Etiquetas

29 marzo 2014

CELSA AMELIA ARIAS GARCÍA

De novo ante unha muller que soubo facer fronte aos convencionalismos sociais. Celsa naceu no ano 1910 e cando tiña 10 anos matriculouse no Instituto Provincial de Ourense, dous cursos por libre e os demais por oficial. Cursou os seis anos e obtivo o título de bacharelato e trasladouse á Escola Normal de Pontevedra.
Vid: Cid Galante, Rosa, Tese de doutoramento.

28 marzo 2014

EUGENIA ARBONES PAZ

Queira que a casualidade nos achegue a informacións curiosas. Este é o caso. Na miña base de datos de mulleres que realizaron os estudos de bacharelato no Instituto de Ourense figura Eugenia Paz Arbones. Ben é certo que só teño información de cando ingresou, e libros de rexistros falan de que se inscribiu no ano 1925, cando tiña 12 anos, polo que Eugenia neceu no ano 1913. Non se atopou o seu expediente polo que non podo afondar máis sobre a súa traxectoria académica. Pero si podemos dicir que Eugenia era a filla do reputado xinecólogo Eugenio Arbones Castellanzuelo e de Carmen Paz Pardo. Que, por certo, segundo se conta foi unha familia con certos infortunios pois Carmen faleceu polo tifus en 1914 e Eugenio Arbones foi fusilado na Guerra Civil.
A súa filla, Eugenia, casou co importante xoieiro Manuel Malde pero o matrimonio rompeuse nun momento dado.
A familia vivía en Vigo, así que todo fai pensar que Eugenia se inscribiu no noso Instituto pero ou desistiu de estudar ou continuou os estudos en Vigo.
Vid: Cid Galante, Rosa, Tese de doutoramento.
Vid: La Voz de Galicia

EMILIA e ISOLINA ÁLVAREZ ÁLVAREZ

As irmás Emilia e Isolina naceron en Trado. Emilia no ano 1910 e Isolina en 1908. Isolina matriculouse por libre no Instituto no ano 1921, cando tiña 13 anos e Emilia ingresou por libre no ano 1922, cando tiña 12 anos. Non remataron os estudos neste centro pois solicitaron traslado ao Instituto Provincial de Santiago de Compostela. Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento.

18 marzo 2014

VICTORIA AMOR OUTEIRIÑO

Naceu en Ourense no ano 1907 e no ano 1925 matriculouse no Instituto Provincial de Ourense, cando tiña 15 anos. Realizou os seis cursos por oficial e acadou a titulación de Bacharelato para, posteriormente, acceder á Escola Normal de Ourense.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense, 1900-1930, Tese de Doutoramento.

17 marzo 2014

MARÍA TERESA AMOR OUTEIRIÑO

María Teresa naceu en Ourense, capital, no ano 1911. Accedeu aos estudos de Bacharelato no Instituto Provincial de Ourense no ano 1924, cando tiña 13 anos. Realizou tres cursos pola vía oficial e, posteriormente, accedeu aos Estudos da Escola Normal de Ourense. Algo moi habitual nestas alumnas que, iniciaban os estudos en bacharelato pero, posteriormente, accedían á Normal ou compaxinaban os dous estudos. Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense 1900-1930. Tese de Doutoramento.

10 marzo 2014

EDELMIRA O´FARRILL ÁLVAREZ

Dona Edelmira naceu no ano 1899 filla dun industrial afincado en Ourense. Matriculouse no Instituto Provincial no ano 1913 e realizou dous cursos para, posteriormente, trasladarse á Escola Normal de León.
Dona Edelmira casará en Vigo no ano 1921 con Don Jesús de Juan y Lago, oficial do Ministerio de Instrución Pública e Bellas Artes. Faleceu en Madrid o 14 de outubro de 1998.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Versión electrónica.

DOLORES ALONSO PEREIRA

Naceu no ano 1910 en Ourense. Aos 10 anos, no ano 1920,  matriculouse no Instituto Provincial de Ourense onde realizou os seus cursos por oficial e obtivo notables cualificacións. Titulouse e solicitou Certificado de Traslado á Universidade de Valladolid.

MARÍA JESÚS ALMOINA MATEO

María Jesús era natural de Lugo pero realizou estudos de Bacharelato no noso Instituto Provincial. Naceu en 1910 e no ano 1921, cando tiña 11 anos, aparece inscrita no primeiro curso de Bacharelato. Realiza os seis cursos por oficial tituándose en 1927. Posteriormente solicita traslado á Escola Normal de Ourense. Poderíamos estar falando da irmá do intelectual galego José Almoina?
Vid: Cid Galante, Rosa María (2007) Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento publicada en formato electrónico pola Universidade de Vigo.