Etiquetas

14 diciembre 2017

DOLORES LORENZO SALGADO

Dolores Lorenzo Salgado, filla de Manuel Lorenzo e Luísa Salgado, ambos os dous ourensáns, nace o 12 de novembro de 1905. Non se coñece con exactitude a data e o lugar de nacemento aínda que no Expediente académico aparece unha certificación na que consta nacer o día 10 de novembro en Lugo, polo que sería galega de nacemento. Realiza o exame de ingreso na Escola Normal de Mestras de Lugo en 1921 obtendo a cualificación de aprobado e cursa o bacharelato desde 1921 a 1925, examinándose de varias materias na Escola Normal de Lugo e outras no Instituto de Santiago. Estuda na Facultade de Ciencias de Santiago (sección Química) desde 1925 a 1930 cun expediente reseñable. Consta tamén realizar as materias de Debuxo Xeométrico de primeiro e segundo curso. Ademais simultanea os estudos de Química con Farmacia. O 6 de maio de 1931 realiza o exercicio de reválida (Grao de Licenciado), obtendo a cualificación de sobresaliente. O 14 de xullo de 1939, solicita traslado de expediente á Facultade de Farmacia de Madrid. Será unha do cinco primeiras mulleres galegas que publican na revista Anais da Sociedade Española de Física e Química.
Vid:
Liste López, Socorro e Pintos Barral, Xoana, "Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago"

No hay comentarios:

Publicar un comentario