Etiquetas

23 marzo 2013

CONCEPCIÓN CORRAL SEQUEIROS

Concepción naceu en Ribadavia no ano 1900. Os seus pais tiveran 17 fillos pero, como era natural naqueles tempos, morreron nos primeiros anos de vida. Concepción trasládase a Vigo cando tiña 18 anos. Aos poucos anos casa polo civil con Enrique Blein Budiño, quen sería anos despois o primeiro alcalde da segunda república. Mentras seu marido taballaba na ferretería que tiña na rúa Carral, Concepción dedicásese a atender aos 7 fillos. Co levantamento fascista, Blein é buscado e detido.
Mentres o seu marido era condenado a morte e agonizaba dun cancro terminal, detíñana, humillábana e expropiábanlle as propiedades da rúa Carral. Foi retida na prisión de Vigo, sen ningun tipo de xuízo dende setembro de 1936, ata marzo de 1937. Estaba inculpada por “Vexación á bandeira”, fora denunciada por outra muller vencellada o fascismo. Ao saír encontrose sen diñeiro e cunha familia numerosa. Foron nun principio os consules de Uruguai e os EEUU - amigos anteriores do seu marido- quen solidariamente achegábanlle paquetes con comida para alimentar á familia. Logo seria Julia unha das súas fillas a que comezaría a traballar na Farmacia de Rubira na rúa Colón, mantendo desta maneira á familia. Foi despedida do seu traballo, ao descubrir quen era, un dos propietarios, o que levaba o nome da Farmacia, despediuna dicíndolle “que alí non podía traballar a filla dun roxo.
Vid: Castro, A.Mª, A batalla das Mulleres Galegas, Trymar, Vigo, 2008.

17 marzo 2013

LEONOR BOSCOSSI Y TARK

Mestra de orixe francesa que chega a Trives a  finais do século XIX onde exercerá a súa profesión. Será a segunda muller de Pedro Ancochea Cónsul. Tiveron dous fillos. Un deles, Eudemino Ancochea Boscossi formará parte da intelectualidade local e leva a cabo a iniciativa de crear o colexio de Los Hermanos de las Escuelas Cristianas en 1908. No ano 1924, por iniciativa de Eudemio construirase un novo edificio docente que levaría por nome Santa Leonor en horna da súa nai.
Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexeion á II República (1868-1939)" en Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Ourense, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 46.

03 marzo 2013

MARÍA MARTINÓN TORRES

Ourensá licenciada e doutora en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do equipo de investigadores de Atapuerca e é responsable, tamén do grupo de Antropoloxía Dental do Centro Nacional sobre Investigación Humana. (CENIEH) cuxo director é José Bermúdez de Castro . Na súa tese apuntaba a seguinte hipótese: que a orixe dos homínidos europeos non era africano senón asiático. Esta afirmación supuxo un replanteamento da teoría ata agora defendida que era a de que o ser humano europeo e asiático procedían ambos os dous dos africanos. Chegou a esta conclusión tras estudar diversos fósiles de Asia e comparalos cos do mencionado xacemento, lugar no que se atopan o 95 por cento dos fósiles do Pleistoceno inferior e medio, e observar que se parecen máis entre si que aos africanos'.
Esta nova teoría está sendo revisada exhaustivamente por todo o equipo e non a atopan desenscamiñada. Se é así, podemos dicir que María Martinón fixo historia.
Publicou artigos especializados a nivel internacional sobre a paleobiología e paleopatología de homínidos e impartiu conferencias, participado en foros científicos ou participado en proxectos de investigación en países como EEUU, Brasil, Sudáfrica, Francia ou China. Dirixe ou dirixiu varias teses ou tesinas. Desde 2007, é responsable da liña de investigación en antropoloxía dental do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH, Burgos) e editora asociada do Journal of Human Evolution.
Vid: La Región
Fundación Barrié (información e Foto)

RUTH GARCÍA

Ruth García naceu en Ourense no ano 1976. É licenciada en Física e encamiñouse á Alemaña para realizar a súa Tese de doutoramento. Está especializada na óptica cuántica, un campo que descubriu mentres estudaba a carreira en Ourense  grazas ao catedrático Humberto Michinel. 
Na Universidade de Kaiserslautern tivo que formarse durante o primeiro ano para que a aceptasen e pasar moitas horas no laboratorio.
Tanto esforzo tivo a súa recompensa e ofrecéronlle unha praza no Instituto de Física de Mainz, onde imparte clases e lidera os seus propios proxectos de investigación dentro do departamento de Física Atómica e Molecular. Os seus traballos actuais céntranse na produción de fibras ópticas cun diámetro máis pequeno que a lonxitude de onda da luz para estudar a interacción entre esta e a materia. 
Nos seus experimentos utilizan moléculas que colocan dentro da fibra óptica ou atrapan ao redor dela átomos arrefriados con láser até alcanzar temperaturas moi próximas ao cero absoluto.

02 marzo 2013

MARISA CALVO

Actriz de teatro. Muller ourensá que deu todo polo Teatro. Foi pioneira no teatro ourensá. Desenvolveu a súa actividade en grupos como Histrión 70 ou Valle Inclán. No Certame da Miteu de 2011 recibiu o premio de honra por ser actriz pioneira.
Vid: La Voz de Galicia

ANTOÑITA AMOR

Podemos considerar a Antoñita Amor como a muller que encabezou o grupo denominado As Margaritas en Ourense. Este grupo, xunto coa Sección Feminina de Falanxe, serán as protagnistas da mobilización feminina contrarrevolucionaria nos anos finais da Segunda Republica. Formaban este grupo mulleres que se converteron en canles de comunicación de Falanxe coa dirección nacional e as irmás, fillas e noivas dos militantes encadeados visitaban presos, recadaban auxilios e enfrontábanse aos "marxistas".
Vid: Prada, J. "O Activismo feminino conservador no primeiro terzo do século XX", en Prada, J. e Juana, J. de, (Dir.)As mulleres en Galicia no século XX,  Vigo, Ir Indo, 2011, pp. 108-109.