Etiquetas

31 julio 2013

TERESA EIRIZ VÁZQUEZ

Os amigos do blog de mulleres ourensás envíanme suntuosa información. Esta entrada é un exemplo do que estou a dicir sendo neste caso Javier Torres quen ma ofrece. Dime que Mº Teresa Eiriz Vázquez  naceu no Barrio do Areal, Ourense,  en 1911. Estudou A.T.S en Santiago obtendo dito título. Nos anos 30 tiña carnet de primeira e chegou a conducir camións ata 1950 sendo, posiblemente, a primeira muller ourensá con estes requisitos.
Foi traballadora incansable e xamais cobrou por poñer inxeccións a quen o necesitaba e sempre axudou aos desfavorecidos.


Foi empresaria, condutora, repartidora, e ata tiña coñecementos de mecánica. Estamos pois ante unha pioneira.
Foto enviada por Javier Torres.

30 julio 2013

LAURA CAMPO

Laura Campo naceu en ourense no ano 1979 e é doutora en física aplicada pola Universidade de Vigo. Realizou unha estancia en Lovaina e tamén en Oporto e Oxford. Estuda, dende o ano 2010, a influenza das capacidades viscoelásticas do sangue en formación e ruptura dos aneurismas cerebrais.
De novo estamos a unha moza ourensá moi nova que se adentra no mundo do saber científico. Son mulleres que moven o mundo que coas súas investigacións, perfeccionan a nosa forma de vida ou tratan de mellorala.
Foto: Faro de Vigo