Etiquetas

24 octubre 2015

MARÍA DOLORES DIÉGUEZ

Introducimos neste blog a María Dolores Diéguez pois é unha muller ourensá que está casada co actor británico Joseph Fiennes pero que o meritorio é que, a pesar de vivir no mundo do cine e da moda, ela non esquece a súa terra xa que teñen casa en Poboa de Trives, no pobo de Pena Folenche. María Dolores naceu en Suiza a onde emigraron os seus pais e alí formouse como modelo.
Vid: http://www.galiciaunica.es/maria-dolores-dieguez-y-joseph-fiennes/

19 octubre 2015

MARÍA DE LOS ÁNGELES FERNÁNDEZ TOVAR

María de los Angeles Fernández Tovar, máis coñecida por Cuca Tovar, formaba parte do grupo de mulleres do MDM de Ourense, Movemento que se iniciou na provincia no ano 1975. Este grupo de, aproximadamente, vinte  mulleres reuníanse na Torre para abordar os temas políticos e relativos á muller. Anxeles Fernández era unha delas. A importanca de Ánxeles radica en que foi unha das impulsoras da recuperación da Memoria Histórica. Dedicouse a investigar sacando á luz os fusilamentos de republicanos en Ourense e que fixeron posible a colocación dun monumento conmemorativo no cemiterio de San Francisco.
Vid: Ourense dixital
Foto: Ourense dixital

01 octubre 2015

MARÍA GUITIÁN OJEA

María naceu en Cristosende o día 24 de outubro de 1919 no seu dunha familia de recursos e de intereses intelectuais. Era a irmá de Francisco Guitián Ojea, doutor en química e farmacia e reputado profesor e investigador. María matriculouse no ano 1939, cando tiña 20,  na Facultade de Filosofía e Letras. Realizou os estudos por oficial e rematounos no 1943, ano no que se licenciou.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de doutoramento.