Etiquetas

17 abril 2024

FLORINDA ORTEGA PÉREZ

 Durante a ditadura franquista moitas familias víronse sometidas a vixianza e control por parte do réxime. O réxime pretendía non deixar impune a aqueles que durante a República ostentasen algún cargo político ou manifestasen a súa adhesión republicana. Dicíase que estas persoas eran "cómplices de la anárquica situación anterior al Movimiento Nacional" . O afán vingativo era o que propiciaba esa pescuda. Moitos acabaron encerrados en cárceres, outros tiveron un fin peor, outros foron embargados e quedaron na ruína.

A Comisión Provincial acordou instruír expediente de responsabildiade civil a Florinda por referencia do Gobernador Militar. Dito expediente con data do 21 de xullo de 1937  levará o número 131 e o xuíz encargado do mesmo será Juan Herrera Reyes.

Florinda naceu en 1884 e era da Gudiña. Cando se lle instruíu o expediente estaba viúva de David Pérez Veleda e dedicábase ao comercio. O matrimonio tiña seis fillos dos cales, catro, convivían con Florinda e que eran Felicísimo, Carmen, David e María, estes dous últimos eran os pequenos, tiñan 16 e 14 anos. A instrución da causa veu porque segundo os informes das autoridades locais  na súa casa levánbase a cabo reunións extremistas e propagandas rebeldes exercendo ela de Xefa das reunións. Florinda tiña un negocio que comprendía un estanco, un café e un surtidor de gasolina polo que gozaba de grande influencia e ademais a súa casa era a máis céntrica do pobo. O xuíz que instruíu a causa redactou que Florinda tivo unha "actuación tan dudosa y al parecer favorecedora de la política del Frente Popular que hubo de ser sometida a procedimiento criminal". 

O Gobernador Civil presentou un escrito no que indicaba que na casa de Florinda organizábanse actos e reunións contrarios ao Movemento Nacional pero afirmou que todos eles eran organizados polo seu fillo, Felicísimo, que fora alcalde durante tres anos na etapa do Frente Popular e que agora localizábase en Portugal pero que súa nai actuaba como cómplice.Tamén argumentou que a expedientada tiña bens valorados nunha cantidade superior a 55.000 pesetas. 

(Fonte: Boletín Oficial de la Provincia de Orense. 24 de xullo de 1937, p.1)

Ela argumentou na súa defensa:

Que no pertenecía a ningún partido político pues si bien estuvo afiliada a Acción Católica este partido se disolvió hace cuatro o cinco años y que tampoco se dedicaba a propaganda de ninguna clase. Que es cierto que un hijo suyo mayor de edad fue Alcade de la Gudiña durante el Frente Popular pero que en casa de la demandante no se celebraban reunión alguna. Que tenía el estanco y comercio y surtidor de gasolina pero el Café lo tenía arrendado desde hace unos dos años y medio a José Anta y que el local destinado a Café estaba independiente del resto de la vivienda....

Xunto a esta declaración, Florinda achegou máis documentos e informes do Alcalde de Viana, do Xefe do Destacamento, dos membros da Falanxe, do cura coadxuntor...e todos manifestaron que ela non practicaba a política pero que o seu fillo fora alcalde e que estaba fugado en Portugal. En canto aos bens dixeron que tiña unha fortuna de 60.000 pesetas e que con ela vivían aínda fillos pequenos de 15 e 17 anos e Carmen e Felicísimo.

O xuíz instrutor vai condenala a pagar unha multa de dez mil pesetas en concepto de responsabilidade civil quedando exculpada da responsabilidade criminal xa que considerou que o propulsor das reunións fora o seu fillo. Neste proceso tamén se incorporou o seguinte oficio correspondente ao xerente da CAMPSA pois reclamou o surtidor de gasolina que era da súa propiedade e fora cedido a Florinda: "Tengo el honor de elevar a la Comisión Provincial de Incautación de Bienes...una instancia de la Compañía arrendataria del Monopolio de Petroleos en reclamación de un aparato de Gasolina que tenía la expedientada". 

Mentres se estaba a levar o expediente, Florinda empadronouse en Vigo en 1938 e despois exiliouse en Chile en abril de 1940. Así deixou manifestado a súa filla Laura cando compareceu ante o xulgado municipal da Gudiña o 22 de xaneiro de 1941:

Comparece Doña Laura Pérez Ortega, casada de cuarenta y un años, dedicada a sus labores, vecina de esta villa e interrogada manifiesta que su madre Doña Florinda Ortega se halla en Chile y vive en la calle Colón 2252.

Alí faleceu o 21 de xullo de 1946 e está enterrada no cemiterio Xeral de Santiago. O seu fillo Felicísimo marchou a Portugal e logo foi a Francia, concretamente a Marsella, e desde alí regresou a España para formar parte do exército republicano durante a Guerra Civil. Despois marcharía a Chile e a Arxentina.

A súa filla, Carmen Pérez Ortega que residía en Ribadavia, en concepto de apoderada, recibiu a notificación do xulgado e quixo saldar a multa interposta á súa nai e  fixo unha entrega en febreiro de 1939 de catro mil pesetas indicando que a restante cantidade pendente satisfaríaa en catro meses tras a venda de efectos da casa. Ao facer a entrega desta cantidade o Xulgado fixo a promesa de entregarlle as chaves da casa para realizar a venda de artigos que había no comercio, coa intención de reunir as seis mil pesetas restantes. Pero o tempo foi pasando e as chaves fóronlle entregadas con moita demora. Tal é así, que Carmen atopou as propiedades nun lamentable estado de abandono pois foron "violadas las puertas, rotos los precintos y robadas las existencias en su totalidad...a pesar del tiempo trancurrido esta situación se halla sin resolver y la casa amenaza ruinas..."

Por tal motivo, como non tiña cousa de valor e todo estaba desvencixado suplicou por medio dunha instancia do 27 de novembro de 1948 que tiveran en conta a súa alegación e que ordenaran o alzamento do embargo decretado. 

A partir de entón solicitouse a confirmación das manifestacións consignadas no escrito de Carmen Pérez e, en efecto, comprobaron que a casa estaba nun estado lamentable polo que o Fiscal dixo con data do 6 de xullo de 1949 "que procede acordar el alzamiento de embargo que se solicita dejando los bienes de referencia a disposición de sus propietarios".

A casa de Florinda é coñecida actualmente como a Casa da Viúva en lembranza de Florinda Ortega, a nai do Alcalde da Fronte Popular. Hoxe celébranse diversas actividades nela e tamén é albergue de peregrinos.

Elaboración propia  a partir de Expediente. AHPOU. Caixa 7186/01; AHPOU/1.1.5.4.1.1.//7182/05; El Pueblo Gallego, 38 de outubro de 1938, p. 4; El Ideal Gallego, 9 de abril de 1940, p. 4;

14 abril 2024

MULLERES ENCUBRIDORAS, RESISTENTES E REPRESALIADAS.

(Ilustración de Castelao.)

Un día como hoxe, día da República, ben merece esta entrada.

A penosa e dolorosa guerra civil supuxo unha loita fratricida e cruenta. Nada hai peor que oenfrontamento entre sangues do mesmo sangue. Causan feridas que nunca acaban de cicatrizar por volverse o odio e o rancor sentimentos mestos. As guerras non conducen a nada e nada demostran nin a vencedores por vencer nin a vencidos por perder, pois queda a nada, a destrución.

Nas guerras padecen todos e maiormente as mulleres pois morren en cada momento polos seus. A tristura e o medo van consumíndoas. Mulleres que desde a retagarda protexen aos seus homes, pais, irmáns, fillos ata a tortura. Son as encubridoras que non se arredan e agrándanse facendo escudo protector.

Moitas sufriron o alento na caluga pero nunca delataron e morrían en vida e sentían a súa casa como un cárcere.

Moitas eran moi humildes, mulleres labregas, que forxaron a súa fortaleza e gallardía a base de traballo. páxina Nomes e Voces é unha magnífica base de datos que recolle unha grande nómina de vítimas da guerra e da ditadura e merece ser consultada. Entre eses nomes están estas mulleres das que falo. Aproveitando este recurso, ofrezo a continuación a relación das ourensás que aquí se recollen, máis outras que eu incorporei, e que foron vítimas de procesos, paseos, reclusión, tortura e incluso morte. Dalgunhas farei un estudo máis minucioso e terán a súa entrada propia neste blog.

A continuación aparecen clasificadas polo lugar de procedencia.

A GUDIÑA

Florinda Ortega Pérez. Foi procesada por colaborar coa rebelión. Tiña 53 anos e marchou a Chile exiliada.

ARNOIA

Rosa Fernández Pérez. Procesada en 1937 por colaborar cos fuxidos. Tiña 19 anos.

A RÚA

María Alonso Sánchez. Procesada por faltar á autoridade en 1939, tiña 62 anos.

A VEIGA

Generosa Fernández Domínguez. Procesada por colaboradora da rebelión. Tiña 22 anos.

María Fernández Domínguez. Procesada en 1938 pola colaboración coa rebelión. Tiña 17 anos.

Marcelina Fernández Domínguez. Procesada en 1938 por colaborar coa rebelión. Tiña 16 anos.

Carmen Fernández. Acusada de Comunista. Incautáronlle os bens.

BANDE

Agustina López Otero. Acusada por actividades perigosas en 1936. Tiña 66 anos.

María Quintas López. Procesada por actividades perigosas en 1936. Tiña 20 anos.

BEADE

Pilar González Nogueiras. Procesada por colaborar coa rebelión en 1938. Tiña 65 anos.

BEIRO

Manuela Figueiras Añel. Procesada e encarcerada seis anos por incitar á rebelión. Tiña 44 anos.

CARBALLIÑO

Encarnación Cortijo Diz. Acusada de ir contra do Movemento Nacional. Incautáronlle os bens.

CASTRO CALDELAS

Digna Fernández López. Procesada por colaboración coa rebelión en 1937. Tiña 70 anos.

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

Divina Valle Fernández. Foi procesada por axuda á rebelión e sentenciada a 15 anos de prisión. Tiña 24 anos.

CORTEGADA

Aurora Álvarez Beldrón. Procesada por provocar incendio en 1939, tiña 59 anos.

MACEDA

Enriqueta Iglesias Meana "La Camarada" afiliada ao Partido Comunista. Procesada por non delatar ao seu home e por incitar á rebelión polo que a sentenciaron con seis anos de cárcere.Tiña 25 anos.

NOGUEIRA DE RAMUÍN

Concepción Rey Soto. Fusilada o 21 de xuño de 1937. O seu cadáver apareceu no Hospital de Ourense. Tiña 21 anos.

OURENSE

Gloria Árias. Procesada por rebelión en 1936. Tiña 20 anos.

Dolores Barreiro Gómez. Procesada e prisión por faltar á autoridade en 1937. Tiña 41 anos.

Rosa Blanco Lamela. Procesada e encarcerada por rebelión en 1937. Sentenciárona a 12 anos no cárcere. Tiña 47 anos.

Julia Iglesias. Procesada por rebelión en 1937. Tiña 33 anos.

PADERNE DE ALLARIZ

Florinda Sotelo Tesouro. Procesada por axuda á rebelión en 1936. Tiña 25 anos.

RIBADAVIA

Eudosia Acuña Gómez. Procesada por faltar á autoridade en 1939, tiña 39 anos.

Amalia González López.  Acusada de extremista en 1937. Tiña 63 anos.

Carolina González Rodríguez. Acusada por extremista en 1937. Tiña 43 anos.

Miguela González Touza. Procesada por extremista en 1937. Tiña 27 anos.

Antonia Gulín Pérez. Procesada por extremista en 1937. Tiña 50 anos.

Natalia Leboso Guntín. Procesada por extremista en 1937. Tiña 49 anos.

Manuela Pérez Álvarez. Procesada por extremista en 1937. Tiña 29 anos.

Cristalina Pérez Rodríguez. Procesada por actuación extremista en 1937. Tiña 60 anos.

Amparo Pérez Rodríguez. Procesada por actuación extremista en 1937. Tiña 57 anos.

Digna Rodríguez Rodríguez. Procesada poractuación extremista en 1937. Tiña 50 anos.

VERÍN

Purificación Ginzo Seoane. Procesada por incitación á rebelión. Tiña 46 anos.

Avelina Iguazo Rosete. Procesada por contactar coa clandestinamente coa rebelión en 1947. Tiña 48 anos.

Teresa González Arias. Procesada por colaboradora coa rebelión en 1937. Tiña 28 anos.

VIANA DO BOLO

Juliana Fernández Rodríguez. Procesada por colaborar coa rebelión. Tiña 52 anos.

Manuela Sánchez García. Procesada por estar afiliada a UXT. Tiña 26 anos.

Carlota Ferreira. Comunista.

Luísa Vila Barros. Simpatizante do Partido Comunista.

VILAMARÍN

Emilia Álvarez Incógnito. Paseada e morta o 7 de agosto de 1937. Tiña 22 anos.

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

Matilde Rodríguez Rodríguez. Procesada por axuda á rebelión en 1937 e sentenciárona con 12 anos e prisión. Tiña 23 anos.

Palmira Rodríguez Rodríguez. Procesada por axudar á rebelión e sentenciárona a 12 anos de cárcere. Tiña 20 anos.

11 abril 2024

MANUELA SÁNCHEZ GARCÍA

O 23 de xuño de 1939 recibiuse na Coruña o expediente da Comisión Liquidadora de Responsabilides Políticas contra Manuela Sánchez que foi remitido pola Comisión Provincial de Incautación de bens de Ourense. A partir de entón, o Sr. Martínez Nieto, presidente da Providencia, procedeu á instrución segundo o artigo 55 da lei. A presidencia, de conformidade co informado, indicou que se informase á encusada, Manuela, para que no prazo de tres días  puidera formular o seu escrito de defensa nun prazo de corenta e oito horas. Tamén indicou que se lle notificase que, con arranxo ao disposto no artigo 82 da Lei, podía comparecer en persoa ou por medio de mandatario e valerse ou non de avogado para a súa defensa, pero que os honorarios que esta devengue serán sempre da súa conta. 

Así se procedeu. Pero...Quen era Manuela Sánchez e de que a acusaban? Por que lle abriron unha causa? O xuíz instrutor de Viana do Bolo, Bartolomé Mostaza Rodríguez, procedeu a recabar información sobre Manuela para envialo á Coruña formalizando o expediente co número 303 de 1938.

Manuela Sánchez naceu en 1903, era unha moza, solteira, de 26 anos. Dedicábase á costura e era veciña de Viana do Bolo. Traballaba na xastrería que tiña José Manuel Rodríguez Requejo. O motivo de que a encausaran era porque se dicía  que ostentaba de ideas extremistas e "predicaba os seus ideais" e asistía a mítines e reunións nas que profería "vivas". A acusación veu a dicir que Manuela non tiña transcendencia pública pois dicía: "no se significó publicamente por la intensidad de su actuación de los mismos, ni dada su falta de cultura y arraigo pudo hacer propaganda de ellos, ni fomentar con eficacia la situación anárquica que existía en España antes del Glorioso Movimiento Nacional"...Agora ben, a acusación matizaba e incidía que estaba afiliada á Unión Xeral de Traballadores, motivo suficiente para enxuiciala.

Manuela viuse envolta nunha situación moi comprometida. Era muller, era nova, era solteira e acusábana de extremista e afiliada á UXT. Cando lle deron a oportunidade de achegar o prego de descargos ela ofreceu os seguintes argumentos. Manifestou que achega os informes sobre a súa persoa do alcalde e incluso da Falanxe e que "No se me puede considerar cómplice de la anarquía situación creada en España por el Frente Popular".  Esta actitude non resulta estraña pois, para escapar dunha ditadura implacable, moitos encausados seguindo os consellos dos seus avogados e defensores, acababan negando todas as causas interpostas contra elas e/ou incluso retractándose das mesmas. De feito foi o seu avogado, Aurelio Fernández García, quen redactou o escrito, autorizado por Manuela, para envialo o 10 de agosto de 1939 ao Tribunal de A Coruña 

Manuela non eludíu a súa  afiliación á UXT polo que foi valente e dixo: "Pero he de aclarar unos extremos que hay en el expediente. Se indica ligeramente que fuí simpatizante del partido Socialista, y confesé que pertenecía a la extinguida Unión General de Trabajadores".

Vai xustificar a súa afiliación dicindo que nos tempos da República non se podía traballar en España se non se pertencía a unha organización de tipo marxista e que se non se tiña filiación co sindicato podía ser obxecto de atropelos, agresións, vexacións...Así dixo: "Si yo fuí afiliada a la Unión general de Trabajadoes", fue por necesidad. Soy huérfana desde hace muchos años, no tengo hermanos, vivo sola y careciendpo de bienes de fortuna vivo humildemente cubriendo mis necesidades perentorias con mi humilde profesión...Si me falta el trabajo caigo en la mas espantosa miseria."

Manuela pretendía saír da situación na que se atopaba polo que argumentou que a súa vinculación co sindicato era exclusivamente interesada e por convenencia para poder traballar. Por iso vai suplicar ao Tribunal que a absolvesen.

Os procedementos abertos supuñan un verdadeiro transtorno e trauma para as persoas acusadas pois a incertidume sobrevoaba sobre elas. Eran procesos que duraban algúns anos e  o medo á ruína e ao que puidese acontecer supuñan unha lousa, supuñan vivir, como ben dixo Celso Emilio Ferreiro, "unha longa noite de pedra". 

Pois ben, o Xuíz instrutor da Comisión Provincial de Ourense, escoitou o descargo feito polo avogado de Manuela.Tamén solicitou informes do Alcade, do Comandante do Posto da Garda Civil e do Xefe local da Falanxe  así como de veciños do pobo. Ese sumario foi estudado para proceder á sentenza.

Un dos informes foi feito e asinado polo médico forense, Julio Vila Barros, que manifestou nun escrito que Manuela non exercera política algunha e non a supuña cómplice da anárquica situación que motivou o alzamento. 

O rexistrador manifestou que, en efecto, Manuela estaba afiliada á UXT e facía ostentanción das súas ideas extremistas e asistía a mitins e manifestacións nas que "destacaba dando vivas ao amor libre". Non obstante, alegou que tiña un prestixio e unha posición social baixos polo que non transcendía a súa propaganda. 

O xefe local manifestou que Manuela non desempeñou ningún cargo político pero que era simpatizante do Partido Socialista. Dixo que non fuxíu á zona inimiga e que tampouco se opuxo coas armas ao exército  nacional polo que non se lle pode considerar cómplice da anarquía nin da Fronte Popular.

O Alcalde dixo que non tivera ningún cargo no servizo da Fronte Popular. Manifestou que fixera algunha propaganda entre os seus veciños pero que era máis unha intención que éxitos xa que "Se trataba de una muchacha sin cultura ni preparación". Argumentou que tampouco era sabido se exerceu algún cargo directivo pero si era público que estaba identificada con Severino Jares Arias, "adalid del ultramarxismo impenitente y uno de los principales responsables de todo cuanto ha dado lugar al Glorioso Alzamiento nacional y que está huído desde este". O Alcalde insistía na incultura de Manuela para considerala líder dalgún movemento e pensaba que actuou así nalgunha ocasión pois dicíase que era noiva de Severino.

O Comandante do posto tamén manifestou que Manuela propagou entre os veciños ideas políticas pero non considerou eficaz a súa propaganda pola "pouca categoría social".

Pero deteñámonos en quen era Severino. En efecto, dise que Manuela tiña unha relación con el e iso xa de por si era un risco pois Severino si estaba moi vinculado coa Fronte Popular. Severino naceu en Viana do Bolo no ano 1896 e era fillo de Severino Jares e Jerónima Arias. Era un líder político e cunha grande relevancia e presenza no pobo. Foi presidente da Casa do Pobo, tamén concellal de Viana e desempeñou durante tres anos o cargo de tenente Alcalde nese Concello. Polas súas ideas socialistas abríuselle, con data do 8 de febreiro de 1938 e número 277, un expediente por diversas causas.

O xuíz Juan Herrera solicitou aos xuíces militares de Ourense os datos necesarios acerca de se había algún procedemento criminal contra Severino. Estes, ao contestar que non tiñan ningún, acordou o zuíz citalo para que en oito días comparecese personalmente ou por escrito ante o Xulgado situado nos locais da Deputación Provincial e alegase a súa defensa ou o que estimase procedente. De non presentarse, o expediente seguiría o seu curso. 

Por que reclamaban a Severino? O seu activismo  político e a súa traxectoria fora moi notoria e novo réxime non quería que estes líderes quedaran impunes. A base de informes foise completando o seu sumario. Desde a alcaldía de Viana do Bolo enviouse un parte con data de seis de abril de 1938 no que se dicía que o encausado fora presidente da Casa del Pueblo onde destacara pola súa actividad comunista. Tamén indicou que propagara por todos os medios as ideas da Fronte Popular e que se non conseguía os seus propósitos coa persuasión empregaba a coacción e a ameaza. Considerábano responsable do destrozo do local xunto con Manuel del Valle, alcumado Veiro,  que era comunista e que acabara sendo fusilado no Consello de Guerra de Ourense no verán de 1936. E di o escrito: "Puede considerársele cómplice de la anárquica situación creada antes del Glorioso Movimiento Nacional en esta comarca". Pero ninguén sabía onde se atopaba Severino, non estaba localizado, seica fuxira a Portugal. 

(Fonte. Boletín Oficial de la Provincia de Orense. 23 de febreiro de 1938. p. 3)

Outro dos informes foi emitido polo reponsable da Falanxe quen indicou que Severino fora o Presidente do Comité Socialista sendo considerado como o verdadeiro Xefe do mesmo. Tamén afirmaba que fuxira ao comezar o Movemento e que se descoñecía onde estaba. O mesmo alegou a Garda Civil pero completou a información dicindo que: "se dice que se encuentra en Francia para oponerse al Glorioso Alzamiento Nacional".

Debido a que non se sabía en que lugar se atopaba Severino o Xuíz indicou nun escrito con data do 19 de novembro de 1938 que había que publicar o edito  no Boletín do Estado para citar ao encausado. Como as autoridades non tiñan ningún coñecemento de onde se atopaba Severino seguiron pedindo máis informes pois xa levaban tres anos coa pesquisa. Consultaron ao párroco de Viana do Bolo para ver se podían obter máis probas e saber máis da vida familiar sobre el. O sacerdote, ademais de repetir o que xa se indicara noutros informes, manifestou que Severino estaba solteiro, que non tiña fillos e que vivía coa súa nai e irmáns. O xuíz volvía insistir na necesidade de coñecer todas as actuacións de Severino. É de supoñer que a presión sobre súa familia sería moi intensa e constante ata que nun último informe se indicou que: "Severino Jares Arias, se halla en Caracas de Bolivia, según certificación expedida por el Cónsul de aquel país, que obra en poder de sus familares recientemente recibida". Aínda así, en outubro de 1941 mandouse publicar no Boletín da Provincia e do Estado a citación para a súa comparecencia. Así que, Severino, atopábase en Sudamérica. Como moitos conseguiron escapar da persecución co sacrificio de deixar atrás a familia e a súa terra. Pero as autoridades non deixarían de presionalo e o expediente seguía berto ata que en febreiro de 1954 decretouse o sobreseimento do mesmo así como o seu peche pois Severino fixera efectiva a sanción económica imposta por responsabilidade política. 

Volvendo ao caso de Manuela hai que dicir que a sentenza, tras as alegacións feitas polo seu avogado, era esperada con ansiedade. Pois ben,  o dezaseis de agosto de 1939, ao fin, deron o fallo de absolver a Manuela Sánchez por non considerala incursa en responsabilidades políticas. Consideraron que os feitos probados non daban lugar a declarala en responsabilidade política. 

O fallo foi enviado ao xuíz de Viana do Bolo, Sr. Mostaza Rodríguez, por se consideraba conveniente, que no prazo de cinco días establecese recurso de alzada.

Finalmente no Boletín Oficial de la Provincia  de Orense do 9 de outubro de 1939 faise pública a sentencia co visto bo do presidente Eduardo Martínez Nieto da Coruña na que se di que Manuela Sánchez García recobra a libre disposición dos seus bens. En A Coruña a 10 de xuño de 1940 remataba todo o proceso iniciado en febreiro de 1938. Foron anos nos que Manuela estaría vendo perigar o se futuro. Probablemente sufriría o rexeitamento dalgúns veciños por medo a verse na mesma situación. Vivir estes tempos nun mundo rural e pequeno supuña vivir nun estado de grande desconfianza.

(Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense. 24 de febreiro de 1938. p. 1)

Así pois, Manuela saíu sobreseída da causa aínda que, con toda probabilidade, seguía considerándose sospeitosa e, de seguro, manteríana vixiada constantemente. Unha lousa da que non se libraría xamais. Severino residía en Sudamérica e alí formaría unha familiacasou e un dos fillos chamábase Alfredo e unha das netas vive no Brasil.

(Elaboración propia a partir do Expediente AHPOu, Caixa. 7189/17. AHPOu, Caixa 7188/03)

07 abril 2024

SOLEDAD FIGUEIRAL PRADO

(Foto: Jesusa Prado | Álbum de mulleres | culturagalega.org. (2024). Culturagalega.gal. https://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=23. Aquí aparece xunto ao seu home e os seus fillos, Donato e Soledad.)

Naceu no exilio en Cuba o ano 1920 e era a filla de Jesusa Prado e de Donato Figueiral. Coa súa nai aprendería o espírito de loita e compromiso comunista. Tamén pasaría coa súa nai experiencias dolorosas xa desde moi nova pois tamén sería vítima da opresión e represión que vivíu a súa nai.

En efecto, en 1933 Jesusa sae de Cuba para volver a España e viña con ela Soledad que tiña 13 anos. No mesmo barco viñan uns comunistas e Soledad lembra que as trataban como se fosen da súa propia familia.

Jesusa emprendeu en Ourense o negocio da tintorería e as súas ideas comunistas afianzábanse máis. Os disturbios e folgas de 1934 trouxeron como consecuencia que Jesusa fose detida e levada ao cárcere e con ela foi Solita. Alí permaneceron as dúas un ano enteiro. Cando Jesusa saíu en liberdade voltaron ao seu fogar pero, realmente, seguía sendo un cárcere para elas pois a policía non saía da súa porta.

Cando foi o alzamento militar de 1936  Jesusa saíu á rúa á procura de armas para loitar contra os golpistas pero as armas non chegaban e Solita lembra ese día como unha xornada terrible. Jesusa foi detida de novo.

Eran tempos nos que os fusilamentos se sucedían e podía ser que Jesusa sufrise tan cruento final pero, afortunadamente, foi levada a Portugal xunto coa súa filla Solita. En novembro de 1939 desde Lisboa embarcaron a Cuba arribando o 22 de decembro. Jesusa e Solita volvían ao país que as libraba da persecución e da ditadura.

Solita coñeceu alí ao tamén ourensán Santiago Álvarez Gómez, un político que estivera exiliado en Francia pola súa vinculación co Partido Comunista. Este, despois de estar en Santo Domingo, chegara a Cuba. Alí fixo amizade con Jesusa e Donato e comezou a súa relación con Solita. En 1942 casaron na Habana e tiveron un fillo. En 1944 regresou a España e foi detido e condeado a morte, pero Soledad, en colaboración co intelectual cubano Juan Marinello, fixo unha intensa campaña nos EEUU, chegando a entrevistarse incluso con Eleanor Roosevelt, para que lle foxe conmutada a pena de morte ao seu home. En efecto, tivo o seu resultado pois Santiago puido regresar a Cuba dez anos despois.

Soledad deixou contada a súa historia na que dicia que en 1946 fora a Nova York para que lle fora conmutads a pena a Santiago. Dixo que vivíu momentos de grande incertidume. O seu testimonio resúmese a continuación.

Santiago, o seu home, antes da guerra fora o presidente da xuventude comunista de Ourense e representaba aos campesiños. Cando foi a Madrid pillouno a guerra e alistouse nas milicias que o  nomearon Comisario Político no Quinto Reximento do Partido Comunista. Ao rematar a guerra pasou a Francia e estivo nun campo de concentración ata que foi a Cuba. 

Di Soledad que ela aínda era moi nova e residía na Habana cos seus pais pois todos estaban exiliados en Cuba. Alí coñeceu a Santiago, namoráronse e casaron o día 21 de marzo de 1942. En 1944 Santiago voltou a España pero apresárono en Madrid, torturárono e condeárono a morte. Como a noticia saíu na prensa cubana o Partido Socialista Popular (Comunista) de Cuba interveu para que llo comunicaran a Soledad. Foi nese momento cando ela se puxo en contacto con Juan Marinello para intentar salvar a vida de Santiago. Incluso Fidel Castro foi visitala en máis dunha ocasión. Conta que as Brigadas Internacionais nos EEUU comezaron a realizar contactos para evitar a morte de Santiago.

Soledad conta que organizou unha viaxe a Nova York grazas ao patrocinio das Brigadas Internacionais e ao Partido Comunista de EEUU. Embarcou en Miami e cando chegou o embaixador de México en EEUU deu unha conferencia de prensa na que solicitou a conmutación da pena de morte de Santiago. Foi recibida por Dean Acheson, Secretario de Estado, e prometeu axudala. Logo puido entrevistarse con Eleanor Roosevelt que a recibiu no seu apartamento en Nova York e tamén lle prometeu interceder. En efecto, surtiu efecto pois a Santiago lle conmutaron a pena capital por 18 anos de prisión en Logroño pero logo o trasladaron a Burgos. Cando cumpriu dez anos de cárcere deixárono libre e puido regresar a Cuba con Solita.

Os ideais déronlle as forzas suficientes para vivir tempos crueis. Jesusa legoulles a súa enerxía e Solita foi herdeira privilexiada que dignamente seguíu os pasos aprendidos na súa nenez.

(Elaboración propia a partir de diferenes fontes. Vid: Pilar Cagiao Vila. (2009). Itinerarios cubanos del exilio gallego. Arbor. https://www.academia.edu/22255712/Itinerarios_cubanos_del_exilio_gallego; SARABIA, Nydia, "A axuda solidaria durante a guerra civil española", Estudos Migratorios. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, nº 1 (2008), pp. 297-303);  Administración de Galicia. (2016). Galiciana: Arquivo Dixital de Galicia. Galiciana.gal. https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/)

ENRIQUETA IGLESIAS MEANA

Enriqueta "La Camarada".  Naceu en 1911. Foi detida en Maceda en febreiro de 1937 por non delatar á súa parella, Benigno Álvarez González, veterinario e o líder do Partido comunita de Ourense e con quen casou en 1932. Fora alcade de Maceda e rebelouse contra o alzamento, motivo polo que foi perseguido pola Garda Civil. O matrimonio agochouse primeiro no trasteiro da casa, logo na Serra de San Mamede e despois na zona da Edreira. A familia Ulloa ofreceulle o pazo de Monterroso para acubillarse e alí permaneceron ata xaneiro de 1937 ata que Benigno decidiu botarse ao monte. Algunhas familias de aboengo puxeron prezo á súa cabeza.

Dicíase que en Vilar de Barrio (Maceda) chegara a concentrarse o día 21 de xullo de 1936 un gran grupo revolucionario da comarca congregados polo líder comunista Benigno Álvarez González, "asociado de una joven llamada Enriqueta Iglesias "La Camarada". Todos pretendían levar a cabo o movemento revolucionario que soñaron. Chegaron a Maceda proferindo berros "entremezclados con algunos disparos" provocando certo temor entre a veciñanza. Incorporábanse ao grupo xentes diversas e encamiñábanse a Baños de Molgas. A intención era facer voar a ponte pero o Capitán Navas chegou con 80 homes armados e os revolucionarios escaparon. Algúns atrincheiráronse nos Milagros. O Capitán capturou a oito prisioneiros e as municións que tiñan. Polo que que a zona quedou xa dominada e controlada polo Movemento Nacional.(1) Cando a Garda Civil no inverno de 1937 pillou a Benigno no refuxio chamado O Penedo matouno e paseou o seu corpo morto coa intención de demostrar que era implacables e para atemorizar á poboación.

Enriqueta foi detida. Ás seis da tarde do 22 de maio de 1937 celebrouse o Consello de guerra ordinario para fallar a causa de Enriqueta co número 76 de 1937 instruída contra Enriqueta por delito de rebelión.Foi xulgada en Ourense e condeada a seis anos de prisión.  

(Fonte: La Región, 25 de maio de 1937, p. 3

Cando entrou na prisión de Verín tivo unha filla, Dolores, e ese feito conmoveu ao alcaide do cárcere, Alfredo Vila Barros. Foi descrito coas seguintes palabras:

El pasado jueves, en el acto que tuvo lugar en la prisión de esta villa, hombres de carácter recio tuvieron que enjugar sus ojos de lágrimas. La emoción se adueñó de los espíritus...La génesis de acto tan transcedental tuvo origen en el ingreso en esta prisión de una mujer cuyas ideas extremistas en pugna con los principios básicos de la Religión y de la Patria la alejaron de Dios y de la sociedade.(2)

Debido á situación creada, o xefe do establecemento, Alfredo Vila, solicitou axuda da directiva da Xuventude católica feminina de Verín co obxectivo de conseguir que "una niña, nacida de la extraviada mujer, en una celda carcelaria" fora auxiliada debidamente así como a súa nai. E, en efecto, as mulleres lanzáronse a un labor encamiñado principalmente a lograr que a nena fose bautizada. 

O Comandante da Garda Civil de Maceda dicía de Enriqueta que era "propagandista de ideología muy comunista cuya presencia sería muy peligrosa para el Movimiento". 

Foi trasladada ao penal de Santurrarán, en Motrico, Guipúzcoa, e no Boletín Oficial do Estado do día 6 de agosto de 1940 publícase unha lista de reclusos e reclusas ás que se lle concede a liberdade. Nesa lista figura Enriqueta. Deste xeito, Enriqueta, recuperou a liberdade tas catro anos durantes os cales tivo a súa filla con ela. Faleceu en xuño de 1996.


(Fonte: BOE. 12 de setembro de 1940, p. 6348)

(1) Silva Ferreiro, M. Galicia y el movimiento nacional. Santiago de Compostela. Imprenta. Seminario Conciliar 1938, p. 284.
(2)  "Acto conmovedor en la prisión de esta villa", La Región, 4 de febreiro de 1937, p. 2Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: Nomes e voces , tamén Foto de Nomes e Voces; Benigo Álvarez González.
Martíns Rodríguez, María Victoria, "A represión franquista sobre as mulleres" en Juana, Jesús e Prada, Julio, As mulleres en Galicia no século XX , Vigo, Ir Indo, p. 166; Egido León, Ángeles, Cárceles de mujeres. La prisión femenina en la postguerra. Saenz y Torres. 2017; Etxaniz Makazaga, J. e Conde Gómez, D. “El veterinario Benigno Álvarez González, un comunista que amaba Galicia”, XXXVII Congreso Internacional de la Asociación Mundial de Historia de la Veterinaria,  León 2006, pp. 165-167."Acto conmovedor en la prisión de esta villa", La Región, 4 de febreiro de 1937, p. 2; "Notas militares", La Región, 22 de maio de 1937, p. 3.
‌                                          

ENCARNACIÓN CORTIJO DIZ

Encarnación era de Moreira, Beariz. Foi acusada de ser contraria ao Movemento Nacional. Polo tanto, o Xulgado Militar especial de Incautacións ou Confiscacións de Ourense cuxo capitán Xuíz Militar, Eduardo Saavedra, indicou que debían incautárselle todos os bens a todas as persoas que pertencían a sociedades extremistas.

Vid: Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial do Carballiño.ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.1.1.//7181/04. Caixa 7181/04

06 abril 2024

CLAUDINA CID RIVO (RIBO?)

Claudina Cid Rivo? ou Claudina Cid Ribo? Naceu en Ourense ás 11 da mañá do día 4 de febreiro de 1878. Seu pai era Manuel Cid Varela que era labrador e a súa nai chamábase Rosa do Rivo González. 
Claudina foi encausada e reprealiada en 1938. Foi ferida na cabeza por unha bala perdida estando no Cumial.

Vid: https://buscar.combatientes.es/resultados/CLAUDINA/CID/Ribo. Estiven no Rexistro Civil de Ourense e ofrecéronme información de Claudina Cid Rivo (escrito con uve) pero eu penso que se trata da mesma muller. A información de que foi ferida de bala foi extraída da prensa La Región, 6 de decembro de 1938, p. 3. O que si pode afirmarse con garantías é que non era irmá nin familiar de Isidoro Cid Rivo,de Seixalbo, mestre socialista e moi comprometido que se exiliou a Uruguai en 1938.)

31 marzo 2024

MILAGROS SANTIAGO GARCÍA

Naceu en Vilardevós o 14 de marzo de 1908. Estudou a carreira de maxisterio para dedicarse á docencia pero, lamentablemente, tamén sufriu a depuración como tantos mestres e mestras da provincial. Preparou os Cursiños de Selección na afamada Academia Xesta, dirixida polo director da Biblioteca Provincial, don Juan Fernández Pérez, e superounos con éxito en 1934. Casou con Juan Ausín Nogueira. 

Un dos seus primeiros destinos sería a escola de Servoi na comarca de Castrelo do Val. Era unha mestra que destacaba polo seu labor pedagóxico e intelectual.

Estando en Freás sería denunciada e foi obxecto de vixanza por parte da Comisión Depuradora de Ourense ata que, finalmente, foi suspendida de emprego e soldo por período dun ano con traslado forzoso dentro da provincia. Como moitas mestras a denuncia non tiña base ningunha, de feito Milagros era unha muller moi devota, pero os primeiros anos do franquismo foi tremandamente inflexible cos docentes. 

Foi destinada de xeito forzoso á escola de Correxais, San Pedro de Correxais, en Villamartín de Valdeorras. Unha escola remota e lonxana que supuña un duro castigo. Continou exercendo con dedicación e vocación e un dos seus destinos finais foi a escola de Zos en Trasmiras. 

Faleceu en 1972, cando tiña 64 anos, e os seu alumnado lembrouna dedicándolle unha bonita carta de despedida que, entre outras cousas dicía:

...ella no regateaba esfuerzos, hizo de su vida un apostolado y se entregó de lleno a su vocación pedagógica, siempre esforzada y sacrificada. Mujer profundamente religiosa, de una humanidad insuperable, supo inculcar en todos los que tuvimos la fortuna de ser alumnos suyos los sentimientos que ella llevaba consigo de amor al prójimo, respeto mutuo y convivenvia. Muchos de nosotros, repartidos por diferentes partes del mundo le debemos lo que somos. Maestra, incomparable, madre espiritual de todos nosotros..." (1)

Houbo máis notas de prensa que amais de destacar a súa bondade da mestra tamén falaban da súa profesionalidade e implicación coa ensinanza. Mestras que levaron os saberes aos pobos remotos e, malia ser reprendidas e castigadas, a súa vocación non minguou nunca.

Vid: El magisterio español, 28 de xuño de 1934, p. 23; Galicia, 11 de xaneiro de  1934, p. 6; La Región, 16 de xullo de 1940, p. 2; "Relación de maestros de esta provincia que han sido sancionados por la Comisión Superior Dictaminadora del Ministerio de Educación Nacional", La Región, 8 de maio de 1940, p. 3; (1)  "Ha muerto nuestra maestra", La Región, 15 de marzo de 1972, p. 10; La Región, 13 de abril de 1972, p. 10.

28 marzo 2024

ESTRELLA PÉREZ

Estrella Pérez naceu en Ourense. Polas súas ideas republicanas e de esquerda tivo que fuxir de España durante a Guerra Civil e estivo no Campo de refuxiados francés de Argeles Sur-Mer.

O campo de concentración de Argèles-sur-Mer estaba localizado na costa da poboación homónima, foi o primeiro espazo creado polas autoridades francesas para aloxar aos miles de refuxiados republicanos españois que fuxían da guerra civil e da persecución. Pero a situación de vida no campo de concentración son relatadas por Robert Cappa eran durísimas e con moi poucos medios de vida. O frío, a falta de alimentos, a escaseza en xeral, facía que a situación fose dramática.

En total, calcúlase que pasaron polo campo de concentración de Argèles-Sur-Mer uns 100.000 españois. Cando os nazis invadirón Francia os exiliados abandonaron o campo e espalláronse en diferentes destinos.

Nas proximidades da praia Norte do Campo de Argèles, erixiuse un monólito en homenaxe aos españois internados alí coa seguinte inscrición:

"Á memoria dos 100.000 republicanos españois, internados no campo de Argelès, tras a RETIRADA de febreiro de 1939. A súa desgraza: loitar para defender a Democracia e a República contra o fascismo en España de 1936 a 1939. Home libre, acórdache."

Vid:  "Lista de Refugiados: Provincia de Orense", Galicia, nº 633, agosto de 1939, p. 5.citado  en "Repertorio biobibliográfico do exilio galego. Unha primeira achega". I Congreso Internacional. O exilio Galego, 24 29 de setembro de 2001, p 394; Lugares - Campo de concentración de Argelès-sur-Mer (Pirineos Orientales, Francia). (2014). PARES. http://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/123496

‌                                                                  

GLORIA BLANCO DIÉGUEZ

Naceu en Petín. Casou con Eubaldo Blanco que foi asasinado polos falanxistas. Gloria axudou aos fuxidos pero foi encarcerada varias veces. Estivo no cárcere de Quiroga e no de Ourense.  Posta en liberdade volveu ao seu pobo pero marcha  primeiro a Madrid e despois a Burgos. Tras uns anos regresa á Rúa e xúntase con Roberto López, alcumado "O Pajarito", co que fuxirá a Francia en 1952.  Con eles tamén irá a súa filla, Gloria Blanco Blanco.

No Arquivo do Ministerio figura a seguinte ficha. Aínda que mantendo as nosas dúbidas, pode pensarse que se trata de Gloria Blanco Diéguez pois, segundo a Fundación Tilve, Gloria estivo vinculada a U.X.T. 


Fonte: Ficha de Gloria Blanco. (2024).Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARÍA,FICHERO,7,B0074370

Vid: TÉLLEZ, Antonio (2000): A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo, o pinche, Vigo: A Nosa Terra citado en "Repertorio biobibliográfico do exilio galego. Unha primeira achega". I Congreso Internacional. O exilio Galego, 24 29 de setembro de 2001, p. 70; dos, C. (2021, March 2). guerrilleira antifranquista galega. Wikipedia.org; Wikimedia Foundation, Inc. https://gl.wikipedia.org/wiki/Gloria_Blanco_Di%C3%A9guez.

24 marzo 2024

ADELAIDA ARIAS FERNÁNDEZ


Non deixa de sorprendernos atopar mulleres que desde a discreción do seu silencio foron desempeñando traballos, tarefas e funcións que non se consideraban propios para as mulleres. Agora, pouco a pouco, están saído á luz, á visibilidade, e dannos unha lección de valentía e atrevemento.

Neste caso falar de Adelaida Arias é falar dunha muller, nacida no pobo de Petín no ano 1935. Estudou maxisterio  e en 1961 comezou a dar clases no Liceo Francés de Vigo. Coñeceu ao seu home e casaron. O matrimonio decidiu volver a Ourense e instaláronse en Trives. Adelaida comezou a dar clases ás nenas da vila para preparalas para o Bacharelato e o seu home montou unha Xestoría e unha Autoescola.

Anos máis tarde foron vivir ao Barco de Valdeorras e volveron abrir alí unha Xestoría e unha Autoescola. Adelaida comezou a preparar ao alumnado para o exame teórico de tráfico pero non tiña a categoría de monitora ata que se convocou o primeiro exame oficial para monitores de Autoescola  ao que se presentou Adelaida. Primeiro tivo que ir a León e pasou o exame que era de cultura xeral. Logo veu a Ourense a facer o práctico e, finalmente, tivo que ir a Madrid para defender un tema. Era a única muller que se presentaba e o resto dos candidatos, en certa medida, dubidaban da capacidade de Adelaida. Pero a capacidade desta muller quedou demostrada. Presentáronse ao exame 5000 persoas e aprobaron 250 e unha das aprobadas foi Adelaida, polo que se converteu en 1971 na primeira muller de España en aprobar o exame para monitores de autoescolas.

A partir de entón traballou na Autoescola na que estivo corenta anos ata que se xubilou con 75 anos.

Unha proeza que demostra o tesón das mulleres.

La Voz de Galicia

17 marzo 2024

CARMENCITA SILVA GONZÁLEZ

Naceu en Ribadavia o 22 de abril de 1911 e era filla do avogado de Cambados, Manuel Silva Núñez, e de Carmen González Estévez, e neta do director da escola graduada de nenos de Ribadavia. Aos dez anos fixo o exame de ingreso no Instituto ourensán e matriculouse o primeiro curso por libre pero aínda así obtivo uns resultados sobresalientes. Nos demais cursos matriculouse por oficial. Rematou os estudos de bacharelato en 1926 e obtivo numerosos sobresalientes, en Lingua Castelá, Nocións de Aritmética, Relixión, Psicoloxía e Lóxica, Fisioloxía e Hixiene, Ética e Rudimentos do Dereito...Resultados que foron resaltados na prensa da época.. O 30 de setembro de 1926 solicitou o título nestes estudos e tamén tramitou o certificado de traslado para a Escola Normal de Mestras de Ourense.

Comezou a exercer de mestra e un dos seus primeiros destinos foi a escola de Caleiro, Vilanova de Arousa, onde permaneceu anos pois en 1952 seguía exercendo nela. No ano 1939 solicitou ser admitida na sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central. En 1946 casa en Cambados con Manuel Fraga Fernández e residirán en Cambados. Carmen solicitou en 1952 o traslado á escola unitaria nº 2 de Cambados e foille concedida. A Xunta Local de Cambados alentou nos anos sesenta a iniciativa gratuíta e obrigatoria de alfabetizar á poboación cambadesa de 13 a 21 anos polo que comezaron a funcionar as clases nocturnas para adultos que durarían tres meses e Carmen participou no programa impartindo leccións para analfabetos e seminalafabetos na escola de nenas que rexentaba no horario de sete a nove da noite.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Foto da entrada: Pacheco, Vida Gallega, 25 de setembro de 1921, p. 17; Vid: Correo Galicia, 14 de agosto de 1921, p. 6; El Noticiero Gallego, 18 de abril de 1936, p. 3; El Correo Gallego, 6 de setembro de 1939, p. 2; El Ideal Gallego, 24 de xullo de 1946, p. 7; El Pueblo Gallego, 15 de agosto de 1953, p. 6; El Pueblo Gallego, 23 de outubro de 1960, p. 12.)

13 marzo 2024

FELISA CONDE GAMBOA

Achegamos ao blog a unha muller que eu tiña recollida na miña base de datos das matriculadas no Instituto ourensán entre os anos 1900 e 1930 pero que ata estes días non me puxen en serio a investigar sobre ela e, como puiden comprobar, estamos ante unha muller moi interesante e unha pioneira en todos os aspectos, no académico pois fixo un brillante bacherelato e sacou a licenciatura na Universidade Central de Madrid; no profesional pois exerceu como odontóloga; e no compromiso social e político.

Felisa naceu en Burgos o 12 de marzo de 1908 e era filla de Benito Conde Enríquez, que era capitán de infantería Reserva de Ourense, número 65, e de Felisa Gamboa Ibáñez. Os pais de Felisa casaran en abril de 1904 e o matrimonio foi residir a Burgos, onde naceu Felisa, e alí seu pai estivo na Academia preparatoria de Sarxentos para o seu ascenso a oficiais. En 1908 foi ascendido segundo tenente da escala de Reserva e a continuación conseguiu a graduación de primeiro tenente e, tras varios destinos, recalou en Zamora e anos máis tarde en Ourense. Estando aquí, Felisa estudou no instituto ourensán onde fixo o ingreso o 14 de setembro de 1921. Inscribiuse por oficial en todos os cursos de bacharelato rematando os estudos en 1927. O seu expediente foi impresionante pois obtivo catorce sobresalientes con premio e o resto das materias sacou sobresaliente. A prensa local ourensá e zamorana fixo mención a este brillante expediente académico.


(Fonte. PHV., Heraldo de Zamora, 12 de xuño de 1926, p. 3)

Rematado o Bacharelato solicitou un Certificado para o traslado á Universidade Central de Madrid e alí estudaría a carreira de Odontoloxía. Foi alumna de Severo Ochoa, Juan Negrín e Rafael Méndez. Rematados os estudos en 1933 comezou a traballar como odontóloga na cidade murciana de Lorca. Sería Felisa a primeira odontóloga que exerceu en Murcia, converténdose nunha pioneira nesta cidade.

Precisamente en Lorca constituiuse o Sindicato Único de profesiones liberais e Felisa formou parte da Xunta administrativa ocupando o posto de vogal primeira. Era unha muller de convicións republicanas e moi ligada aos movementos de esquerda. De feito, a ficha do Centro Documental da Memoria Histórica indica:

(Fonte: PARES: Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARÍA,FICHERO,13,C0167971

Instala a súa consulta na rúa Álamo de Lorca. A súa significación de esquerdas fai que sexa represaliada durante dous anos no seu domicilio. Casou con Ambrosio Mulero e tiveron dous fillos. 

Felisa sempre mantivo as súas convicións e malia estar reprendida na súa casa ela aproveitaba para saír dela e atender aos seus pacientes.

Faleceu aos 98 anos .

Elaboración propia a partir de diversas fonte. Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento e estudo dos Expedientes de secundaria. Heraldo de Zamora, 27 de maio de 1922, p. 2; Diario de Burgos, 4 de xullo de 1908, p. 1;  La Región, 19 de maio de 1925, p. 1;  La Región, 2 de outubro de 1927, p. 8; "Matrimonios", Heraldo de Zamora, 4 de abril de 1904, p. 3; Heraldo de Zamora, 14 de xuño de 1924, p. 2; Heraldo de Zamora, 12 de xuño de 1926, p. 3; El Liberal, 1 de maio de 1937, p. 2; Valero de Torres, Antonio, "Tres lorquinas ilustres", Cosas de Lorca. foto da entrada extraída de Antonio Valero; Botías, Antonio, "Las pioneras que tanta salud dieron como gloria le negaron", La Verdad,;  La Verdad, 9 de xuño de 2006, p. 67;  La Opinión de Murcia, 12 de abril de 2004, p. 12.

09 marzo 2024

AS MESTRAS OURENSÁS DA REPÚBLICA

Cando falamos de mestras da República estamos a referirnos ás docentes que foron quen de levar a cabo os principios educativos republicanos cuxo reto era transformar a sociedade. Non me cabe a menor dúbida que elas foron  as protagonistas neste propósito xa que o colectivo docente xa estaba moi feminizado. A súa entrega e vocación levábaas a espallar a cultura pola toda unha provincia eminentemente rural. Si, tamén en Ourense houbo mestras que se adheriron e concordaron co obxectivo fundamental do novo réxime e tiñan un concepto dunha educación activa, global, activa e centrada nos nenos e nenas. Sabían dos métodos modernos como o de Montessori, Freinet, Pestalozzi...e aplicábanos nas escolas, xa mixtas, pois a igualdade de xénero comezaba na infancia. Mulleres e mestras impresionantes.

A Agrupación Muncipal do PSOE de Ourense quixo homenaxera ás Mestras da República no día da muller. E fun invitada para que falar do tema. Nun ambiente marabilloso, no que compartimos ideas e sentimentos, falamos do rol das mestras e, logo, visualizamos o video tan emotivo "Las Maestras de la República". Agradezo, encarecidamente, a súa invitación.

Clicando na imaxe poden acceder á charla que impartín.


07 marzo 2024

MULLER GALEGA. 8 DE MARZO DE 2024

 

(Ilustración extraída de A Nosa Terra, 13 de xullo de 1935, p. 3)

Muller!

Abre as xanelas de par en par!

Olla o horizonte!

Mira o futuro!

Os teus ollos encheranse de prosperidade!

A túa alma colmarase de vontade e fortaleza!

Muller!

Paso a paso, sen descanso

Adiante, sempre adiante.

(R.M.C.Galante)

03 marzo 2024

CARMEN LOVELLE ALÉN

Naceu en Ourense o 9 de xullo de 1941. Exerceu de mestra ata que se implicou na política nuns tempos nos que eran moi contadas as mulleres que se dedicaban a esta faceta. Casou  en agosto de 1966 co médico Fernández Delgado e tiveron dous fillos.

Foi concellala de no Concello de Verín, despois foi tenente alcalde do Concello e no ano 1975 pasou a ser alcaldesa. Destes anos lembra os logros "Creo que se consiguieron cosas muy importantes, trascendentales para la villa en aquellos momentos. La construcción de un instituto fue algo decisivo y la instalación de una depuradora también". Afirma que a súa entrega ao traballo sempre foi polo ben á vila e non cobrou nada como rexedora.

Ese mesmo ano foi a primeira muller Deputada na Deputación Provincial de Ourense. En 1981 deu o salto a Santiago e converteuse en Parlamentaria da Xunta de Galicia e un ano máis tarde converteuse en Senadora. Por eses anos pasaba catro días en Madrid atendendo aos seus cometidos políticos. Muller de carácter dicía: "El machismo continúa siendo un mal del país, aunque poco a poco se va desterrando". (1). Cesou do cargo de Senadora no ano 1986.

Tamén amosa intterese polo mundo da radio, é directora dunha emisora e participa en diferete incluso ocupou un cargo na directiva do equipo de fútbol Rayo Vallecano.

Estamos ante unha das primeiras mulleres ourensás que tiveron cargos de responsabilidade e exerceron na política recentemente estreada a democracia en España. 

(1)Pueblo: Diario del Trabajo Nacional: Año XLIV _ 23/12/1983, p. 1.
Elaboración propia a partir de diversas fontes. Círculo Rojo, Páxina Web do Senado; El pueblo gallego, 20 de novembro de 1975, p. 17; La Región, 28 de agosto de 1966, p. 2. 

01 marzo 2024

GRACIA GARCÍA

É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.
Temos recollido no blog os casos de mulleres ourensás que foron xulgadas pola Inquisición no século XVII. Incorporamos o caso de Gracia García que aconteceu en 1602 e que está recollido no libro de Bernardo Barreiro:

Gracia García es mujer de Juan de Vaamonde y vecina de Tamaguelos...Fue testificada de que para hacer que su marido la quisiese bien, la vio tomar agua fría un testigo, de los cántaros, y echarla en una caldera y sin ponerla al fuego había comenzado a hervir mucho y salir de ella unos vapores como de una olla que estuviese cabe el fuego, y que esto fuera en la cocina de la dicha que testifica, en la cual no había entonces fuego alguno; y habiendo dicho que los ue estuviesen allí no quería viesen los demás que había de hacer, ni oyesen las palabras que había de decir, se apartó retirándose a otro aposento a solas, donde la testigo pudo observar por un agujero que la dicha Gracia García, echó un poco de pan hecho migajas en la dicha agua que estaba hirviendo y la volvió alrededor con un huso que sacó del pecho un poco de cebolla con la cual no la vio hacer cosa alguna, pero decía palabras que tampoco pudo comprender...Después de todo esto...dio unos polvos a la dicha testigo aconsejándola que, notando frialdad y desvío en sus marido, se los diese y echase en el caldo para que la quisiera bien...(1)

A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e entre elas algunhas das nosas mulleres ourensas.
(1) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, p. 113-114.

25 febrero 2024

CARMEN RODRÍGUEZ NÓVOA


O 17 de febreiro inscribiuse legalmente o PSOE e, en Galiza, foi en Ourense onde se abriu a primeira sé do partido. Nestes tempos, aínda incertos, Carmen xa estaba implicada neste labor sendo a primeira muller ourensá que se afiliou ao socialismo. 

Naceu en A Teixeira en 1923 e dende moi nova comprometeuse coas causas sociais. Era a única muller de entre cinco irmáns e di que foi seu pai quen lle transmitiu o pensamento político de esquerdas: "Siempre sentí ser de izquierdas. Antes de la Guerra Civil, mi padre ya me transmitía ideas progresistas". Medrou escoitando "Viva a Revolución".

En Galiza, foi en Ourense onde se abríu a primeira sé do  Partido Socialista, e situouse na rúa Emilia Pardo Bazán, número 5. Primeiro acudía moi pouca xente ás reunións pero xa en marzo chegaban a ser de dez a quince. Carmen era das primeiras en asistir ás asembleas e lembra que saían separados pois aínda non se fiaban dos tempos. Os primeiros anos foron duros e tiñan apuros económicos para manter o partido pero foron mantendose grazas ás achegas de diñeiro que procedían de simpatizantes e colaboradores que residían en Alemaña.

Casou de xeito obrigado aos vinte anos e tivo un fillo pero foi un matrimonio desafortunado pois sufriu malos tratos. Esta situación levouna a dar un paso transcendental como foi a petición da separación legal e a anulación do matrimonio en 1946. Logo casou co tamén político Juan Antonio Dopazo quen defendeu o goberno lexítimo da República fronte aos golpistas. Este era viúvo xa que a súa primeira muller, Carolina Regueiras, fora asasinada e violada o 28 de xuño de 1937. Juan estaba afiliado ao Partido Obreiro de Unificación Marxista, un partido que se creou en Barcelona no ano 1935 e en Ourense a agrupación local da Izquierda Comunista de España integrouse no PSOE. A Juan detivérono porque estaba sindicado á UXG e ao Partido Socialista e estivo na Prisión Provincial de Alicante. Carmen conta que, por fortuna, o seu home logrou sobrevivir ao franquismo e ver a vitoria do PSOE en 1982.

Así, pois, o compromiso socialista de Juan Antonio Dopazo máis o de Carmen foron dunha grande firmeza e, como deu a entender Carmen, con Juan atopou o compañeiro e o referente. A ela ilusionáballe traballar para o partido e dicía: "Canto me teño arrastrado eu polo socialismo" . Cando foron as primeiras eleccións democráticas participou pegando carteis polas rúas,tamén buzoneando e, como non, exercendo de interventora nas mesas electorais. Para ela foron anos de enorme felicidade pois podía expresar as súas inquedanzas en reivindicación do socialismo. Fiel ao seus principios en prol do socialismo, tamén formou parte das listas electorais como primeira suplente nas eleccións ao Congreso dos Deputados convocadas polo Real Decreto 1/1996, de 8 de xaneiro. Tal entrega merceu que lle fora entregado o premio Con-Memoria 2023  por parte do Partido Socialista Obreiro Español e así mesmo é a presidenta de horna do Partido Socialista de Ourense.

Declarouse sempre unha feminista incansable e inquebrantable e ao lado doutras compañeiras como Julia Pérez Barroso, María Isabel Santos, Mercedes Bouzo, Manuela Blanco, abandeiraron o socialismo que era símbolo de liberade e igualdade. 

Agora, xa centenaria, Carmen non minguou, en absoluto, a súa fidelidade co socialismo. Desde a nosa perspectiva e cos anos transcorridos decatámonos que a militancia de Carmen foi unha decisión moi valente polos tempos que aínda eran incertos e por ser muller. Por tal motivo, é importante recoñecer a súa valía, exemplo para moitas.

Vid: El Faro de Vigo; Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARIA,FICHERO,16,D0060321; A barbarie silenciada. Amoeiro 1936. Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. 2014. p. 93; Francisco Javier Quintas Ferreño, Historia do Movemento Obreiro Socialista en Ourense (1895-1936), Fundación Luís Tilve, 2012; "Candidaturas proclamadas para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado, convocadas por Real Decreto 1/1996, de 8 de enero" B.O.E, núm. 32, de 6 de febrero de 1996, Domingos Sampedro, "El día que el PSOE dejó la clandestinidad", La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2017; María Doallo, La Voz de Galicia, 17 de marzo de 2019.