Etiquetas

22 noviembre 2015

MARÍA CONSOLACIÓN CARPIO Y VÁZQUEZ

Naceu en Ourense e era filla de Don Alipio Carpio Ballesteros, tenente coronel de infantería. Chelo casou co duque de Arévalo del Rey na igrexa de Santo Domingo o 26 de novembro de 1965. Foi un acontecemento social importante para a cidade pois o noivo, Don Arturo Alfonso Pardo Manuel de Villena e Verástagui, era descendente dunha das familias nobiliarias de máis renome e tiña o título de III Duque de Arévalo del Rey. O título fora concedido á familia polo rei Alfonso XIII en 1903. O matrimonio fixaría a súa residencia en San Sebastián.

02 noviembre 2015

AURORA SEIJO DÍAZ

No blog facemos acopio das mulleres ourensás que destacan en diferentes campos, facendo especial mención daquelas que podemos consideralas pioneiras ao ser quen de acceder a terreos que non eran os adecuados para os convencionalismos da súa época. Volve ser o caso de Dona Aurora Seijo Díaz nacida en Verín no ano 1915 e que estudou no colexio de Concepción Arenal de Ourense para acceder ao Instituto Provincial de Ourense no ano 1934 onde realiza os estudos de bacharelato. No ano 1939 accede á Universidade de Santiago para estudar a carreira de Filosofía e Letras pola opción oficial e licenciándose en 1942. Posteriormente, exercería como profesora no Instituto Provincial. Por fortuna temos un blog marabilloso en Ourense que é o de Rafa Salgado: ourensenotempo que fai mención dela e introduce unha bonita fotografía de Aurora
Vid: Publicacións Rosa Cid
Foto: Ourense no Tempo.