Etiquetas

21 septiembre 2011

ASUN ADÁ

Artista ourensá nacida en San Cristovo de Cea en 1977.  Estuda  Imaxe e Son e a súa principal actividade é a fotografía. Traballa desde fai máis de dez anos en diferentes medios de comunicación como poden ser TVE ou TVG en labores de realización e isto mantena constantemente na análise da imaxe.
Fotógrafa de catálogos como "Azul" da obra de Luís Veciño. Deseñadora, Fotógrafa e Maquetadora do receitario "Raíces dá Cociña Artesá" publicado en 2006; tamén como Fotógrafa participa noutros libros publicados "Aconteceres da Capela de San Pedro de Leiro", "Vals Latino" e un par de portadas para Delta Publicacións, cunha fotografía de Espinho "Unha especie e bágoa (e outros contos recuperados)" de Eduardo Tijeras, e para "Cantos y Cuántos escuros" de Carlos Álvarez a obra de pastel "Dualidade" Fotógrafa do grupo ourensán D-Sengaño. Desde hai anos imparte clases de debuxo e pintura, así como cursos de fotografía en diferentes colexios ou particulares.
A súa obra artística é resultado de horas de traballo, constancia e un continuo querer experimentar sen deixar nunca de expresar os seus sentimentos máis profundos, sen pensar en que dirán ou se a técnica utilizada está aprobada ou non.
A súa maneira de crear vai experimentando cambios continuos para lograr traballar só desde os seus sentimentos máis íntimos, desde a súa alma. Na obra desta creadora podemos atopar diferentes estilos e modos de ver a realidade desde un punto de vista místico, colorido e cheo de vida aínda cando a expresión resultante da obra sexa en grao sumo duro. A sociedade actual, a necesidade de legar á igualdade entre todos os seres que habitan este mundo e a liberdade de decidir como dereito que todos temos, son os temas que se reflicten nas súas obras.