Etiquetas

25 febrero 2014

HERMESINDA VIEYTES ALONSO



De Hermesinda fálanos o incansable investigador Rafael Salgado no seu marabilloso blog de Ourense no tempo da que di que tivo o gusto de coñecela. Cóntanos que Hermesinda Vieytes naceu en Medeiros (Monterrey-Verín) no ano 1909. Estudou a carreira de Maxisterio e tivo escola en Bande, Laza, Veigamuíños...Pero, a parte disto, Hermesinda destaca pola súa poesía. Escribiu poemarios, un titulado "Dende o Xardoal" e "A carón do Sil".
Remítolles á entrada de Ourense no tempo para achegarse a Hermesinda.
Vid: Ourense no Tempo

23 febrero 2014

NOE MARTÍNEZ FERREIRO

Nace en Ourense no ano 1975. É guionista e colaborou coa TVG pero na actualidade dedícase á súa paixón que é escribir. Noe, escritora, leva publicados varios libros: Nunca te fíes de un chico que no toma postre, (Ediciones Ézaro, 2011) es la sexta novela de Noe Martínez, fiel y dignísima continuadora de sus antecesoras Señálame un imbécil y me enamoro (Ézaro Ediciones, 2005), ¡Quiero un hombre magdalena! (Ediciones B, 2006), Él, mi último pelo de tonta (Ézaro Ediciones, 2007), A otra princesa con ese cuento (Ézaro Ediciones, 2008) y Cenicienta siempre quiso un Wonderbra (Vergara, 2009). 
Vid: Comparte libros

21 febrero 2014

OLGA NEGREIRA GONZÁLEZ

Olga Negreira naceu na Habana o 23 de agosto de 1920, filla de pai coruñés e nai ourensá, viviu en Ourense, Galicia, xunto á súa familia, desde o dez e até o dezasete anos de idade, data en que regresaron a Cuba con motivo da Guerra Civil. Desde moito antes da súa partida para España xa era socia do M.I Centro Galego da Habana, de Unión Ourensá e outras asociacións galegas e españolas, entidades coas que sempre colaborou de forma entusiasta.

Comezou a súa vida laboral en 1940 como traballadora dun laboratorio de produtos farmacéuticos. Posteriormente e unha vez graduada como estenógrafa, nas oficinas da Compañía General Electric de Cuba, e no Ministerio de Comercio Interior (MINCIN) a partir de 1959, onde se xubilou en 1978.  

A partir do ano 1992, data en que foi creada a Cátedra de Cultura Galega na Universidade da Habana -e até 1994- desempeñouse como colaboradora do primeiro profesor que tivo dita Cátedra. Polo seu completo dominio do idioma, foi a primeira profesora de lingua galega con que contaron durante aqueles anos os naturais e descendentes de galegos na Habana.

Realizou un meritorio labor como integrante da Comisión Xestora que refundó en 1995 o Centro Unión Ourensá da Habana xunto ao desaparecido enxeñeiro, José Manuel Docampo López, e outros ourensáns e os seus descendentes, que con gran sentido de pertenza colaboraron coas Federacións de Sociedades Galegas e Españolas en Cuba. 
Faleceu na Habana á idade de 94 anos.
Vid: Noticias Cibercuba

17 febrero 2014

PILAR GALLEGO DOMÍNGUEZ

Pilar Gallego nace en Ourense no ano 1926. Nace no seo dunha familia que vai ser notable na cidade de Ourense. Pilar será irmá de Olga, Luís e Manolo Gallego. E como ben di Rafael Salgado, bo coñecedor das xentes da nosa cidade:
"Poucas familias ao completo, son acredoras, do respecto e agarimo de toda unha cidade; pero este caso sen dúbidas é un deles. A familia Galego Domínguez, Olga, Pilar, Manuel e Luís, creo que son e foron, un exemplo a seguir, discreción, traballo, xenerosidade e intelixencia, son só algún dos seus valores"
Efectivamente, de Dona Olga xa temos unha entrada no noso blog de mulleres pero agora é meritorio incluír a Dona Pilar, muller modesta. Estudou farmacia, profesión á que se dedicou, sendo pioneira no seu tempo. Pero, tamén,  foi  fundadora da Sociedade de Filateria, actividade e afición pola que recibiu a Medalla de Ouro. Estamos, polo tanto ante unha muller culta e interesante que, xunto coa súa irmá Olga, enriquecen a cultura do noso Ourense.
Vid:Ourense no Tempo
Sociedade Miño
Foto: Dona Pilar recibindo a Medalla de Ouro da Sociedade de Filateria. Vid: Sociedad Filatélica