Etiquetas

10 febrero 2018

NOELIA RODRÍGUEZ





Nacida en Lisboa no seo dunha familia galega. Retorna a Galicia con tres anos, e pasa a súa infancia na aldea de Vilaméa (Lobios), no val do Riocaldo. Este tempo alimentará a súa linguaxe cunha variante do galego propia da Baixa Limia. Este feito marcará a súa escrita. Sendo estudante en Ourense, comezou a compoñer os seus primeiros escritos, ao tempo que formou parte da creación do Clube Literario Estudantil. Cursou estudos universitarios de Dirección de Empresas e Filoloxía Galega en Santiago, onde continua escribindo e participando do ambiente artístico e literario da capital galega. Neste tempo participa en recitais poéticos e intégrase no Comité Teatro, colaborando de actriz e de co-autora de textos ó longo de tres anos. Colabora con distintos medios tanto con achegas poéticas como con relatos breves. Actualmente reside en Santiago de Compostela.

Vid: Wikipedia

02 febrero 2018

FEFA VILA


Fefa Vila Núñez (naceu en Laza, 1968) é unha socióloga e escritora española.
Licenciouse en Ciencias políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente completou a súa formación na Universidade de Utrecht, na Universidade de Mánchester e na Universidade de Santa Cruz, en California.
É profesora de Socioloxía na Universidade Complutense e traballou en proxectos de investigación para a Fundación FOREM, que depende do sindicato Comisións Obreiras.
Ademais, foi impulsora do colectivo lésbico LSD, no que seguiu unha traxectoria artística e de reivindicaciónlésbica. O colectivo funcionou en Madrid na década de 1990, de 1993 a 1998. Tamén colaborou co grupo de traballo queer GtQ-Mad na publicación do libro O eixo do mal é heterosexual: ficcións e discursos feministas e queer, que coeditou.

Escribiu: El eje del mal es heterosexual: ficciones y discursos feministas y queer. Ed Traficantes de Sueños. Madrid, 2005.

Vid: Wikipedia