Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
08 diciembre 2010
SOR DORINDA SOTELO RODRÍGUEZ
FELY MANZANO
Fely puxo na súa mochila de todo un pouco, teatro en castelán e teatro en galego, longametraxes, curtametraxes, series de televisión, videoclips, dobraxe, publicidade; unha longa lista de títulos, autores e directores de onte de hoxe e de sempre e a todos púxolles a mesma dedicación e o mesmo amor, "todos os fixen con agarimo, todos son trocitos da miña vida" segundo as súas propias palabras, "todos son moi distintos para valorar, non é o mesmo estar a facer unha serie doce anos como foi Pratos combinados, algunhas películas e curtos, e tamén teatro, que para min é o mellor que lle pode pasar a un actor".
Polo seu papel protagónico (Señora Carme) na comedia Pratos combinados (Teleserie de CRTVG) segue sendo admirada e lembrada a señora Fely Manzano Conde polo público galego.
Entre os premios recibidos Fely ostenta o Premio á mellor actriz no Festival de San Telmo (Buenos Aires) en agosto de 2004 outorgado á súa estupenda interpretación de Felicidade, na curtametraxe "As Muxicas", o Premio á mellor actriz na Facultade de Comunicación de Pontevedra en xuño de 2010 pola interpretación de Carmen na curtametraxe "A señora Carmen"; Fely foi ademais nomeada aos premios Mestre Mateo 2007 como Mellor actriz de repartición polo seu papel na película "Un Franco, 14 pesetas"; pero ao meu modo de ver o mellor galardón para esta gran artista é a homenaxe que lle rendamos á súa longa traxectoria, á súa paixón por todo o que fai, á humildade que profesa e ao seu incondicional entrega a unha profesión de sacrificio e inestabilidades chea.
En outubro de 2012 alzouse co Premio a Mellor Actriz Protagonista na curtametraxe "Dulce" de Iván Ruíz Flores, no Nasicae Festival recentemente celebrado en Italia.
Vid: Wikipedia. Vid: Dulce
04 diciembre 2010
TAREIXA TABOADA
PATRICIA SACO
AMPARO RIBEIRO
JOSEFINA ALONSO NOCELO
21 noviembre 2010
ELADIA RAMONA PEDRAYO ANSOAR
LUCÍA CASANOVA
20 noviembre 2010
ANA MARÍA LEGIDO SOTO
MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ BOÁN (MANÉ BOAN)
MARÍA PUERTAS FEIJOO-MONTENEGRO
ELENA MALLEIRA
14 noviembre 2010
ADRIANA DOMÍNGUEZ
31 octubre 2010
ELSA FERNÁNDEZ
28 octubre 2010
ROSA MALINGRE PARMANTIER
23 octubre 2010
ABADESA GUNTRODA
22 octubre 2010
CARMEN MALINGRE LUDEÑA
17 octubre 2010
ADELA BOO GALLEGO
MARÍA DE LA PAZ DELGADO MEIRIÑO
Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 207. (Foto extraída de Freire Quintas); FAMILIA MEIRIÑO DE PAZOS. (2023, June 15). Blogspot.com. http://lacasadelperu.blogspot.com/2015/07/familia-meirino-de-pazos.html
CONSUELO CASTELAO BERNÁRDEZ
Fixo os estudos no Instituto de Ourense e no ano 1924 acadou o título de Bacharelato e solicitou o certificado de tralado para a Universidade de Santiago.
No ano 1926 comezou os estudos na Facultade de Ciencias en Compostela e alí permaneceu catro anos, logo dos cales pediu un Certificado de Estudos para Madrid e estivo na Residencia de Señoritas dirixida por María de Maeztu.
O seu expediente académico univesitario foi brillante obtendo premio en Química Analítica.
No ano 1933 preséntase aos cursos para acceder ao Maxisterio aprobando os tres exercicios. Pasou a exercer na escola de Calvelle e, en 1934 déronlle a escola de nenas número 1 da cidade. En 1935 asinaría unha carta que se enviou ao decano de Pontevedra na que se pronunciaron unha serie de profesores, entre eles Angeles Leirós, contra o intrusismo da profesión nos colexios privados. Por necesidade de servizo no Instituto de Ourense, autorizouse a Consuelo que se agregara ao mesmo en 1937.
Autorización:
Por la misma Autoridad, y en atención a las necesidades del servicio, se autoriza a Doña Consuelo Castelao Bernárdez para que siga agregada al Instituto hasta que las circunstancias permitan el traslado de la misma a la escuela que regentaba[1]
Máis tarde fundou a Academia Cervantes na rúa da Habana, número 18, no que se impartían clases particulares de bacharelato cun máximo de dez alumnos.
Nos anos 1970 seguía impartindo clases particulares de Matemáticas, Física e Química na actual rúa do Progreso pero en 1971 pasou a impartilas na rúa Xoan XXIII, número 14.
MARTINA GALLEGO IGLESIAS
Instalou en 1927 a súa consulta que estaba situada na rúa Pizarro, nº 20. Tamén asistía nos propios domicilios e acudía aos pobos de arredor. Dita consulta tiña un rótulo público concedido polo Concello en abril de 1927 para facilitar a localización.
Unha muller independente que vivía do seu traballo. Na cidade había bastantes mulleres que exercía a profesión de matrona pois non había unha Clínica de xinecoloxía para atender ás mulleres. Eran profesionais moi solicitadas e, como Martina, anunciábanse na prensa local para dar conta da súa formación e dos servizos de atención ás parturientas.
Vid. Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)”, e Minius, nº 11 e nº 12; Galicia, 20 de novembro de 1930, p. 7..
TAREIXA LOURENZA
ELVIRA RODRÍGUEZ
TERESA GÓMEZ
12 octubre 2010
SARA CÓLEMAN
AUREA RIVELA
08 octubre 2010
LORENA LUACES
02 octubre 2010
TERESA TÁBOAS
RAQUEL DANS LOSADA
ANTONIA AVILÉS DE VEGA
MARÍA DEL CARMEN PADILLA GARCÍA
Fotografía: Vida Gallega, nº 77, 30 de outubro de 1916, p, 17.
18 septiembre 2010
MARISA MARIMÓN
CECILIA PEREIRA MARIMÓN
16 septiembre 2010
MARÍA VICTORIA CARBALLO-CALERO
JOSEFA TABOADA ALLÚ
Naceu en Ourense o 20 de outubro de 1908 e era filla Jesús Taboada Diéguez que era médico e inspector municipal de sanidade e que faleceu en 1949. A súa nai era Emilia Allú que tiña vintecinco anos cando naceu a nena e era natural de Santiago.
Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 251. (Foto extraída de Freire Quintas).; “Tres hermanos matrícula de honor”, El Progreso, 6 de xullo de 1952, p. 2; “Petición de mano”, El Pueblo Gallego, 26 de febreiro de 1936, p. 12;Casa Taboada. (2024). Blogspot.com. https://ourensenotempo.blogspot.com/2009/11/casa-taboada.html
INÉS LUDEÑA
14 septiembre 2010
TRINIDAD PÉREZ Y PÉREZ
04 septiembre 2010
MERCEDES CANEDA DE ASTRAY
“una exhuberante camilla en generosa estancia, casi sin aulas, y alrededor maestras y alumnos sin asignación de pupitre y mesa, sin delantal ni uniforme y a todos por su nombre de pila, iniciándose la faena colegial en forma de tertulia, coloquio o charla distendida en la que se iban incardinando, con naturalidad, los más variados aspectos de la lección del día, narración de historias, dictado de deliciosos cuentos, ambiente más casero que docente”.