Etiquetas

04 marzo 2017

CARMEN LORENZO SALGADO

Muller que deixou unha importante impronta na nosa cidade. 
Seu pai era Manuel Lorenzo Gil, Inspector de Primeira Ensinanza destinado en Lugo pero previamente estivera destinado en Palencia, Viscaia e Lérida. Carmen cursou estudos de bacharelato no Instituto de Lugo onde obtivo o título en 1929. Casou en 1930 con Emilio Boquete Pazos pero continuou cos estudos na Facultade e licenciouse en Filosofía e letras no ano 1933. Ao longo da súa carreira obtivo varias mencións e premios honoríficos. Foi becada para a Universidade de verán de Santander ese mesmo ano. 
En 1945 foi nomeada bibliotecaria do Instituto de Ourense e era Directora da Biblioteca Pública desta cidade. Posteriormente sería nomeada Directora do Padroado do Centro Coordinador de Bibliotecas da provincia. 
Como Directora da Biblioteca organizou  o 2 de decembro de 1955 unha excursión de estudantes do Instituto, da Normal e do Colexio Calvo Sotelo para visistar os talleres do período La Región. Dicía así a noticia:

A primera hora de la tarde de ayer, han hecho una visita en los Talleres de nuestro periódico, los estudiantes que han tomado parte en el segundo curso organizado por la Inspección regional de Bibliotecas del Noroeste de España. Constituían un nutrido grupo entre alumnos del curso Preuniversitario del Instituto de Enseñanza Media de la capital, alumnas de la Escuela Normal del Magisterio y otros del Colegio Menor Calvo Sotelo, así como varios estudiantes de Filosofía y Letras. Al frente de ellos venía la señorita Carmen Lorenzo Salgado, diectora de la Biblioteca provincial de Orense y directora asimismo del citado curso, con motivo de cuya conclusión hcieron esta visita....(1)

Marcouse sempre o obxectivo de levar a lectura a todos os lugares  e potenciou a creación de bibliotecas nas vilas provinciais como a de Xunqueira de Ambía, Xinzo, Bande, Ribadavia, Viana do Bolo, Entrimo, Cortegada, que se inauguraron a finais dos sesenta e comezos dos setenta. Ela mesma acudía a inspeccionar os locais destinados ás bibliotecas que se ían abrir. Xunto con esta actividade na biblioteca tamén tiña 26 axencias de lectura e 100 maletas viaxeiras que ían a calquera punto da provincia onde non había bibliotecas.Unha muller cun empeño de que a lectura chegase a todos os recantos, organizou en 1972 o bibliobus con libros de todas as materias para que fosen do goce dos ourensáns de calquera lugar da provincia.
A máis de todo isto, cando a inspección ourensá organizou a Campaña de promoción cultura de adultos no ano 1965 co fin de preparar aos mestres e mestras para a alfabetización  e, a parte das charlas que tiveron os cursillistas, tamén se organizou unha excursión ás instalacións da Biblioteca Provincial onde Carmen Lorenzo falou sobre os fondos, a organización, o arquivo, o funcionalmento das maletas viaxeiras para que "el libro llegue al último rincón de España" para o cal solicitaba a colaboración do maxisterio.
Traballou intensamente para que a Biblioteca Provincial tivese un numeroso e diverso fondo bibliográfico e funcionase o servizo de préstamo. 

(1)"Estudiantes de visita en los talleres de La Región", La Región, 3 de decembro de 1955, p. 3.
Vid: La voz de la verdad, 22 de outubro de 1929, p. 3; La voz de la verdad, 1 de outubro de 1933, p. 4; La voz de la verdad, 25 de abril de 1933, p. 4; Vida gallega, 31 de marzo de 1930, p. 42; El pueblo gallego, 3 de outubro de 1965, p. 12; La Región, 29 de abril de 1966, p. 30; La Región, 10 de febreiro de 1971, p. 5; La Región, 17 de outubro de 1972, p. 10. Bande, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005, Vigo, Galaxia, 2010, p. 214.