Etiquetas

25 enero 2014

ESTHER SANTÁS

Esther Santás (Ourense, 1951) comezou a súa dedicación profesional á fotografía no ano 1990. Desde entón, a súa obra foi exposta en mostras individuais e colectivas de galerías e centros de arte de León, onde vive, e outras cidades españolas. Presidiu e pertence ao colectivo de fotógrafos leoneses Focus. O seu traballo, polo que recibiu numerosos premios, foi publicado en diversos catálogos e revistas.
Vid: Fundación Giner

19 enero 2014

ENRIQUETA IGLESIAS MEANA

Enriqueta "La Camarada" naceu en Maceda e aos 25 anos foi detida  nos anos corenta por non delatar ao seu home. Foi xulgada en Ourense e condeada a seis anos de prisión.  Cando o réxime establece unha política de redución de poboación penitenciaria, a Lei de 4 de xuño de 1940 vai permitir a aplicaciónd e liberdades condicionais para as presas con condeas inferiores a seis anos e un día, sempre que tivesen demostrado a súa corrección e contasen con informes favorables. Pero isto resultaba difícil de cumprir e, concretamente, o Comandante da Garda Civil de Maceda recomendou a denegación da solicitude de liberdade condicional para Enriqueta Iglesias por, segundo as súas palabras, "propagandista de ideología muy comunista cuya presencia sería muy peligrosa para el Movimiento". Tras este informe Enriqueta non foi liberada senón trasladada ao penal de Santurrarán.

Vid: Nomes e voces , tamén Foto de Nomes e Voces
Martíns Rodríguez, María Victoria, "A represión franquista sobre as mulleres" en Juana, Jesús e Prada, Julio, As mulleres en Galicia no século XX , Vigo, Ir Indo, p. 166.

03 enero 2014

MARÍA JESÚS GONZÁLEZ VÁZQUEZ

María Jesús González nace en Ourense onde vive na actualidade aínda que gran parte da súa vida transcorreu en Madrid.
Pedagoga, articulista e conferenciante, publicou temas de Educación, Opinión e Xénero en revistas como Cadernos para o Diálogo, Intento, Xénero e Educación (Revista Iberoamericana) e diversos medios convencionais e digitales, así como dous libros de Narrativa: Coincidimos un tempo(2003) e Praceres Recuperados(2006).colaborou como representante de Galicia no libro didáctico de Poesía Mapa infantil para un Xogo de Damas(2009).Algúns dos seus textos aparecen seleccionados en cadernos didácticos para o profesorado de Lingua Española(Recursos Oxford de Educación) e en tres ocasiones obtivo o premi ou ?8 de Marzo? de relatos de mulleres.
Profesora de Pedagogía, Directora dun centro cultural, a autora desenvolveu unha intensa actividade no Movemento Asociativo e foi Presidenta da Federación de Mulleres Progresistas de Madrid da que foi cofundadora.

Vid: Placeres recuperados

02 enero 2014

MARÍA DOLORES ALONSO REVERTER

Polo ano 1975 organizouse en Ourense o MDM (Movemento Democrático de Mujeres). Tal iniciativa veu da man de dúas mulleres enviadas polo PCE: Dona Charo Gutiérrez que era arquitecta e chegaba dende Madrid e Marta Marroquí, andaluza. Estas dúas mulleres tiveron o primeiro contacto con Dona María Dolores Alonso Reverter, que aínda que non pertencía ao Partido Comunista, coñecíana. Entre as tres organizaron un grupo inicial que se reunía no piso do edificio da Torre. Nesas reunións acordaban a maioría das súas accións nun momento e nunha conxuntura onde a represión era moi forte. Segundo contaba María Alonso Reverter:

"Es el Partido Comunista, pues entonces dijeron: una forma de allegarse a las mujeres, y entonces algunas mujeres del partido dijeron pues vais a trabajar con las mujeres y se fundó el Movimiento Democrático de Mujeres. Entonces aquí debió de ser sobre el 75...Fueron mujeres del partido que se lo encargaron: una Charo Gutiérrez, que era arquitecta que acababa de llegar de Madrid, muy joven, y después otra, Marta Marroquí, andaluza, que era compañera de Abuín, un histórico de Comisiones...Y bueno entonces, primero el primer contacto, yo entonces no pertenecía al partido, me conocían (...) y vinieron, hablaron conmigo...Ya venían varias y como además eran todas amigas pues les dije que sí"

Vid: Álvarez Gómez, Mº Concepción, "As mulleres no tardofranquismo e a transición democrática" en Prada, J e Juana, J., As mullers en Galicia no século XX, Vigo, Ir Indo, 2011, p. 245.