Etiquetas

16 marzo 2015

ANGUSTIAS LOSADA VILLAMARÍN

Dona Angustias naceu no pobo de Toén no ano 1919. Aos 20 anos, é dicir, no ano 1939, matricúlase na carreira de Farmacia en Santiago. Figura matriculada ata 1946 de forma oficial e logra licenciarse.
De novo estamos ante unha muller pioneira e, aínda que non temos máis datos sobre ela, é conveniente que figure no blog polo feito de seguir a senda doutras mulleres anteriores que emprenderon os estudos na universidade e tamén ela abriría o paso a outras conxéneres.
Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense 1900-1930. Tese de doutoramento.

11 marzo 2015

RAFAELA RODRÍGUEZ PLACER

De novo ante unha universitaria pioneira. Rafaela Rodríguez Placer, filla de Rosa Placer. Rafaela matriculouse na Facultade de Farmacia de Madrid no ano 1889-1890. Non rematou os estudos, pero ese abandono nin significou que ela seguise formándose. Formouse como Mestra e formouse como profesora de Métodos y procedimientos para la enseñanza de los ciegos". Exerceu como profesora no Colexio Nacional de Xordomudos e cegos de Madrid. 





Publicou varios libros: Apuntes sobre pedagogía especial de ciegos.
Publicou varios artigos en La correspondencia de España como "El ciego callejero" "El ciego instruído" "Pobrecitos ciegos. La enseñanza en China", etc. Son publicacións de 1897.

Vid: El Eco de Santiago : diario independiente Año II Número 318 - 1897 Enero 09

Flecha, Consuelo: Las primeras universitarias en España, 1872-1910, Narcea, Madrid, p. 134.



01 marzo 2015

ILUSTRACIÓN PORTADA REVISTA ESFERA



Hoxe achego nesta entrada unha belísima ilustración da revista cultural Esfera en cuxa portada do número 190 publicada en agosto do ano 1917 hai unha ilustración da imaxe dunha muller vestida cun traxe de época e que se identifica con Orense. A muller vai vestida cunha saia tipo basquiña, mandil, dengue con abalorios, pano cubrindo a cabeza. É unha ilustración lindisima e encomiable para unha revista de tirada nacional.