencionar, pois consideramos que é meritorio, a aquelas mulleres que, sen nacer en Ourense, teñen as súas raíces aquí. e, sen dúbida, a súa historia vital pasa pola nosa provincia. Xa mencionamos a varias mulleres cuxa familia era oriúnda destas terras ourensás. Neste caso é moi interesante que se mencione a Silvia Pérez Cruz e estamos seguros que se sentirá moi honrada.
Silvia naceu en Girona no ano 1983. É neta de ourensás, concretamente, os seus avós eran de Correchouso e di textualmente:
"En mi casa se conservó durante toda la vida la costumbre de comer pulpo con cachelos en Navidad y he viajado algunas vacaciones a la aldea. Mantengo una conexión muy fuerte con Galicia y he cantado en gallego..."
Dende nena estuda solfexo, piano clásico e saxo clásico e licénciase en canto-jazz pola ESMUC. Comezou a súa traxectoria musical formando o grupo Las Migas pero logo comeza a súa carreira en solitario.
O seu estilo é moi ecléctico cun gran dominio da voz.
Silvia Cruz
La Voz de Galicia

04 mayo 2013

MARIA LUZ ÁLVAREZ VÁZQUEZ

Naceu en Ourense no ano 1934. Acadou o título de Mestra de Primeiro Ensino na Escola Normal de Mestras e logo Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago en 1958. Foi docente, dende 1963 a 1967, no Instituto de ensinanza media Rosalía de Castro de Santiago. Logo, en 1969 foi profesora na Escola de Maxisterio de Santiago.
En 1970 asistiu a un curso de perfeccionamento de frances en Niza.
Foi directora en funcións da Escola de Maxisterio desde maio a decembro de 1991.

Vid: Marco López, A e Porto Ucha, A.S. (2000). A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Normal Superior a Escola Universitaria (1849-1996). Santiago. Universidade de Santiago de Compostela. p. 244.

14 abril 2013

JOSEFA SEGOVIA MORÓN



Josefa Segovia Morón (Xaén, 1881-Madrid, 1957) Foi cofundadora co Pai Poveda da Institución Teresiana, da que foi a súa primeira Directora Xeral . Realizou  os seus estudos de Maxisterio entre 1904 e 1909 e, en 1911, iniciou os estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. Dous anos despois xa é coñecida do Pai Poveda, que lle nomeou directora da Academia para Normalistas que tiña a Institución. Tras obter a súa titulación foi profesora na Escola Normal de Ourense en 1915 onde impartiu Pedagoxía, Historia e Rudimentos de Dereito e Lexislación.
En Xaén, desde 1918 a 1923, foi Inspectora de Primeiro Ensino. Promoveu a orientación de mestres e distintas actividades escolares, cantinas, bibliotecas, mutualidades escolares e formou parte da Xunta Provincial de Alfabetización. En 1919 asumiu a Dirección do Instituto Teresiano. En 1923 viaxou a Roma para solicitar a aprobación pontificia da Institución, que obtivo en xaneiro do ano seguinte. Participou en congresos por toda España e á morte de Poveda, en 1936, asumiu total e definitivamente o goberno da Institución. Viaxou por todo o mundo para implantar a obra.



http://www.jaen.es/sociedad/jiennenses-destacados/historia-politica/josefa-segovia-moron.html

ELENA SEIJO

Actriz cofundadora de Sarabela Teatro. É licenciada en Pedagoxía e dende 1981 fórmase como atriz con importantes profesionais como Malonda, Fermín Cabal, Guillermo Heras, Jesús Aladré, Martín Adjemián, Vicente Fuentes, Fabio Mangolini, Albert Boadella, Angel Facio, etc. Traballou no Centro Dramático Galego e tamén en serie da televisión. É docente na Aula de Teatro Universitario de Ourense e coordina a MITEU.
Foi nomidada como mellor atriz en  1994, 1995, 1999, 2002, 2004 y 2005. E premiada á mellor actriz galega de reparto en 1995, na obra CAMA de Sarabela Teatro, e, no ano 2002 á mellor actriz galega protagonista en SEGISMUNDA de Sarabela Teatro.
Vid: Sarabela


01 abril 2013

CARLOTA BARROETA-ALDAMAR

Segundo a lectura do estudo realizado por Francisco García Sánchez atopamos a referencia desta muller. Carlota Barroeta Aldamar era a consorte do marquesado de Trives casada co marqués Nicanor Alvarado Casanova, froito deste matrimonio naceu Jacinta Alvarado e Barroeta-Aldamar a que sería segunda marquesa de Trives. Carlota tivo un importante papel como impulsora de iniciativas de carácter cultural, sentíndose unida á problemática de Trives. Cando falece o seu home ela continúa as iniciativas que o defunto marqués deseñara, isto é, continúa a loita que mantivera Nicanor para lograr que o ferrocarril pasara pola vila. Posteriormente esta preocupación tamén pasou ser da súa filla Carlota pero tampouco tivo éxito.
Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexenio á II República (1868-1939)", Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 53.

23 marzo 2013

CONCEPCIÓN CORRAL SEQUEIROS

Concepción naceu en Ribadavia no ano 1900. Os seus pais tiveran 17 fillos pero, como era natural naqueles tempos, morreron nos primeiros anos de vida. Concepción trasládase a Vigo cando tiña 18 anos. Aos poucos anos casa polo civil con Enrique Blein Budiño, quen sería anos despois o primeiro alcalde da segunda república. Mentras seu marido taballaba na ferretería que tiña na rúa Carral, Concepción dedicásese a atender aos 7 fillos. Co levantamento fascista, Blein é buscado e detido.
Mentres o seu marido era condenado a morte e agonizaba dun cancro terminal, detíñana, humillábana e expropiábanlle as propiedades da rúa Carral. Foi retida na prisión de Vigo, sen ningun tipo de xuízo dende setembro de 1936, ata marzo de 1937. Estaba inculpada por “Vexación á bandeira”, fora denunciada por outra muller vencellada o fascismo. Ao saír encontrose sen diñeiro e cunha familia numerosa. Foron nun principio os consules de Uruguai e os EEUU - amigos anteriores do seu marido- quen solidariamente achegábanlle paquetes con comida para alimentar á familia. Logo seria Julia unha das súas fillas a que comezaría a traballar na Farmacia de Rubira na rúa Colón, mantendo desta maneira á familia. Foi despedida do seu traballo, ao descubrir quen era, un dos propietarios, o que levaba o nome da Farmacia, despediuna dicíndolle “que alí non podía traballar a filla dun roxo.
Vid: Castro, A.Mª, A batalla das Mulleres Galegas, Trymar, Vigo, 2008.

17 marzo 2013

LEONOR BOSCOSSI Y TARK

Mestra de orixe francesa que chega a Trives a  finais do século XIX onde exercerá a súa profesión. Será a segunda muller de Pedro Ancochea Cónsul. Tiveron dous fillos. Un deles, Eudemino Ancochea Boscossi formará parte da intelectualidade local e leva a cabo a iniciativa de crear o colexio de Los Hermanos de las Escuelas Cristianas en 1908. No ano 1924, por iniciativa de Eudemio construirase un novo edificio docente que levaría por nome Santa Leonor en horna da súa nai.
Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexeion á II República (1868-1939)" en Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Ourense, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 46.

03 marzo 2013

MARÍA MARTINÓN TORRES

Ourensá licenciada e doutora en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do equipo de investigadores de Atapuerca e é responsable, tamén do grupo de Antropoloxía Dental do Centro Nacional sobre Investigación Humana. (CENIEH) cuxo director é José Bermúdez de Castro . Na súa tese apuntaba a seguinte hipótese: que a orixe dos homínidos europeos non era africano senón asiático. Esta afirmación supuxo un replanteamento da teoría ata agora defendida que era a de que o ser humano europeo e asiático procedían ambos os dous dos africanos. Chegou a esta conclusión tras estudar diversos fósiles de Asia e comparalos cos do mencionado xacemento, lugar no que se atopan o 95 por cento dos fósiles do Pleistoceno inferior e medio, e observar que se parecen máis entre si que aos africanos'.
Esta nova teoría está sendo revisada exhaustivamente por todo o equipo e non a atopan desenscamiñada. Se é así, podemos dicir que María Martinón fixo historia.
Publicou artigos especializados a nivel internacional sobre a paleobiología e paleopatología de homínidos e impartiu conferencias, participado en foros científicos ou participado en proxectos de investigación en países como EEUU, Brasil, Sudáfrica, Francia ou China. Dirixe ou dirixiu varias teses ou tesinas. Desde 2007, é responsable da liña de investigación en antropoloxía dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH, Burgos) e editora asociada do Journal of Human Evolution.
Vid: La Región
Fundación Barrié (información e Foto)

RUTH GARCÍA

Ruth García naceu en Ourense no ano 1976. É licenciada en Física e encamiñouse á Alemaña para realizar a súa Tese de doutoramento. Está especializada na óptica cuántica, un campo que descubriu mentres estudaba a carreira en Ourense  grazas ao catedrático Humberto Michinel. 
Na Universidade de Kaiserslautern tivo que formarse durante o primeiro ano para que a aceptasen e pasar moitas horas no laboratorio.
Tanto esforzo tivo a súa recompensa e ofrecéronlle unha praza no Instituto de Física de Mainz, onde imparte clases e lidera os seus propios proxectos de investigación dentro do departamento de Física Atómica e Molecular. Os seus traballos actuais céntranse na produción de fibras ópticas cun diámetro máis pequeno que a lonxitude de onda da luz para estudar a interacción entre esta e a materia. 
Nos seus experimentos utilizan moléculas que colocan dentro da fibra óptica ou atrapan ao redor dela átomos arrefriados con láser até alcanzar temperaturas moi próximas ao cero absoluto.

02 marzo 2013

MARISA CALVO

Actriz de teatro. Muller ourensá que deu todo polo Teatro. Foi pioneira no teatro ourensá. Desenvolveu a súa actividade en grupos como Histrión 70 ou Valle Inclán. No Certame da Miteu de 2011 recibiu o premio de honra por ser actriz pioneira.
Vid: La Voz de Galicia

ANTOÑITA AMOR

Podemos considerar a Antoñita Amor como a muller que encabezou o grupo denominado As Margaritas en Ourense. Este grupo, xunto coa Sección Feminina de Falanxe, serán as protagnistas da mobilización feminina contrarrevolucionaria nos anos finais da Segunda Republica. Formaban este grupo mulleres que se converteron en canles de comunicación de Falanxe coa dirección nacional e as irmás, fillas e noivas dos militantes encadeados visitaban presos, recadaban auxilios e enfrontábanse aos "marxistas".
Vid: Prada, J. "O Activismo feminino conservador no primeiro terzo do século XX", en Prada, J. e Juana, J. de, (Dir.)As mulleres en Galicia no século XX,  Vigo, Ir Indo, 2011, pp. 108-109.

11 febrero 2013

MODESTA VÁZQUEZ

Modesta Vázquez foi a muller de Curros Enríquez. Casaron no ano 1871. Ela era filla dun Maxistrado. Tiveron tres fillos dos que só sobreviviu un deles. Parece ser que entre Modesta e Curros non había gran harmonía e compenetración sendo un matrimonio máis ben frío. Modesta falece en Madrid no ano 1929.
Vid: Landeira, R., La saudade en el Renacimiento de la cultura gallega, Galaxia, Vigo, p. 139.
Foto: http://www.egu.es/egu/html/index.php?op=ver&id=42963&pantalla=efemeride

PETRA ENRÍQUEZ NOGUEIRA

É necesario salientar a aquelas mulleres que tiveron a fortuna de educar e formar a grandes persoeiros da cultura galega e por ende, ourensá. Estamos a referirnos neste caso a Petra Enríquez Nogueira que era a nai de Curros Enríquez. Esta muller era natural de Vilanova dos Infantes e casou con Xosé María Curros Vázquez. De todos e todas é coñecida a relación tensa entre o fillo e o pai, relación que provocou que Curros marchase da súa casa. Podemos, entón, intuír a pena e tristura que viviría Petra. Non obstante, ela soubo do cariño que lle tiña Curros como así o demostrou en poemas diversos e ben orgullosa que estaría da traxectoria intelectual e brillante do seu fillo.




Na morte da miña nai
Doce melancolía, miña musa,
do meu espírito noiva feiticieira,
¡déixame que hoxe no teu colo durma
sono de pedra!
Nunca, reiciña, nunca como agora
falla fixéronme os teus bicos mornos:
choveu por min chuvia de sangue e traio
frío nos ósos.
Quéntame ti, que tiritando veño,
ti, que do peito curas as feridas,
¡amiga xenerosa dos que sofren,
melancolía!
Tope miña alma, á sombra dos ciprestes
que os tristes ermos das túas illas cobren,
o esquecemento que en ningures acho
prás miñas dores.
Fai que ó rumor dos teus regueiros brando
se adormezan meus tristes pensamentos.
¡Son un orfo! Agarímame ao teu colo...
¡Xa outro non teño!
Xa outro non teño en que pousar a fronte
polas enrugas do pesar sulcada,
xa outro non teño que a amargura enxugue
das miñas bágoas!
Nai, adorada nai, martir escura,
branca pombiña, aruladora e tenra,
ai, se souberas como me deixabas...
ai, non morreras.
Dende que te perdín, a terra, o ceo,
todo é pra min da mesma cor da morte.
O sol non me alumea, nin os campos
pra min tén flores.
Cal sobre os condenados a pauliña
caíu sobre miña alma eterno loito;
todo me amarga, astra o aire que respiro;
dáname todo.
Do corazón fuxiume esa alegría
que é nas flores aroma e vos nos páxaros,
e andan por dentro do meu peito os corvos
arrevoando.
¡Como recordo aquelas noites claras
en que ó fulgor da prateada lúa
me arrolabas o sono, dos teus cantos
coa doce música!
¡Como recordo aqueles tardes tristes
en que os tronos sentindo, rezabamos
por que Dios leve ós probes mariñeiros
a porto salvo:
Polos necesitados camiñantes,
polos vellos sen pan e sen abrigo,
polos nenos sen pai..., abandonados
coma os teus fillos!
¡Ai! Eu tamén rezar quixera agora
por ti, de tanto amor en xusto pago;
mais dende que te fuches, miña rula,
¡teño un cansacio!
Melancolía, musa dos doentes,
do meus espírito noiva feiticeira
¡déixame que hoxe no teu colo
durma sono de pedra!

Vid: Galicia espallada

05 febrero 2013

MARÍA FERNÁNDEZ REY

María naceu en Armariz en 1884. O seu pai era médico pero ela quixo ser mestra. En 1908, cando tiña vintecatro anos, ingresou no Instituto Provincial para estudar maxisterio.Realiza os tres cursos, un por oficial e dous por libre e aproba as 20 materias nas que se matriculou. Logo trasládase á Escola Normal de Ávila.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento, publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, versión CD, 2001.

27 enero 2013

MANUELA FERREIRO BOUZAS

Manuela Ferreiro Bouzas naceu en Baños de Molgas no ano 1876. É unha das primeiras mulleres que realizan os estudos de Maxisterio no Instituto Provincial de Ourense, onde ingresa no ano 1905 cando tiña 29 anos. Os estudos realízaos por libre aprobando todas as materias.
No expediente non constan datos familiares.
Vid: Cid Galante, R.Mª, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, formato CD. 2011.